Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

A corda e o cordeiro

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas045.html



[p. 87]


   Tiña Antón un amigo verdadeiro,
A quén moito estimaba,
Pois anque oficio tiña de cordeiro,
Discurría e falaba
Como quixeran moitos abogados
Que falan, ou pretenden, en estrados.
   Criado terra adentro, o mar non vira,
E como é moi frecuente,
A quén ésto Ile pasa, que suspira
Por vel-o, diariamente,
Trataron él e Antón unha escapada
Facer os dous, e recorrendo as rías
Pasar sin decir nada
Ás mulleres, na grórea uns cantos dias.
   Pensando Antón, como home que é sabido,
Gozar no efeuto que o seu compañeiro
Faría o mar, ô vel-o confundido
Ante grandeza tal, ô bon cordeiro
Propuxo se deixase
Vendar, e non quitase
O pano que nos ollos lle poría



[p. 88]


Hastra que Ile avisase,
Contando logo o que lle parecía.
   E quitada xa a venda, o bon do amigo
De Antón, no muelle comenzou de Vigo
A berrar, asombrado, que na vida
Vira cousa máis grande e máis cumprida,

E cando Antón gozaba
Oindo o seu amigo o que decía,
(Pois como tí, leutor, tamén coidaba
Que ô mar se refería),
Viu, con sorpresa, que era
Causa do asombro un cable reforzado
Conque un barco amarrado
Ó muelle estaba y-él nas mans collera.
   Na casa xa de volta, non recorda

Cousa de máis entrés: ô mar a punta
Non lle atopou, afé: ¡moita auga xunta!
Mais, ¡ou!, ¡aquela corda!.....



[p. 89]


   Que non é de grandioso nin subrime
A impresión que no esprito nós sentimos
A que máis fondamente en él se imprime,
Sí pr'ela preparados non vivimos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega