Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

Os pecados da lingua

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas006.html



[p. 13]


   Antón, de mercar co-a idea
Un par de bois de respeto,
Saíu onte da súa aldea
Con sete mil reás no peto,

   E a todos desafiando,
Iba decindo: —"ei mercar 
Unha parexa que cando
A queira xunguir, rabeando 
Queden todos no lugar;"

   "Que tire, sin atemoal-a, 
Por catro bois de poder, 
Pois de un labrego, si fala 
Como debe, a millor gala
É unha parexa, ô meu ver."



[p. 14]


   "Con ser país de bon gado 
O noso, ha ser a parexa 
Que traguer ei do mercado, 
Algo nunca aquí mirado, 
Que cause a todos envexa."

   Mais cando él, aborrecido, 
Sin ver seu gusto cumprido 
Non quixo xa máis esculcas 
Facer, da feira seguido 
Foi por un par de trafulcas,

   Que en canto cartos ventaron 
Que levaba sobre o peito,
A sol nin sombra o deixaron, 
Hastra que os cartos lograron, 
Nunca soupo él porque xeito.

   Amárgalle o curazón,
E na cara se refrexa,
A burla que dende entón 
Sofre ô escoitar: "¡ai, Antón, 
Non era mala a parexa!"

   Leutor, sexas novo ou vello, 
Do vulgo vil ou letrado, 
Si síguel-o meu consello, 
De Antón mírate no espello, 
E ten co-a língua coidado.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega