Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

A macira

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas046.html



[p. 89]


   Manífica macira
Medraba no curral de certo crego,
E, cubizoso un seu veciño, cego
Desque cargada co seu froito a vira,
El, que dono non era nin de un rego,

   Desfogar non podendo
A xenreira feroz que o dominaba,
Sobre o frutal a diario valeiraba
A broza que na casa iba barrendo,
E do crego o curral con ela estraba.

   Luxaba o mal veciño de este xeito
As mazás, mais a chuvia que caía
Limpábaas, e co esterco que reunía
Mantendo a terra, terminaba o preito
En millor e máis froito no gameito.



[p. 90]


   En vez de perxudiceo,
A xente ruín de que este mundo cheo
Está e que vive cubizando o alleo,
Fai ôs homes de ben un beneficio,
Vivindo â leria e confundindo ô více
o.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega