Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Cría boa fama

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas041.html



[p. 78]


   Troixo Farruco un carpinteiro â casa,
E sin lle impor modelo nin dar presa,
Madeira deulle e cravazón sin tasa
Y-encargoulle unha mesa,
Unha mesa varil, n-a qué dez que eran
Sin apreto e a gusto ben couperan.
   O maestro ganada
De moi bon tiña a nota e de seguro;
Mais eu, que era roubada
A tal nota, abofellas vol-o xuro
En concéncea, e consinto
Que as orellas me arrinquen, si é que minto.
   N-o seu saber fiando,
Sin medidas e a ollo a mesa fixo,
O metro arrebolando
Por inútil de sí; mais, cando quixo
Leval-a ô comedor, resultou baixa,
Que pol-a porta aberta non cabía,
E que moi ben medía
Seis cuartas menos do debido a caixa.



[p. 79]


   Tomando a cousa a peito,
Quixo o maestro defender o feito;
Mais díxolle Farruco: "non te mates,
Que a espricación, e digas o que queiras,
De tantos disparates,

  É que as cousas se fan de dúas maneiras;
Ben ou mal, solamente.
E ô que afirme o contrario, dí que mente."

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega