Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os pés e a cabeza

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas040.html



[p. 76]


   O por qué foi, ¿quén-o sabe?
Ó menos noticia sérea
Non hai, mais en certo día
Reñeron pés e cabeza.
   —"Eu teño o mando," —decía
A segunda, con fachenda,—
"Do corpo todol-os membros
Préstenme homilde obedéncea,
E logo, cen órdes dando,
Sin máis razón moitas de elas,
Sin máis motivo nin causa,
Máis xustícea nin máis céncea
Que as que dando algús poderes,
Que certos pobos gobernan,
Cansan, como estoutros cansan,
E como eles, descontentan,
Sufriron do corpo os membros,
E sufriron con pacéncea



[p. 77]


Movéndose maus e brazos,
Estómago, peito e pernas;
Mais os pés, os máis homildes,
Sempre en contauto co-a terra,
Dixeron: —"Nós non queremos
Déndesde agora obedéncea
Prestar a quén nos aldraxa
De tal xeito, con que veñan
Sobre nós cantos castigos
De arriba mandarmos queiran"
   Non se moveron, e, ¡craro!
O corpo deu presto en terra,
E mentras que, por estaren
Do chan ambos pés máis cerca
Nada sufriron, quedou
Escachalada a cabeza.
   Quitar calquera xa pode
De esta fábula a secuéncea,
Tendo en conta que causaron
Os pés a ruína esteira
De todo o corpo, e que foi
A máis mancada a cabeza.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega