Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os traballiños do sapo

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas038.html



[p. 70]


   Trinta e catro escaleiras de un pazo antigo,
Que no fondo de un bosque, médeo arruado,
Está fai moitos sigros, a hestórea conta
Que, pouco máis ou menos, fará mil anos,
       XÚPITER poderoso,
Por non sei que delito, falta ou pecado,
A subir unha a unha, como castigo,
Condenou en senténcea fundada ô sapo.
       Como o dios de pacencia lle deu abondo,
Encomenzou a empresa dura o batráceo,
E do que o traballiño sinificaba
Xuzgar o leutor pode considerando
Que sin folgar nin miga, cada escaleira
Lle levaba, cumprido, cuase médeo ano.



[p. 71]


   Trinta e tres xa vencidas o sapo tiña,
Xa solo unha restaba das trinta e catro,
Y-escontra sí falando, dixo: —"por unha
Non vou a estar seis meses aquí parado.
Xuntou todal-as forzas, contivo o folgo,
Desandivo tarreo, medíu o espáceo
Y-encomendando a empresa, con toda a y-alma,
Ó que non sei quén sexa, patrón dos sapos,
Deu un brinco pr'arriba, cerrando os ollos,
E..... na veira da pedra c-o corpo dando,
Non parou de dar voltas pol-as escalas
Hastra que, médeo morto, chegou a embaixo,
E porque n-é posibre sin cumprimento
A divina senténcea quede, o traballo
Xove ordena que axiña de novo empece
Y-a subida de novo comenza o sapo.

   Eu non sei, meus amigos, si como eu vexo,
A leución vós veredes que encerra o caso:
Por non acougar unhos, por incostáncea,
Por ambiciós inobres ou por mal cálculo,
Por envexa quizaves, por fantesía
Ou sobérbea, no mundo ¡cantos e cantos
En poucos dias perdeu, tan solo en horas,
O traballo de días, meses ou anos.!


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega