Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

A rella e o propósito

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas006.html



[p. 15]


   Amañaba un arado Xan Penouco,
Bon labrego e arteiro;
Mais Dios, de carpinteiro,
Pol-as trazas en él puxera pouco.

   E a rella ô por, fixou un solo cravo,
Pra sí dicindo: "queda asegurada, 
Pois unha rella, ô cabo,
Non é, pol-o que pese, unha xugada."

   Sin cavilar, ¡el tolo non sería! 
Que con un solo cravo que metera 
A rella quedaria 
Xa n-o primeiro suco que fixera.

   Leutor, ten entendido,
Que si como Penouco fai co-as rellas
C'os propósitos fas, serás vencido
N-a primeira ocasión, poño as orellas.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega