Fábulas Galaico-Castellanas

Páxina Anterior

O sapo e a cobre

Páxina Seguinte

m4amadormontenegrofabulas007.html



[p. 16]

   Co-a calma ben sabida
Que gasta sempre o sapo,
Marchaba un, non recordo
Xa donde foi, nin cando,
Pra donde nin que idea
Levaba; mais, ô caso:
Metida, como teñen
Costume, en un burato
Hachábase unha cobre,
Que en son de burla amargo
Lle diz a aquel: —"amigo
Si non apura o paso,
Si non da máis âs pernas,
Eu perdo catro cartos
Si a donde vai lle leva
Chegar menos de un ano."



[p. 17]


   Detívose un istante,
E o corpo revirando
Pra ver quén Ile falaba,
Responde o bon do sapo:
—"Si é certo, miña amiga,
Que sempre vou despacio,
Que gasto moita calma,
Que non altero o paso,
Repare ben, señora,
Que en troques... non me arrastro.

   Leutor, meu bon amigo,
En este mundo a cantos
Poideran aplicarse
Razós como as do sapo:
Si medran e si chegan,
¡É porque ván de arrastro!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega