Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os dous galos

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas039.html



[p. 72]


   Dous galos castizos,
De lindo prumaxe,
De crista encarnada
E aposto donaire;
Valentes, altivos,
Sin par vixilantes,
Co-as pitas, entrambos,
Na rosca incansabres
E os dous namorados,
Sin duda rivales,
Fureosos un día,
Con louco coraxe
Reñeron, e as causas,
Según as comadres,
Foi cal de eles tiña
Máis fino o prumaxe,
E non se podendo



[p 73]


De un modo amigabre
Poñerse de acordo
Firmando unhas paces
Pra entrambos honrosas,
Pra os dous aceutabres,
Da cúrea correron
Nas maus a botarse.
   Siguíuse a pendéncea
Con todos seus trámites:
Houbo autos... por centos,
Senténceas y-ensames,
A pares non digo,
Por dúceas, quizaves,
Gastouse de tinta,
Papel de mil crases,
De polvos, obreas,
De fío e de lacre,
Contal-o ¿quén pode?
Decil-o ¿quén sabe?
   Pasaron os meses,
Dous anos cabales,
Y-en tanto dos galos
Fermoso o prumaxe
Fuxindo do corpo
Lle foi por istantes,
Primeiro, de proba,
Das prumas máis grandes
Puxeron nos autos,
Despois, os curiales
Pediron, e prumas



[p. 74]


Tiveron que darlles
Pra que nos papeles
Esgaravellasen,
Y-o resto, os disgustos,
Paseos e viaxes
Do corpo llas foron
Facendo largarse,
De xeito que, cando
Os dous procatarse
Poideron, non tiñan,
Con que se abrigaren
Do frio, unha pruma
Pequena nin grande;
Pro estónceas lograron,
De dous tribunales,
Senténcea que dixo,
Por boca dos graves
E doutos xüeces,
"Que entrambos iguales
Razós alegaban,
Que-o preito era en valde."
E os galos quedaron
Rabeando y-en carnes.
   O mesmo que os galos,
Conozo preiteantes
Que, ô fin da disputa,
Deixaron, cal gaxes
Do oficio, entre as garras
Dos listos curiales,
Seus bes, si é que os tiñan,




[p. 75]


E o máis que Iles cadre,
Por unha senténcea
Ganar que os decrare
Con dreitos, e os deixe
Sin mesa e sin traxe.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega