Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os xuiceos do mundo

Páxina Seguinte

m4amadormontenegro042.html



[p. 83]


   Pra donde, non vol-o sei;
Mais xuntos, por un camiño,
Na compañía de un burro
Marchaban un pai e un fillo,
O primeiro de acabalo
E por terra o rapaciño,
Cando a cruzar atinaron
Con viaxeiros que distinto
Rumbo levaban e, ô vel-os
Cramaron: —"¡home, é bonito!
¡E que almas tan insensibres
Vos hai n-éste mundo pícaro!"
   —"Vaia, sube tí ô cabalo,—
O pai, baixándose, dixo,—
A ver si as lenguas así
Facer calar conseguimos."


(1) Recollido do pobo o asunto de esta fábula, foi desarrollada de xeito parecido por La Fontaine, e antes por don Xan Manoel, no famoso libro "De los Enxiemplos de Patronio".



[p. 84]


   Mais pasos non andiveran
Inda quizais vinte e cinco,
Cando outros, ô tropezal-os
Detivéronse, decindo:
—"¡Mira que respeto agora
Teñen ôs seus pais os fillos!"
   —"Agarda," —berrou o pai—
E sobre o burro subindo
Picou espuela, y-estónceas
Notar quén pode as que oiron:
—"¡Anque che son animales
Queren tamén agarimo!"
—"¡É moita carga pra un burro
Levar outros dous no cimo!."
   —"iProbe animal!", —dixo un vello
E unha vella: —"¡animalciño!"
—"Pra donde os tres van?", un chusco
Preguntou, y-en tal sentido
De chungadas pol-o menos
Tres dúceas lles dirixiron.
   Ó escoitar tal letanía,
Ambos e dous o pollino
Deixando, pol-o ramal
Con él o viaxe seguiron.
   —«¿E pra que queren o burro
Ises dous?", preguntou rindo
Un chistoso. O pai, estónceas,
A palabra dirixindo
Ó rapaz dixo: "escoitaches,
E pol-o tanto o xuíceo



[p. 85]


Conoces do mundo: en van

Pretenderás que contigo
Fagan xustícea os que atopan
De censura todo dino.

   Nada, pois, do mundo agardes,

Nada esperes de él, meu fillo:
Nin xustícea, si é que cumpres,
Nin si sofres, agarimo,
Nin prémeo, si eres virtuoso,
Nin si te aldraxan, castigo.
Cumpre a lei de Dios e sigue
Pr'adiante no teu camiño.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega