Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

A lealtá

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas037.html



[p. 66]


   Eu non sei onde foi; mais pol-a pega
Convocados, xuntáronse en un monte
Un fato de animales
De varias castes, e, distintos nomes.
   O lobo presidía e ó seu lado
Sobre as poutas sentouse
A raposa, e a mesa así formada
Quedando en calma a concurréncea foise.
—"Compañeiros, sentaivos, —dixo o lobo,—
E xa sentados sólo dous favores
Ós asistentes pido, e son que todos
Unidos non recorden
Atrasadas xenreiras, e que, xuntos,
Protesten contra os homes,
Que non contentos con botarnos fora
Das cobas que nos montes
Fixemos, tamén queren arroubarnos
O noso honrado nome.
É preciso, meus dinos compañeiros,
Non consintamos burla tan inobre"
   Ó chegar a este punto



[p. 67]


Da plática, no fondo oíuse un dobre
¡Ca-ca-ra-cá!, e a concurréncea toda
A cabeza pra ver no auto revolve:
Era un pito calzudo, que subido
No máis alto de un poste,
—"Tén razón, —dixo,— o noso presidente
E aló vai un ritrato pra que o probe:
Decídeme, ese tipo
Co pescozo metido en un garrote,
O calzón apretado e recollido,
E unhos zapatos nos que os pés non collen,
Escorreitol-os hombros,
Trenco, con gafas e cos dentes podres
¿Parécese algo a min?, ¿non? Pois eu quero
Que a todos hoxe coste
Que protesto indinado de que polo
Lle puxesen por mote"
—"Protesto tamén eu, —berrou o cuco,
Pois entendo que é escándalo sin nome
Que co meu nome honrado se desine
Ós que de honrados teñen pouco sobre,
Ós que tiran a pedra no tellado
Do vecifio e despois a man esconden".
   A este punto a cotorra
Deixouse oir en destempradas voces,
Protestando, tamén, de que se dera
A certas mulleriñas o seu nome.
   O lagarto e a lebre protestaron
Pol-a mesma razón, e de igual sorte
O cocho, o papagaio, a ardilla, o mono,



[p. 68]


A mosca, o ganso, o pato, en fin, a corte
Enteira de animales, recramaron
Costase que conformes
Estaban todos en facer a guerra,
Sin cuartel, contra os homes,
De consideración indinos todos.
   —¡Co-co-ro-co-co-có!, sintíuse estonceas
Da Asambrea na entrada: era a galiña
Con un fato de pitos, máis de doce,
Que adiantándose ô centro
—"Eu tamén teño que alegar, señores,—
Dixo, e as áas abrindo
Meteu debaixo a numerosa prole—
¿Hai álguén, confesade, que en defensa
Dos seus fillos máis que eu quizais se esforce?
E si digo a verdá ¿por qué galiñas
Han de chamar ôs homes
Que non sirven pra nada? Tal insulto
Miña raza sufríu; mais xa non sofre"
—"Fala ben a comadre, —dixo o gato
¡E pica de demontre!."
   Os atús, os besugos e outros peixes,
Asomando a cabeza dende lonxe,
Pediron que a protesta
Marítima e terrestre a un tempo fose;
Que os fillos de Neutuno
Agravios que vengar teñen dos homes.
¿Por qué, en efeuto, consentir se chamen
Peixes a moitos de conduta inobre?.
   Á protesta xuntáronse, antuseustas,



[p. 69]


Microbios mil de enrevesados nomes,
E cando, como o caldo
Ferve a cachón no pote
O antuseasmo fervía na asambrea,
Un ladrido escoitouse.
   —"Que quer o can? o presidente dixo,—
E, lixeiro, adiantouse
Movendo o rabo un perdigueiro novo
Que falou de ésta sorte:
—"C-o que aqui se dixo antes, eu non podo
Por ningunha razón estar conforme..."
   Non puido decir máis. De todas partes
Un ruxido infernal alí escoitouse:
Terra tiráronlle ò fuciño os lobos,
Un xuvenco escornoulle,
Fincoulle os dentes no pelexo un rato,
O burro deulle un couce,
E hastra o mesmo conexo
Un carozo de berza arreboloulle.
   Ferido o can e medio derrengado,
Como puido, escapouse;
Mais ô vel-o coxeando, unhos rapaces
Fixeron branco en él e logo un home
Agarrándoo con lazo pol-a gorxa
Apretouno de morte.

   Ó animal non sigamos na desgracia;
Mais, defendendo ôs homes,
(Pra escontra nós). ¿non vos parece, amigos,
Que o can equivocouse?.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega