Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

O home e a pranta

Páxina Seguinte

m4amadormontegrofabulas042.html



[p. 80]


   —«¿Por qué tan mal me tratas,
E porque así me pisas,
Si queixa de min nunca
Dar podes, en xustícea?»,
A un home, certa pranta,
Queixándose decía.
   —«¿Por qué?, —respóndelle éste
Con rábea mal contida,—
¿Quén eres pra espresarte
De forma tan altiva?
Bon fora que do mundo
Ó rei contas pediras,
Herbeira miserabre
Que cuase non se mira,
Que medras entre o polvo
E morres esquencida."
   —"¡Xesús!, non se enfurruñe



[p. 81]


Señor, pois dame a risa,
Sin nós, —lle dixo a pranta,—
Os homes ¿que serían?,
Da pranta o froito come,
E a casa na que habita,
E os muebres que a engalanan,
Y-a tea que fabrica,
¿Decirme quer de donde
O rei do mundo quita?.
   Sin o home pode a pranta
Pasar; mais él axiña
Perece, sin remédeo,
Si a pranta non-o ausílea;
Que moitos sigros antes
Que os homes esistiran
No mundo, xa o poboaban,
A prantas xa lucían,
E cheiros e remores
Que en él sementa a brisa,
Fixeron de un deserto
A estáncea fermosísima,
Que as prantas que despréceas
Adornan e tapizan:
O pazo incomparabre
Que â pouco agradecida,
Dios, sempre bondadoso,
Humanidá destina.
Sin prantas, señor home,
No mundo ¿que sería?"



[p. 82]


   A hestórea relatada
Recórdena e medítena,
Aqueles qué, sobérbeos,
Ós infereores miran
Cal prantas miserabres
Que con despréceo tripan.
Sin eles, por moi altos
Que esteñan, ¿que serían?

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega