Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

As cousas a tempo

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas044.html



[p. 86]


   Unha maniobra falsa ou mal levada,
Unha racha de vento inesperada,
¿Quén sabe?, o caso foi que, naufragando
A barca en que pescaban
Tres homes que da praia lonxe estaban,
Co-a quilla ô sol quedou, a volta dando.
   Un dos tres, que marino nunca fora,
E que en sel-o quizais non pensaría,
¡Quén lle dixera, entón, que afogaría
Ó minuto de estar da barca fora!
   Outro, que non coidou que socedera
Cousa tal, e a nadar non deprendera,
Unha hora loitou, mais xa cansado,
Como o seu compañeiro,
A pesar que, anque pouco, mariñeiro
Era, tamén morreu logo afogado.
   Dando, no mar, ôs outros cruz e raia,
Seis horas, a espiréncea aproveitando,
O terceiro sostívose loitando,
E anque canso, chegou ô fin â praia.

   Con tenpo prepararse non é malo,
Despois quizais e tarde pra pensalo


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega