Isaías, o emigrante soñador

Páxina Anterior

Os fillos da diáspora

Páxina Seguinte

v2dizramosisaias005.html
     Os montes máis elevados, xa fan sombra no lado oposto ó Sol. As embarcacións costeiras, móvense para cumprir a rutina diaria en súa actividade mariñeira no Porto de Vigo, un dos maiores de Europa en súas características específicas. Nos contornos das rías, alá ben próximo ó porto, as belezas naturales adornan os poboados típicamente mariñeiros e de costumes moi antigos de estes pescadores galegos. Hoxe, esta progresiva cidade, a pesar de haber perdido algunhas reliquias do pasado, por neglixencia das autoridades nunha época conturbada, asimesmo, ostenta unha infraestructura que fai envidia ás máis modernas capitales europeas.
    
A través das gafas afumadas, Isaías contempla, xa con certa tristeza, os últimos raios do sol dispersos por encima dun grupo de pequenos edificios, nas proximidades da Gran Vía, onde se escoita o trepidar e ruido do tranvía. Do outro lado, onde están ancorados os grandes barcos transatlánticos e outros de menor porte, usados para viaxes costeiras, un deses, posiblemente é o que levará deica o Porto de Cádiz, a Isaías e todos aqueles que xa están enfileiradis no porto de embarque: entre eles, Aquilino, seu compañeiro de viaxe que a pesar de seren recén coñecidos, el o chamaba cariñosamente polo alcuño de ánxo da garda, pois, foi por intermedio de seu pai, que o coñecera cando traballaba coa máquina de mallar o centeo, no lugar de Vilar, en Forcarei, que conseguiu o billete moi difícil, naquel intre histórico da España, con destino ó Brasil, Bahía.
    
Ós poucos, a fileira dos que embarcaban ía aumentando e con ela aumentaban as conversas sobre os máis variados asuntos entre os máis próximos. Van chegando máis persoas que se incorporan ós pasaxeiros que xa se encontran na fileira coa maleta nunha man e os documentos de embarque na outra. O frío aumenta á medida que a noite vai chegando, pois, estamos en pleno inverno. As persoas empezan a quedarse tensas e ansiosas polos imprevistos que lle poidan acontecer e tamén pensando nas despedidas de parentes e amigos que os acompañan do lado de fóra da fila.
    
A rampa que os levará para dentro do barco, está sendo inspeccionada polos funcionarios de bordo xuntamente coas autoridades de embarque. Isaías, que estaba sempre atento a todo o que se pasaba en seu rededor e, despois de observar a apariencia externa do barco, comenta con algúns pasaxeiros na súa proximidade que esa embarcación parece xa haber atravesado o Estreito de Xibraltar unha infinidad de veces.
    
Pepe, que ía para Uruguai, criticou a falta de atención e información por parte das autoridades de emigración españolas que, para resolver os problemas internos, embarcaban ós xovens como se fosen unha mercadoría calquera de exportación sen ningunha axuda nen orientación.
    
Outro pasaxeiro que o escoitou doulle apoio dicindo que: eles emigraban, non para facer turismo pero, por necesidade de buscar unha vida mellor do que a España podería ofrecerlle naquel momento moi difícil para a maioría dos españois. Ademais de iso, deixaban máis empregos, máis comida e máis oportunidades de un modo xeral para aqueles que non podían o non querían emigrar.
    
—¡Moi ben! ¡Moi beeeeennn!!!
    
Gritaron varias persoas que estaban na inmensa fileira que se estaba formando ó lado da embarcación, en canto esperaban a orden para subir ós camarotes. A pesar de todo: do frío e da tensión, iso non lles quitaba o bo humor e a cordialidade, cambiando xentilezas o facendo preguntas (...) de onde eran, para onde ían e se xa levaban destino certo, é dicir, contrato de traballo asegurado e outras cousas que xerminan con naturalidade na mente de xente xoven.
    
Algúns ofrecían un cigarro, outros repartían algunha cousa de comer que a nai, unha irmá ou a esposa habían feito en casa para o viaxe. Aquilino levaba ó hombro unha bota con viño — Dicía el que a bota era de puro coiro de cabra, das mellores, daquelas que non deixan o viño perder a cualidade e o sabor natural. Alongou un pouco súa mirada e veu a Isaías conversando con unha moza que estaba acompañada polo pai ata o embarque. "¡Miña nai, que rapaza guapa! — Pensou el —. Olla que oportunidade para que me aproxime desa mozarrona que, se fora pasear na Feira de Soutelo de Montes, alá na miña Terra de Montes, pecharía tódalas portas do comercio e ata os gaiteiros de Soutelo lle tocarían unha muiñeira".
    
Pensado e feito. Deu uns pasos en dirección ós dous, mirando para ela sen pestanexar e, para disimular un pouco na investida sobre a víctima, ofreceulle ó compañeiro un golo do néctar dos deuses gregos; que bebían apenas para saciar unha necesidade ou exaltar un gran feito e non en unha conmemoración pagana.
    
—¡Toma!. Bebe un pouco para espantar o frío e podes ofrecerllo tamén á señorita, pero, ¿quen sabe se me engano e xa é señora? A xoven quedouse tan rrubia que parecía un pavo despois de darlle unhas guindas e tomar uns traguiños da máis pura augardente do Ribeiro en vísperas de Noiteboa.
    
Respondeulle ela con unha voz bastante trémula e desconcertada:
     —Non. Aínda non chegou a miña hora. Ademais de iso, por agora meus proxectos son outros e, por outro lado, tamén non teño novio. Concluiu a moza con unha sorrisa que denotaba aceptación ó diálogo con o atrevido galanteador.

    
Era o quería ouvir Aquilino. El quedouse todo laretas parecendo un galo cando está sendo moi afable coas galiñas no galiñeiro e, acto continuo; como quen non quere nada, sen deixar de levar en conta ó pai que estaba de garda alí ó seu lado, tamén lle ofrece un goliño de viño. Outro pasaxeiro, o Pepe, que estaba un pouco atrás, tamén refrescou a garganta dese viño do Ribeiro ofrecido por Aquilino. Pepe era daquela rexión galega, da provincia de Ourense, onde se producía ese divino néctar dos deuses galegos, pois, a Galicia tamén ten seus enólogos benfeitores celestes da vinícola.
    
O Pepe, despois de devolverlle a bota co viño, meteu a man no bolsillo da gabardina e quitou un bocadillo envolto nunha folla de periódico que súa nai había preparado antes de saír da casa. Partiuno ó medio e díxolle:
    
—¡Toma! Vamos a repartirlo entre os dous pra que o viño non nos faga mal e empecemos a falar tonterías. Sen moita ceremonia, empezan a mastigar coa boca aberta e falando ó mesmo tempo.
    
—¡Está moi bo! Afirmou Aquilino.
    
—Espero que che guste, foi miña nai quen o preparou para comer durante o viaxe. Completou o Pepe.
    
O veciño que ía un pouco máis adiante na fileira, tamén entra na conversación e preguntalle:
    
—¿Que tal, vas buscar a fortuna?
    
—Sí. Polo menos vou intentar conseguir aquilo que, de certa maneira e neste exacto momento, non podemos conseguir en nosa Patria. Eu creo que todos nosoutros vamos con esa intención. Traballando o máximo pero, para recibir a recompensa equivalente ó noso esforzo físico e mental.
    
Lola, a xoven que estaba conversando facía un intre con Isaías e Aquilino, recibe as últimas recomendacións do pai, que lle facía compañía deica o punto de embarque. Outra xoven tamén estaba viaxando soa, igual que Lola, por iso, toda a recomendación ás dúas, sería pouca.
    
—Ti xa sabes Lola, escríbeme así que chegues a casa de túa tía, canto máis a miudo mellor pra que túa nai non se quede moi preocupada, ben sabes como ela é.
    
—¡Sí papai! D´acordo.
    
—E moito coidado para non vestir, durante o viaxe, esas roupas moi cortas e pouco convencionales que levas na maleta. ¡Coidado!
    
—¡Sí pai!
    
—Se as cousas non camiñan ben, escríbeme, eu teño un coñecido en Bos Aires que, se fixera falta tamén pode axudarte a conseguir un bo traballo, é dicir, un traballo decente para unha moza de túa idade.
    
¡Está ben papá!
    
—Adeus, e espero que sexas moi responsable, filla.
    
Abrazanse efusivamente e, el dalle unha palmadiña nas espaldas e vai saíndo cos ollos cheos de bágoas. Bágoas de un pai celoso e moi amable. ¡Talvez sexa a última vez que se poidan abrazar!.
    
Pouco tempo despois, os pasaxeiros xa estaban subindo a rampa do navío, cada un procurando o seu camarote. Este barco apenas os levaría deica o Porto de Cádiz. Alá embarcarían nun trasatlántico deica América do Sul. A maioría deles, ían con destino ó Brasil e Argentina, uns poucos para Uruguai. Despois de contornar as costas de Portugal e atravesar o Estreito de Xibraltar, por fin, desembarcan nunha das cidades máis antigas de da Península Ibérica, talvez de Europa, Gadir, hoxe Cádiz, belísima bahía desa cidade, polo que se sabe, seus fundadores terían sido os fenicios. Outros historiadores antigos, atribuen súa fundación a Hércules, hai polo menos uns dezaoito séculos.
    
Isaías, durante o viaxe entre Vigo e Cádiz, dada a súa preocupación e curiosidade en saber das cousas, foise informando do verdadeiro destino da maioría que ía para o Brasil e, constatou que apenas el e Aquilino ían para o mesmo lugar, Bahía de tódolos Santos — cidade de Salvador.
    
Era o final de ano e a chegada a Cádiz xa lles traía moitas recordacións das conmemoracións anteriores, simples pero xunto con os familiares en súas aldeas de orixe. Ata entón nunca habían pasado a noite de Nadal separados da familia, para eles era algo inaceptable esa separación tan repentina, mesmo sabendo que na realidade xa era un feito consumado. Pepe, que viaxaba para o Uruguai, díxolles que sabía a dirección dunha pensión onde estaban hospedados uns seus coñecidos que eran gardas de elite da policía especial española. Un axente de viaxes levounos ata ese lugar onde quedarían uns poucos días ata embarcar para América.
    
Despois de completar algúns documentos na policía de fronteiras, para saír do País, deron unha volta para coñecer un pouco a cidade, sacar unhas fotos como recordo das novas amistades e, ¿quen sabe? Se un día cando aparezan as canas un pouco brancas, poder chorar os disgustos, aventuras e desventuras de un pasado moi triste de xovens que sufrían as consecuencias de unha recén Guerra Mundial e pouco antes, a Guerra Civil da propia España. Principalmente esta última que levou a unha loita sen glorias a moitas familias e veciños — por nada substancial — apenas, por capricho e gusto polo poder dalgúns caciques facinerosos daquel momento histórico da política española.
    
As recordacións da guerra civil española, eran moi tristes para algúns deses xovens, a pesar de que na época tiñan pouca idade, talvez, en media, entre oito e dez anos, tiñan tan soamente en súa mente un rexistro dos feitos sangrentos, de persecucións, cárcere, campos de concentración e exilios, algúns forzados e outros voluntariamente por precaución. Moitos deles nen siquera coñecían a seus pais: ou habían sido mortos pola represión ou tiveron que fuxir a principios da revolución para salvarse de posibles perseguidores.
Ninguén estaba seguro en súa casa, calquera denuncia con razón ou sen ela, era punida co maior rigor e crueldade. Para moitos, o destino era aparecer mortos ó lado de unha cuneta o no campo de concentración, ondos traballos forzados sustituían o fusilamiento no paredón. Estes desmandes, tanto ocurrían de un lado da contenda como do outro. As formas de represión eran bárbaras e idénticas.

    
As marcas de crueldade aparecían en tódalas partes do País e, estes xovens, estaban sufrindo as consecuencias da intolerancia e da falta de humanismo de moitos políticos, do caciquismo e de algúns militares da época. As familias de algúns veciños e a do propio Isaías, viviron épocas de terror por parte das milicias armadas e da garda civil. Moitas veces, a calquera hora do día ou da noite, invadían súas casas ameazando e remexendo todo de boca para baixo. Todo iso, apenas porque os xefes das familias que estaban exilados, ou por precaución como aconteceu con moitos por non estar d´acordo cos mesmos ideales políticos dos que estaban no poder.
    
Nos últimos días antes de embarcar para América, particularmente o día de Noiteboa pola noite, eles recorreron case todo o centro comercial de Cádiz mirando os escaparates; con máis atención para os que vendían artículos de Nadal. Moitos eran descoñecidos para eles pois, en súa curta existencia era a primera vez que tiñan que pasar un día tan importante lonx de seus familiares. Ata entón, o mundo deles resumíase a pouco máis do que era o seu poboado onde habían nacido. Para eles, non eran as comidas máis sofisticadas ou descoñecidas que os facían sufrir naquel momento histórico de súas vidas ó recordar aquelas noites de Nadal nanos anteriores. ¡Non, non o eran! O que os martirizaba máis era aquel calor humano "do LAR galego", da casiña de pedra ben antiga e moitas veces moi humilde, onde os seus ancestrais, talvez de moitas xeracións, dignificaron a súa existencia.
    
"¿E agora, señores xovens mosqueteiros, como removeréis esta primeira pedra no camiño de vosa aventura ou desventura, esa pedra que como unha flecha golpeou moi forte nos vosos corazós ardentes e en vosas almas altivas, pero, aínda un pouco inmaturas e inseguras?".
    
Este era o pensamento que martelaba bastante a cabeza de Isaías, a pesar de que, el, xa había viaxado por unha boa parte de España en anos anteriores, asimesmo, aínda faltaba un pouco máis de práctica de vida a estes xovens naquel momento de angustia.
    
Pepe e Aquilino aproximáranse de Isaías, que máis parecía estar visiblemente noutro mundo e, dixéronlle:
    
—¡Olla aquel escaparate Isaías! ¿Ti estás vendo o que nós vemos, aquela botella de anís escarchado?
    
Esa cualidade de anís, por ser moi doce, ter bastante alcohol e, ata o paladar era diferente dos demais, por iso, era moi fácil emborracharse con unhas cantas copiñas. Isaías, ollou para o escaparate con os ollos ben abertos, case que desorbitados e díxolles:
    
—Encontramos a solución, polo menos por esta noite; para esquecer a nosa soedade, tristezas e nosa melancolía.
    
—¿Como así? Preguntaronlle seus compañeiros.
    
—Compramos unha botella de anís, un paquete de figos e outro de uvas pasas e así, improvisamos nosa Cea de Nadal. Podo garantirlles que, despois de uns golos dese anís, noso estado de ánimo vai mellorar, ¡cando menos ata embarcar!
    
Eses xovens, eran verdadeiramente —os fillos da diáspora— pois, a mesma signa habían levado en tempos anteriores a seus pais ou avós a recorrer camiños semellantes, e moitos deles, foronse para nunca máis volver —. En Galicia e outras rexións de España, dende había algúns séculos, víñan dispersando ós seus fillos sen o menor xesto de axuda por parte do Goberno Central de Madrid ou de Galicia, para minimizar esa diáspora. Ningún dos compañeiros ignoraba esa desventura; asimesmo, súa fe e determinación que transbordaba dentro deles, tiñan certeza que superarían tódolos fracasos e dificultades de seus antecesores e, un día, ¿quen sabe se non poderían ser o orgullo de España e de súa terra — a moi querida Patria histórica, Galicia?
    
O viaxe entre Cádiz e Río de Janeiro, non era nada agradable, eles xa habían pasado un mal momento entre Vigo e Cádiz. Despois de acomodarse en sus camarotes, descubriron un pasaxeiro máis que tamén desembarcaría no Río de Janeiro, o señor Aristides Lemos, parecía moi comunicativo e, en súa compañía, levaba a súa xoven esposa, el xa viaxaba pola segunda vez. Nun de seus comentarios, o señor Lemos dixo que neste barco, o Cabo de Hornos, o viaxe sería máis ameno que no barco costeiro de Vigo ata Cádiz. Esta embarcación parece estar en boas condicións para un viaxe máis longo e, espero que sea máis agradable con relación a outros remanecentes da segunda guerra mundial que habían sido improvisados para barcos de pasaxeiros.
    
A pesar das informacións animadoras do señor Lemos, os primeiros días case ninguén conseguiu saír dos camarotes para comer no restaurante, en consecuencia do forte cheiro de tinta e cos movementos laterales do barco: vómitos e máis vómitos era o máis común na maioría dos pasaxeiros. A señora Carmen, que era a xoven esposa do señor Lemos, púxose tan mal, que tivo que procurar un médico de bordo. Aquilino, que intentara facer gracia con a mesma, con a "boca pequena"dicía que o problema desa señora parecía outro, dando a entender que estaría en estado, embarazada.
    
Isaías vía na aproximación de Aquilino á señora Carmen, outras intencións. Ela era moi guapa e parecía ser ben máis xoven que o seu esposo. Despois que ela mellorou da dor de cabeza e empezou a saír do camarote, o señor Lemos non a deixaba sóa, era fácil percibir que el tiña moitos celos da esposa, a pesar diso, el, ela e Aquilino, estaban case sempre xuntos de un lado para outro en seus pasatempos polo barco. O Sr Lemos advertíalle sempre, ¡Coidado Carmen! Nos viaxes máis longos, hai sempre moitos galanteadores camuflados de cordeiros, todas as precaucións son poucas.
    
—Sí querido. Respondíalle ela.
    
—¡Que non te vexa conversar con extraños! Con Aquilino e Isaías, as cousas son distintas, eles xa nos demostraron que son nosos amigos de confianza, como unha familia.
    
Ela ollouno ben a carón — os seus ollos nos ollos do marido, e unhas bágoas despistadas esvararan por seu rostro que parecía brotar sangre de tan rubia que estaba e, respondeulle:
    
—Non te preocupes tanto amor, eu non son máis unha nena que aínda está mamando, perde coidado con esas tonterías de marido moi celoso e, ademais diso, Pilar e eu estamos case sempre xuntas, cando non estou contigo.
    
Pilar era tamén outra esposa que viaxaba para xuntarse ó marido en Montevideo. Tíñanse casado por poder, alá en súa aldea na provincia de Lugo. Segundo ela, mal coñecía ó marido e, o matrimonio había sido arreglado polos familiares dos dous. Como se ve, era máis un capítulo novelesco dos problemas criados pola infame da emigración. Conforme algúns comentarios, de Pepe, que tamén ía para o Uruguai, foron informados de que, máis algunhas esposas viaxaban para Argentina e Uruguai, en condicións semellantes ás de Pilar.
    
Carmen, a xoven esposa do señor Lemos, agora xa parece disfrutar de boa saúde. Ten unhas meixelas moi coloradas e un perfil estético que fai envidia a outras xovens que viaxan no mesmo camarote. Na súa vestementa, na parte superior, xustamente na altura de unha blusa moi fina e branca, vense dous bultos salientes uniformes e redondos que poñen a cabeza de Aquilino fóra de órbita. Pepe, comenta que Isaías e outros espectadores non quedan para trás e, acrescenta: É un colirio para os ollos de moitos galanteadores, e, en meu entender, o señor Lemos pediulle, xustamente ó lobo para coidar do seu rebaño. Claro que el refiríase ó Aquilino, pero, en verdade, eran todos iguales, era tan só esperar unha oportunidade para dar o bote. Ó anoitecer, case que á hora da cea, o señor Lemos díxolle á esposa:
    
—Querida, porque ti non vas ó camarote pór unha roupa máis apropiada para sentarse á mesa, pois, alí, non sabemos nunca ó lado de quen poderemos sentarnos.
    
—¡Sí querido!
    
—Se che agrada pón aquela roupa un pouco máis pechada no escote. ¿Paréceche ben así?
    
—Pois sí, porei o que a ti che guste.
    
Isaías, aproximose do señor Lemos e preguntoulle se fiscalizan moito as maletas e bolsas de mao na alfándega do Río de Janeiro.
    
—¿Que me dis? Se iso ocorre conmigo, xa saben que teño moitos amigos importantes que poden tapar os ollos deses tíos con cara de xitanos. ¡Conmigo non! ¡Eu son un mono vello nesta floresta urbana!
    
Aquilino que ouvía a conversación, interferiu dicindo que había oído de un pasaxeiro que ía para Niterói, que na aduana fan unha marca con xis de cor por fóra das maletas para controlar mellor en quen foi feita a inspección, mostrando con iso a súa liberación pola alfándega.
    
Claro, acrecentou el: como saben que somos traballadores, con poucos recursos, collo a miña bagaxe e ¡tchau! ¡Ata logo señores fiscales!
    
Un dos compañeiros que sempre estaba atento, interpelou ó Aquilino:
    
—¿Que lugar é ese tal de "Net e eroi", non sei o que máis?
    
—¡Ah! Xa sei o que ti non entendiches; Ese lugar chámase Niterói, é unha cidade do Río de Janeiro.
    
Un grupo de pasaxeiros que está próximo a eles, observa atentamente o comportamento inusitado do señor Lemos con relación á súa esposa, sorríen de unha forma moi xocosa entre as miradas maliciosas dalgúns deles. Con certeza, non entendnos coidados de unha persoa con máis experiencia da vida con relación á súa xoven esposa. Claro que moitas veces ese coidado pódese transformar nun coitelo de dous fios, é dicir, pode chegar a tal punto de transformarse en unha enfermedade paranoica, podendo facer infeliz a relación matrimonial.
    
As gaivotas alá fóra fan unha demostración de vóo rasante en torno do barco, e os peixes voadores como querendo competir con elas, emerxen con bastante impulso voando por distancias regulares, todo iso ademais dos contos inherentes ós viaxes dese tipo e ás cousas que quedaron para trás, facen parte deste inmenso universo de sentimentos: Dor, alegría e tristeza, pero sobre todo, moita esperanza en días mellores para estes xovens pasaxeiros que fan parte da diáspora universal.
    
Isaías está moi concentrado e, ata un pouco distante das conversacións moi heteroxéneas de uns e de outros. Por uns intres, mira atentamente para o mástil da embarcación, alá ben alto, contempla case que esquecido do mundo que o rodea o vaivén tremolante de dúas bandeiriñas pola forza do vento. O mar axítase formando elevadas ondas insolentes e enfurecidas que parecen querer engulir o combés do barco, ó mesmo tempo que o trono e os relámpagos toman conta desta inmensa masa de auga amedrontadora.
    
Pensaba Isaías: "ben, despois da tempestade, virá a bonanza" Van desaparecendo as nubes escuras volvendo a un paisaxe máis agradable. As conversacións proseguén animadoras e ó mesmo tempo ansiosas para aqueles que se quedarán en Río de Janeiro. El xa está ben próximo, dentro de dous o tres días poderán desembarcar. Nos camarotes o calor é asfixiante, principalmente na terceira clase, onde a maioría viaxa, por iso, moitos pasaron a maior parte da noite á intemperie da cuberta do barco.
    
Ó día seguinte, Aquilino aproxímase de un grupo de observadores apreciando o vóo duns peixes voadores saltando con moita gracia por encima de tres o catro ondas do mar. Súas pequenas asas prateadas vibran e brillan como as cores do arco-iris. Logo máis adiante do azul infinito, vislumbra unha embarcación e, grita: ¡Que pequena é!
    
—Ós poucos, e á medida que se aproximan de terra, van aparecendo máis gaivotas xunto con outras aves. Tamén se observan algúns delfíns acompañando o barco a unha certa distancia ó mesmo tempo que dán voltas moi graciosas e harmoniosas como se estivesen querendo dar a benvida ós pasaxeiros que ían desembarcar no porto de Río de Janeiro, un verdadeiro ballet. Algúns pasaxeiros afirman haber visto algúns tiburóns un pouco máis lonxe.
    
Unha gaivota que vén acompañando o barco por bastante tempo, de repente, desapareceu no horizonte opaco e curvilíneo. Indagou Aquilino:
    
—¿Será que ela perdeu as forzas de tanto bater as asas e planear? É moita presunción querer atravesar o Atlántico sen pousar. Eu vin algunhas gaivotas por uns segundos pousadas na auga sobre as ondas do mar, talvez para coller algún peixe, ou, ¿quen sabe se é para descansar por un intre e refacer as enerxías que lle dán impulsión para voar? Concluiu Aquilino.
    
Outro pasaxeiro que estaba ouvindo a conversación, acrescentou ironizando:
    
—¿Quen sabe se ela tamén é unha emigrante como nosoutros e xa encontrou un porto para arribar? Ademais de iso, as gaivotas e as andoriñas acostuman viaxar quilómetros e máis quilómetros para poder perpetuar a súa especie, é dicir, por causa do clima e do alimento cámbianse constantemente de unha rexión para outra. De certa maneira, poderíamos facer unha comparación entre esas criaturas nómades e nosa condición de emigrantes que, por varias xeracións, continuamos a emigrar, tamén para garantir a especie, en calquera lugar do Planeta.
    
—¡Moi ben! Concluiu Aquilino. Eu por exemplo vou para América intentar algo mellor, cando menos facer da ganancia con meu traballo unha economía para o futuro, meu e de miña familia, para que, cando chgue a miña vellice, se podo chegar ata alá, non pase necesidade para a sobrevivencia máis feliz.
    
—¡Iso mesmo! Acrescentou outro pícaro que viña fostigando algúns compañeiros de viaxe con seu parloteo e, outras veces ata se facía un pouco inconveniente.
    
Isaías, que tamén estaba atento ós comentarios dos compañeiros de viaxe, manifestouse con relación ás palabras que acabara de ouvir.
    
—Ben, neste mundo, temos que convivir con tódolos tipos de opinións, anque nen sempre sexan agradables para todos, dixo iso referíndose ó pícaro. Pero na realidade, todos tiñan as mesmas ansiedades. O que eles pretendían era ter oportunidades de traballo e libertade para moverse, nen máis nen menos, ou, ¿quen sabe, talvez un día construir unha nova familia no país que os acollese?
    
A Isaías e Aquilino ó desembarcar en Río de Janeiro, xa había un señor esperándoos, el era empregado de un hotel, cuxo propietario estaba encargado de recibilos, pois, recibira ese pedido de parentes dos dous xovens emigrantes para que os encamiñase á cidade de Salvador — Bahía —. Despois de librarse das obrigacións da alfándega, o "Sebastião", este era o nome dese empregado; levounos para comer en un restaurante antes de ir para o Hotel Novo Mundo, que era de propiedade de un español e onde el traballaba.
    
Aquilino, ós poucos, beliscaba a Isaías para que reparase en Sebastião. Eles nunca habían visto unha persoa de cor negra como era o acompañante, mesmo sabendo de súa existencia, e, claro que para eles era algo extraño e, de certa forma unha novidade, unha grata novidade. Máis tarde, constatarían iso ó ver tanta amabilidade para con eles, era unha persoa moi amable e educadísima.
    
Despois do primeiro impacto entre os tres, iniciaran unha conversación moi agradable e, Aquilino preguntoulle:
    
—¿Como vostede tivo a idea de escribir aquel anuncio no cartón?
    
El escribira as seguintes palabras:
    
—"Estou esperando os pasaxeiros de nome Aquilino e a un seu compañeiro con destino a Salvador, Bahia, por favor identifíquense"—. Esa foi a maneira máis fácil de encontra-los, díxolle o "Bastião".
    
Eles extrañaron moito o clima, habían saído de Galicia no inverno, con temperaturas moi baixas e, ó chegar a Río no verán con unha temperatura próxima dos treinta e cinco graos, a única cousa que querían era beber e beber líquidos xelados para combater o mal estar polo efecto do calor — ¡comer, case nada! Isaías xa era un pouco máis experimentado que Aquilino para tomar certas decisións, despois de ter unha conversación máis íntima, pois deica entón, era un grupo maior e agora só restaban os dous, calquera cambio nos seus planos había que discutilos de comun acordo.
    
Eles habían ouvido falar no Hotel, a un dos socios, que era o amigo de seus parentes de Salvador, que o barco costeiro para Salvador, saía soamente dentro de aproximadamente uns quince días, isto tiña que ser discutido en tódolos sentidos posibles. Despois de cambiar ideas, Isaías chamou ó señor Manuel Rodríguez e díxolle: Olle, nosoutros estivemos falando sobre o viaxe e decidimos arreglar outra forma de transporte ata Salvador.
    
—¿Vostede podería suxerirnos algunha opción viable?
    
—Ben, unha das saídas posibles é viaxar de avión, el é un pouco máis caro pero, compensa polos gastos que vosoutros podedes ter durante máis ou menos quince días, se me autorizan, eu mesmo podo coidar diso e vosoutros chamades por teléfono ó señor Manuel Penas, comunicándolle o cambio de transporte. ¿Está ben así?
    
—¡Óptimo! Respondeulle Aquilino.
    
Ó día seguinte xa estaban viaxando de avión para Salvador. Entón os avións non tiñan moita autonomía de vóo sendo obrigados a facer varias escalas intermediarias en súa traxectoria.
    
Eles continuaban acumulando novas experiencias, ningún dos dous, xamais había pisado dentro dun avión, na realidade, naquela época poucas persoas tiveran esa oportunidade, ou mellor, ese privilexio. A primera escala foi en "Vitoria de Espirito Santo", o pouco tempo en territorio "capixaba", doulles apenas para respirar algún aire, pois, de certa forma, tivieran algúns problemas sen moita importancia. Moito ruido perturbando un pouco a súa audición e un pouco de sangre polas narices pero, asimesmo, valeu a pena ver a Terra alá do alto. ¡Como foi interesante! Quedaran admirados de tanta beleza natural que moitas veces, non é necesario subir deica ás alturas para poder apreciala, depende do punto de vista e da sensibilidade. Soben outra vez para facer o restante do traxecto e, en pouco tempo, xa están sobrevoando o aeroporto de Salvador, na Bahia.
    
—¡Abotoen os cintos!. Esta é a orden de unha azafata.
    
De novo, Aquilino e Isaías, maletas na man para o encontro con seus parentes no destino que os esperaba. Un grupo de españois, uns familiares e outros veciños estaban esperándoos debaixo de un calor insoportable. O campo do aeroporto tiña moita terra e pó que completaban o suplicio para quen non estaba acostumado con o clima de temperaturas moi elevadas. Despois dos saúdos e presentacións, pois, a pesar de que eran veciños e familiares, nen todos se coñecían. Dende alí ata chegar á cidade, foi tamén bastante penoso, visto que a estrada, a maior parte do recorrido, era de terra barrenta.
    
As primeiras semanas, xa cada un en seu lugar de traballo, foron de moitas interrogacións e observacións con relación ó medio no cal tiñan de aprender a convivir da mellor maneira posible. Isaías foi traballar nunha tenda de comestibles alá a Barra Avenida, preto do Farol da Barra; Aquilino, noutro punto da cidade, alá próximo do Mercado Modelo, nun comercio ó por maior de carne de porco.
    
Nos primeiros meses non foi posible reencontrarse, a non ser en unha festa da colonia española "Centro Español" onde se reunían a maior parte dos españois para conmemorar datas nacionales españolas e brasileiras e, principalmente, algunhas festividades típicas de Galicia. A mor parte deses españois, eran galegos e, os galegos son moi achegados ós seus costumes rexionais, "matar" a falta da terriña, a soidade, moitos xa residían na Bahía había bastante tempo, por iso, calquera recordación era cousa que os facía revivir na súa xuventude.
    
Pouco tempo despois, Aquilino invitou ó amigo Isaías para asistir a un xogo de fútbol no cal un dos times era da Colonia Española —o Galicia— ese era o nome do club en homenaxe á terra galega. Foi a primera vez que os dous amigos vían en un campo de fútbol a disputa entre xogadores profesionales. Eses encontros eran a única forma de mantelos en contacto e ó mesmo tempo confidenciar os acertos e fracasos en súa nova profesión: no comercio. ¡Sí señor! — Eles xa emigraron con un contrato de traballo acertado con seus parentes — era unha obriga para recibir o visado de entrada no Brasil naquela época.
    
Pasados uns anos, outros emigrantes que chegaban ó Brasil, só o poderían facer con o visto de entrada para traballar no campo, o que era unha aberración en vista de que eses xovens pouco coñecimento tiñan dese asunto, nalgúns casos non coñecían nada de como se traballaba na agricultura en condicións para producir algunha cousa de verdade e non como estaban acostumados no minifundio de súas aldeas na Galicia. Era terrible en todos os sentidos. Algúns parentes e veciños de Isaías e máis algúns compañeiros, como tantos outros, tamén foron chegaron a Salvador nesas condicións de traballo, foi a maior decepción para eses adolescentes con pouco máis de quince anos, algúns, se puidesen, volverían no mesmo barco en que viñeran. Cando saíron de súa terra, mal sabían o que os esperaba do outro lado do Atlántico.
    
O señor Beníto, que era parente de Lorenzo, buscou un cliente que era propietario de terras (unha facenda) para ver a posibilidade, cando menos provisional, para que outro emigrante, o Tony, puidese traballar con el alá nunha facenda, claro, mesmo que soamente fora pola cama e comida ata que as cousas se arreglasnaquí na cidade de Salvador. — Eles eran obrigados a traballar na agricultura por un periodo de dous anos. Lorenzo e Serafín lamentábanse polos problemas que tiñan que enfrentar durante ese longo tempo, eles, preferían enfrentar a policía de extranxeiros antes de ter que ir para a agricultura do interior moi lonxe, onde o Xudas perdera os zocos.
    
O que eles querían falar, era que se quedasen traballando no comercio, terían de enfrentar a fiscalización policial sobre os comerciantes infractores que desen traballo para os emigrantes con a documentación incompleta, é dicir, as leis laborales non permitían traballadores extranxeiros a non ser na proporción de un para tres. Iso era bastante complicado pero non imposible de contornar esa situación humillante, ademais diso, o visado de entrada no País non lles permitía outra actividade a non ser na agricultura.
    
Lorenzo e Serafín, como tiñan os parentes para darlles algún apoio moral e financeiro, foron quedando cada un en seu lugar, nas casas comerciais dos familiares e, prestando algúns servicios na medida do posible para, polo menos, defender a cama e comida. Isto era feito de tal forma que tiñan que estar atentos a calquera sospeita de aproximación de algún tipo con cara de policías de extranxeiros o fiscales do traballo. Era moi chistoso como se creaban mecanismos de defensa para axudar a eses xovens que querían e necesitaban traballar para poder sobrevivir.
    
O señor "Boaventura", un cliente e amigo do antigo propietario do "Almacén Chame-Chame" onde provisionalmente traballaba Serafín, era un home moi bo e sabía conservar a amistade conquistada durante algúns anos e, ó mesmo tempo que era moi bromista sen perder a postura e altivez que lle eran moi peculiares. Certa vez, chamó a Serafín a un rincón do mostrador do almacén e díxolle; en ton de broma:
    
—Olla, meu fillo, ¿porque non te pintas de miña cor para engañar á policía?, Sendo negro, eles non che poden recoñecer, polo tanto, non che piden os documentos. Os galegos que eu coñezo aquí en Salvador son todos brancos, desa maneira, se che preguntan algunha cousa, é só disimular o mudo e ti aparentemente serás un dependente brasileiro.
    
Pasados uns tempos de acomodación e a convivencia con o problema, un certo día, o propio señor Boaventura, chamou ó Isaías para suxerirlle unha posible saída para o obstáculo dos dous pretendentes a dependentes do comercio. Despois de conversar bastante sobre o asunto, combinaron de encontrarse na Secretaría de policía onde el mesmo traballaba, alí, podería presentalo a un funcionario do Sector de Extranxeiros para expoñerlle o problema de Lorenzo e de Serafín.
    
Despois que o señor Boaventura o presentou ó funcionario para conversar con el, expoñéndolle o problema da documentación, recibiu do mesmo a información de que había posibilidade de resolvelo e, pediulle para que o procurase dentro de uns días. Isaías saiu tan alegre da sala que non foi posible esconder tanta satisfacción estampada en súa rostro. O señor Boaventura, que quedara esperando do lado de fóra, díxolle enseguida:
    
—¡Enhoraboa! Parece que vostede conseguiu resolver algunha cousa. ¿Podes contarmo?...
    
Tempos despois, con bastante traballo, persistencia e algúns gastos adicionales, eles tiñan toda a documentación necesaria para traballar en calquera actividade que lle fose conveniente e posible. Isaías sentíase orgulloso e satisfeio con a solución dada ó problema e, a final de contas, un era irman e outro un pouco parente. A mesma sorte non a tivo Tony a pesar dos esforzos feitos polo señor Benito e polo propio Isaías, a situación era distinta, no momento non tiña lugar onde ficar no comercio.
    
Despois de varios intentos para encontrar un posto con algúns coñecidos para traballar medio camuflado, ata resolver o problema. Tony, inicialmente foi obrigado a coller no mango de unha ferramenta para gañar o pan de cada día. A través de un coñecido de Aquilino, que era un propietario de facenda alá nos confins do "interior baiano", el consiguiu traballo e viaxou por varios días xunto co señor Trindade, que tiña o alcuño de coronel e era dono da facenda Aimorés. Ó lado do coronel, no asento de un pequeno camión caíndo ós pedazos, nas curvas parecía que a carrocería ía para un lado e a cabina para outro, as ramas dos árboles a beira da estrada polvorenta, moitas veces rozabanlle a cara chena de sudor e pó.
    
Tony, moi cansado de tanto sobe e baixa na cabina do camión e con a barriga "roncando", pensaba, ¿será que non vamos encontrar unha taberna e parar para comer algunha cousa? Soamente despois de máis de medio día de viaxe, o coronel parou en un pequeno poboado onde apenas se vían nenos descalzos e barrigudos, daba a impresión de que a pesar da barriga, os nenos eran esqueléticos, desnutridos e esfarrapados. Baixaron por uns intres para beber algunha cousa e comer un trozo de "carne de sol" (carne de boi seca ó sol) nunha taberna que mal se tiña en pé: Era era feita de barro con palla e paus cruzados, a porta era feita de unhas varas entrelazadas con "cipó do mato" e o teito feito con follas de coqueiro. O coronel foi entrando e saúdando ó dono da taberna ó estilo ben popular daquela rexión do interior baiano:
    
—¿Como está señor Filó? "¡Tá booomm!!!"
    
—¡Oh xente! Non o estaba coñecendo, señor coroné. Estou ben sí, os nenos é que están un pouco enfermos e a muller vai máis o menos, un día ben e outro día mal, o coroné sabe como son estas cousas da labranza.
    
Despois de comer uns pedaciños de carne seca ó sol con un pouco de fariña de mandioca, o coronel pediu unha "branquinha" (Unha copa de augardente feita de cana de azúcar) para limpar o pó da garganta. Tony, que tamén estaba intentando acompañar ó novo patrón para satisfacer un pouco o estómago, empezou a rachar unhas tiriñas de carne, untándoas con un pouco de fariña. El non estaba moi acostumado con o tipo de augardente (a branquinha) e pensaba: "debe de ser moi parecida coa augardente de uvas que súa familia producía no Ribeiro, alá en Galicia".
    
Bebeu un goliño para experimentar, pero, facendo unha cara de quen bebeu e non lle gustou, asimesmo, el tiña que mostrar que non era fraco e repitiu un pouco máis limpando a garganta do pó que saía da estrada, imitando así ó coronel Trindade.
    
O coronel, antes de subir ó vello camión "pau de arara", como el o chamaba, gritou ó señor Filó — ¡Mira Filó! Eu estou deixando para tras o máis importante, enchin a panza, limpei a garganta, pero non merquei o material pra encher a panza de un metido a besta alá nas proximidades da facenda, o "cabra" xa me roubou algunhas veces e non o consigo pegar.
    
Respondeulle o señor Filó:
    
—Coroné, ¿pero o señor aínda vai a levar comida para ese gato montés que o está roubando no escuro?
    
—Non meu amigo, non. A comida que voulle dár, ti non a vas a querer, eu che aseguro que non.
    
—¡OH xente! ¿Que comida é esa, entón?
    
—Esa comida sai moi pronta para tapar a boca do ladrón polo cano de unha bocacha que teño alá na facenda Dame logo un quilogramo de pólvora e outro de munición de plomo, daquela que levo sempre para espantar a onza pintada que algunhas veces me come algún becerro.
    
Ó chegar as súas terras, o coronel foi logo enseñándolle algunhas divisas marcadas por cercas de arame de picos. Máis adiante avistaron unha plantación que se extendía por varios quilómetros: de millo e "macaxeira" ( un tipo de tubérculo parecendo patacas moi grandes)
    
Tony quedou asombrado pola extensión das terras, o poboado onde el había nacido en Galicia, cabía dentro da facenda e aínda sobraba lugar para construir algúns campos de fútbol. O coronel ollouno e díxolle, mira meu galeguiño, eu sei que ti non entendes moi ben estas cousas; aquí, o modo de lidiar con o gando e coa agricultura, é ben distinto dalá na túa terra, aquí, as cousas son máis bravas, moitas veces se resolven con a pistola, na bala, non te asombres non, logo-logo te acostumas.
    
Tony sofre un pouco do estómago ó principio e, nos últimos días vén andando bastante nervoso, iso ocorre, principalmente polo cambio das comidas e da ansiedade de poder encontrar un rincón en definitivo igual ós outros patricios, onde poida traballar en paz e reconstruir súa vida nesta nova terra.
    
Despois de ver a maior parte da facenda e coñecer algúns peóns e o capataz, é acomodado nun pequeno cuarto ó fondo da casa- matriz, o propio capataz dalle orientacións do seu novo traballo e algunhas regras que debe seguir para que todo poida estar no seu lugar. Os primeiros días come xunto con os criados que ten algunha regalía e normalmente prestan servicios de caseiros á familia do coronel.
Con o pasar do tempo, o problema estomacal do Tony, levao a tal punto que queda sen forzas suficientes para cumplir súas tarefas de rutina xunto con o compañeiro Dedé que foi indicado polo coronel para instruílo en sus tarefas. A intención do patrón era entrenalo para despois, se dera certo, administrar outra facenda que tiña a poucos quilómetros dalí. O compañeiro vendo que el non se alimentaba moi ben, recomendoulle unha medicina natural que sería "apuntar e matar" no resultado esperado.

    
—¡Olla, é un remedio caseiro! Pero moi eficiente nalgúns casos, afirmoulle o Dedé.
    
Tony segue esas recomendacións para enfrentar a dureza do interior de Bahía.
    
Un día o coronel fíxolle unha visita pola noite en seu cuarto de durmir: petou na porta e logo é recibido con un apreto de man e pídelle para que se sente na propia cama, o único tamborete que tiña estaba ocupado con unhas roupas que cambiara facía poucos minutos. A conversación foi centrada en súas actividades xunto con o compañeiro que xa se fixera seu amigo nas horas máis difíciles de tódolos días no campo.
    
Á saída, o coronel quitou do bolsillo dos folgados pantalóns algún diñeiro e extendéndolle a man, díxolle: toma isto aquí, é para o caso de que necesites mercar algunha cousa. O domingo que vén haberá unha pequena festa despois da misa nun poboado aquí próximo. Ti podes ir con Dedé ou, se queres, tamén podes ir xunto con nosoutros: eu, miña muller e os dous fillos, é dicir, a señora Marianiña, o Zequiña e Aniña.
    
Dedé e Tony, xeralmente facían os servicios que exigían menos esforzo físico pero máis responsabilidade. Nalgúns casos, Dedé notaba que o compañeiro non tiña a debida práctica no traballo e aquilo deixabao un pouco incomodado porque o outro era extranxeiro, e imaxinaba que tivese máis habilidades e coñecementos no campo, a final de contas, era oriundo de unha rexión de campesiños. Un día para experimentalo, deixouno só intencionalmente, refacendo unha cerca de arame de picos do curral das vacas de leite, cando volveu, viu que o servicio non había sido executado d´acordo como era o costume. Acercouse del e preguntoulle:
    
¿Ti non estás acostumado en este tipo de servicio, non é verdade?
    
A o que Tony lle respondeu prontamente:
    
—¡Iso non meu caro amigo! Traballei si señor, e moito na casa de meus pais na agricultura e con o gando tamén, a maneira de facer as cousas é un pouco distinta, non ten as mesmas necesidades e tampoco os materias son os mesmos, talvez sexa iso.
    
—O capataz dalle unhas palmadas en súas espaldas: non sexas tolo, eu só che quero axudar, pero, con outro podería ser diferente colocándote en apuros. Olla, cando o servicio non queda ben feito, o patrón ordena facelo outra vez, entón, ¿porque esperar pasar por esa vergonza?
    
—¡Dame iso ahí! — Agora mesmo eu che enseño cal é a mellor maneira de facer o servicio ben feito en menos tempo. En poucos minutos a cerca había sido refeita con o acompañamento de Tony e, preguntoulle novamente:
    
—¿Consegues facer o mesmo que eu fixen en este outro trozo que está sen facer?
    
—Claro que sí, cando menos vou intentar facer o mellor posible.
    
Dedé quedouse atento á execución do servicio para poder correxir calquera descoido do Tony.
    
—¡Está listo! ¿Que tal? Preguntoulle o Tony.
    
—¡Moi ben galeguiño, excelente! O patrón sentiríase satisfeito, pois, recomendoume que tivese moita paciencia contigo.
    
—Moitas gracias por túa axuda, amigo.
    
—Agora, como premio, toma un cigarro de palla.
    
—¡Non! ¡Iso non! Eu non teño o costume de fumar ese tipo de cigarro, dame mareo.
    
—Que nada home, replicou o Dedé. Os que se marean son os mosquitos que non nos deixan en paz. ¡Toma! Encéndeo e fuma ata terminar.
    
Tony ata entón non había entrado en contacto directo con a familia do patrón, en verdade, apenas con os criados da facenda e, é claro, con o coronel. No día da festa da localidade, despois da misa celebrada en unha humilde capela, el sentiuse máis libre con todo o persoal dos arredores e, a pesar de que el sabia que era un páxaro extraño no niño. Como era moi proximo, uns dous o tres quilómetros da facenda, volveu a pé con algúns compañeiros de traballo e ó mesmo tempo, durante a camiñada, tivo a oportunidade de coñecer mellor a toda xente daqueles lugares.
    
Como aquel día case todo o mundo estaba folgado, só uns poucos ficaron nas actividades que non podían parar. Ó anoitecer, a dona "Marianiña" mandou invitalo para tomar un café con a familia, talvez para intentar agradar ó Aquilino, que era seu coñecido e tamén a Isaías que era amigo de uns coñecidos seus en Salvador. Ela sabía do interés que os dous tiñan polo Tony canto a o seu ben estar e tamén pola recomendación do coronel que, mesmo en súa ausencia, ordenaba que el tivese un tratamento diferenciado, ó menos mentras o merecese. Xa eran altas horas da noite e, a pesar de todo, el era un empreado e tiña que comportarse como tal, así, en un dado intre, pediulle permiso para ir a durmir.
    
Aquela noite, Tony pola primeira vez sintiu o seu corazón pulsar un pouco máis forte que de costume. Aniña, a pesar de ser moi noviña, talvez uns quince o dezaseis anos, tiña un corpo de moza casadeira e un rostro moreno inmaculado. El raramente levantaba a vista para mirar á moza de frente, o máximo, na distracción de dona Marianiña, o Tony ousaba mirar ollo a ollo por unha fracción de segundos. Ela tiña uns ollos negros e grandes que enfeitizaban á menor ollada.
    
Era un sentimiento moi forte que Tony non podería aceptar naquel exacto momento que estaba comenzando a integrarse naquel medio e, ademais de iso, tiña outras prioridades para ser conquistadas, nada podería dificultar para alcanzar sus obxectivos. Como el comía xunto con os criados da casa e non con os traballadores do campo, a miúdo tería que convivir con ese problema, pois, a mociña estaría sempre por preto disposta a provocalo de forma moi cariñosa.
    
O coronel, unha o dúas veces ó mes, viaxaba para Salvador a fins dabastecer a despensa de casa daquilo que non era producido na facenda e ó mesmo tempo resolver algúns problemas naturales de todo estancieiro. Nun de eses viaxes, o Isaías entregou unha carta para o galeguiño, como o coronel lle gustaba de chamalo, nesa carta, el recibía a incumbencia de esperar nubha determinada data, a un seu familiar que viaxaba para São Paulo e traíalle unhas encomendas de seus pais, alá da Terra de Montes, Galicia. Con esa disculpa, non moi dagrado do coronel, pois, naquel intre xa desconfiaba que a súa filla querida estaba empezando a enamorarse do Tony, e non quería ver súa única filliña sufrir antes do tempo. A pesar de iso, tiña certeza que o chaval non a importunaba, ela era máis ousada que el.
    
Na primera oportunidade máis próxima da data marcada na carta, Tony viaxou para Salvador quedando uns días na casa de Isaías, ata a llegada do barco no Porto de Salvador. Durante súa permanencia na cidade, visitou algúns compañeiros que viñeran xunto con el de España e traballaban no comercio con uns parentes e, ó mesmo tempo, sondeando unha posible volta definitiva para Salvador, mesmo que tivese que traballar noutra actividade que non como dependente de comercio.
    
Aquilino, que era veciño máis próximo do Tony, dunha aldea da Terra de Montes, soube por Isaías, da vontade que el tiña de retornar a Salvador e loitar por unha outra forma de vida; diferente da que tiña alá no lonxano e seco interior da Bahía. Mandou chamalo para conversar con el se lle interesaba traballar de albanel ou carpinteiro, mesmo que fora como aprendiz, tería menos problemas con a policía de extranxeiros o fiscales do traballo.
    
Tony, confirmoulle ó Aquilino a vontade de traballar na cidade por varios motivos, pero, o principal era ter que traballar o día enteiro debaixo de un sol que arrancaba o coiro e ó mesmo tempo, espantando as cobras, parece unha verdadeira selva, dicíalle el. Hai uns días, sen ir moi lonxe, matamos dous cascabeles que tiñan máis de veinte xouxeliñas e, olla que cada unha delas equivale aproximadamente a un ano de vida da mesma.
    
—¡Se nos chega a morder! A esta hora eu non estaría máis aquí para contar o feito.
    
En poucos días, Tony, xa estaba de volta na facenda pero, con a idea de quedar alí o menor tempo posible, xa tiña combinado con uns amigos de Isaías e de Aquilino para traballar con eles en unha obra que estaban empezando. Agora o problema era encontrar un medio de non disgustar o coronel e á filla. — El tamén lles quería moito — e sempre lle quedaría agradecido por todo o cariño con que o recibiron cando alí chegou.
    
"Aniña" ó saber das intencións de Tony, de que non quedaría alí por moito tempo, foi acometida de unha tristeza que case se quedou enferma. A comprensión de Tony que, con coidado para non envolverse moito, con un pouco de habilidade conseguiu convencela de que ó marcharse para Salvador, non significaba necesariamente que deberían deixar de ser, cando menos, bos amigos. Como o coronel tiña un apartamento amoblado na cidade de Salvador, cando ela quixera ir con o pai, tería onde estar por algúns días, desa maneira, non perderían unha amizade fundamentada con a maior pureza entre dous xovens que aínda non tiñan moita certeza do que querían.
    
O Isaías tamén procura minimizar o problema conversando con o coronel de forma que non quedasen resentimientos entre persoas que se consideraban amigas ou, cando menos coñecidos de amigos en común. Xa de volta en Salvador, o Tony pediu ó Isaías para que lle indicase unha pensión máis próxima onde ía a traballar e ó mesmo tempo que o axudase para arreglar a documentación definitiva que lle daría o dereito de traballar en calquera actividade.
    
Olla Tony, polo que eu sei a respecto do prazo legal para poder cambiar a documentación, aínda faltan algúns meses, despois de ese plazo, ahí sí, ti traesme os papeis que vou ver o que podo facer para poñelos todos na orden, respondeulle Isaías. Dito iso, foron a reservar un cuarto en unha pensión que era de un portugués e que xa habían quedado combinados por teléfono. O señor Matos, que era o propietario xunto con a esposa, ó velos entrar, foi logo presentarse e preguntoulle a Tony se xa tiña chegado había pouco tempo de España.
    
—¡Non! Respondeulle Tony, xa estou sufrendo aquí na Bahía hai bastante tempo.
    
Despois de enseñarlle o cuarto que dividiría con outro hóspede, quedaron conversando sobre algúns detalles e normas da pensión... Mentras tanto, a señora María, que era a esposa do señor Matos, quedou falando máis un pouco con o señor Isaías; así ela o chamaba, eles xa eran vellos coñecidos, principalmente porque tamén eran clientes de seu almacén e unha de súas fillas era novia de un español. Isaías preguntoulle á señora María se xa habían discutido a mensalidade e as formas de pago con o Tony, pois, el tiña que volver pronto ó Almacén para resolver uns problemas pendentes de súa presencia e non podería tardar moito.
    
O señor Matos que escoitara a pregunta feita por Isaías a súa esposa e como era moi divertido, díxolle: mira "Meria", coidado con ese galeguiño, colle logo o diñeiro adiantado. Isaías e Dona María entre olláranse e sorriron, pero, Tony que aínda non coñecía os seus modos de ser, púxose como un tomate ben maduro de vergonza, a pesar de saber que non estaba falando en serio. El xa sabía a través do Isaías que tiñan dúas fillas moi simpáticas e bonitas, que era unha familia moi respectada e traballadora, polo tanto, non debería envolverse amorosamente e, ademais de iso, as dúas xa estaban comprometidas. Unha delas, era novia de un fillo de outro portugués, un comerciante de flores.
    
—Porén, en verdade, ó señor Matos ben que lle gustaría ver a unha de súas fillas, cando menos, enamorando con Isaías, mesmo sabendo que el non quería asumir ningún compromiso serio por varios motivos: deixara unha novia alá na Terra de Montes, en España e ademais de iso era moi xoven e con outras prioridades por agora. Por ironía do destino, as cousas non camiñaron como el as había planexado cando saiu de Galicia. Moitas veces, sen saber explicar o motivo polo cal procedemos impulsados por unha forza irresistible que nos leva contra a marea a facer cousas das cales nos poderemos arrepender máis tarde.
    
Tony entrou no cuarto para quitar as ropas da maleta e poñelas en un pequeno armario con dúas portas, unha para cada hóspede: Abreu a maleta, un pouco agachado e ía separando as cousas encima da cama, cando de repente, ve a porta abríndose e entra un home de boa apariencia que o saúda xentilmente.
    
—¿Como vai vostede?
    
Tony levántase un pouco sorprendido e respóndelle:
    
—¡Ben, gracias!. ¿E vostede como está?
    
—¡Moi ben!
    
A pesar de toda esa xentileza, Tony o mira darriba a abaixo con unha mirada inquiridora. O home simula unha sorrisa ó pasar por diante del na dirección de súa cama dicíndolle, xa que vamos a ser veciños voume presentar: meu nome é Roberto ¿e o seu?
    
—Eu chámome Tony.
    
—Ben, espero que poidamos dividir as cousas de común acordo aquí dentro do cuarto como dous irmans: o roupeiro con dúas portas e a mesiña con dúas gavetas.
    
—Claro que sí, non faltaría máis...
    
O novo compañeiro colleu a toalla e a xaboneteira saíndo en dirección para o cuarto de baño e díxolle: vou a lavarme un pouco e volvo rápido antes de comer. Aínda non había saído, cando aparece unha criada de voz bastante grave, chamando no pasillo: Os señores xa poden vir a sentarse á mesa para comer.
    
Tony puxo a cabeza para fóra da porta a fin de certificarse se era por eles que estaba chamando; a criada ó velo, fíxolle señas con a mao que poderían vir a sentarse para comer.
    
Os demais hóspedes ó ouvir a voz da moza, en poucos minutos xa estaban en sus lugares agardando para comer, en canto uns conversaban con os outros. Tony ouvindo a conversación de dous xovens en un rincón da mesa, observou que eran españois e preguntoulles:
    
—¿Vostedes son emigrantes de Galicia?
    
—Sí. ¿Por que?
    
—Tony sorriu e díxolles, entón somos compatriotas, eu tamén son de Ourense...
    
—Nosoutros somos de Pontevedra.
    
—¡Que ben! Asi poderémonos ver aquí tódolos días! ¿Está ben?
    
—Sería moi bo pero, nosoutros soamente vimos comer nesta pensión cando estamos na cidade; somos vendedores viaxantes de unha empresa de bebidas de propiedade de un español.
    
¿E ti en que traballas?
    
—En verdade, por agora estou sen traballo, esta semana cheguei do interior de Bahía e dentro de uns días debo empezar a traballar na construcción xunto con outros patricios tamén de Pontevedra igual a vós, alá da Terra de Montes.
    
En calquera actividade, o principio non é nada fácil, nosoutros gastamos moitos días máis suelas dos zapatos do que gañamos na venda de bebidas pero, sobrando para vivir, é mellor que nada.
    
Eles xa estaban saíndo cando o Tony lles preguntou:
    
—¿Coñecen ó Isaías, do Almacén Chame-Chame, alá da Barra Avenida?
    
—¡Claro que sí! El é un de nosos mellores clientes de bebidas e, ademais diso, somos compañeiros alá no Centro Español e de outros paseos pola cidade, sempre que podemos divertímonos un pouco. A vida non consiste soamente en lamentacións e tristezas, temos que buscar novas formas para adaptarnos a novos costumes, facendo sempre novos amigos e así, todos xuntos, encontrar oportunidades que nos poidan levar a progresar de forma máis segura e máis rápida, axudando uns ós outros, cando sexa posible.
    
O señor Matos que estaba sempre atento, aproximouse deles preguntándolle:
    
¿Vostedes xa se coñecían?
    
¡Non! Respondeulle o que era máis falante. Isaías un día deses falounos que estaba esperando un seu coñecido que viña do interior de Bahía, preguntándonos se nesta pensión había algún cuarto disponible pero, non sabíamos de quen se trataba, hoxe é a primeira vez que nos vemos. Como de costume, o señor Matos saía con súas bromas pero sempre con un corazón moi grande para axudar ós outros.
    
—Ollen, entón eu vou presentalos: este é Tony e estes dous rateiros son os galeguiños que me arrancan o coiro cando me venden a bebida, pero, en realidade, son todos fariña do mesmo saco ou mellor dito; somos, porque eu non son mellor que vosoutros e concluiu: Este baixiño é Tomás e este delgadiño chámase Pacorro.
    
Naquela noite, Tony foi durmir con un certo recelo, a pesar das xentilezas, polo de agoranon confiaba moito no compañeiro de cuarto, cando menos ata coñecelo mellor. El adormeceu e soñou con Aniña, a filla do coronel e algunhas noites despois volveu a soñar, pero, desta vez, quedouse moi preocupado.
    
A pesar de ser apenas en soños, o coronel o ameazabao se non se casase coa filla pois, polo comportamento de Aniña, desconfiaba que algo de malo puidera ter acontecido entre os dous. Mesmo con a conciencia tranquila, Tony procura Isaías para explicarlle o que lle viña pasando nos seus soños que xa se tornaran unhas pesadillas. Despois de confidenciar con o amigo, parece que quedou máis tranquilo porque eran apenas soños de noites mal durmidas polos problemas que o atormentaban.
    
Ós poucos días, antes de final de ano, un grupo de emigrantes liderado por Isaías e un de seus maiores amigos, o Lamoso; pretendían conmemorar con unha cea típica da súa Terra, das aldeas de Galicia, claro que aquí poderían contar con algunhas regalías a máis... Tomás e Pacorro, como traballaban na rúa, quedaron encargados de organizar o grupo e marcar o lugar da Cea de Nadal, facendo as debidas encomendas; máis ou menos combinadas polos idealizadores do evento. O lugar sería cedido por Lamoso ó lado de súa casa comercial.
    
Foi un reencontro con as raíces ibéricas de moitos compañeiros que, de certa forma, algúns xa estaban un pouco despistados en razón da loita incesante por días mellores, e, por iso, nen sempre era posible que se xuntaran todos. Tamén había unha novidade no grupo: Desta vez nen todos eran galegos como case sempre acontecía, porén, eran todos españois. O nome do novato, dentro do grupo, era un pouco raro con relación ós demais — El chamábase Javier Galláiztegui, de orixe vasca, pero español de pura cepa como tódolos demais, incluso, é posible que haxa unha relación de seu apellido coas propias tribus galaicas de un pasado remoto. Das raíces: Cal, Gal, Gallaecia... Galláiztegui, despois de beber e comer, case que ó final da Cea, pediulle a Isaías que falase algunha cousa con relación á data, pero, naquel intre dos acontecementos, Isaías xa sabía que ese señor moi simpático, era unha persoa moi ben preparada, cando menos máis dos que alí estaban na Cea. Por iso, respondeulle con a mesma xentileza, dicíndolle:
    
—Ben Javier, eu agradezo teu pedido para dicir algunha cousa nesta Noite de Navidade pero, polo que me contaron hai poucos minutos, ti és o que ten as mellores condicións de falar a respecto de tan significante data. Por favor; levántese e fáganos olvidar un pouco nosa "morriña" galaica.
    
—Aplausos dos presentes apoiando o pedido de Isaías ó Javier—.
    
Este acontecmento, en verdade, foi algo que a maioría nunca máis o esquecería. Javier era brillante e sabía como sensibilizar as persoas e, principalmente, a quen estaba lonxe de súa Patria nun momento tan solemne daqueles. Javier era un pouco maior que os demais do grupo, segundo Tomá, que era quen primeiro o había coñecido. Con dezaoito anos xa loitara na guerra civil española; el estaba alí na condición de exilado político e, xa pasara por Franza e México con destino ó Brasil, onde tiña unha irmá establecida con unha pequena librería na cidade de Salvador.
    
—É unha cousa moi rara, díxolle Lamoso a algúns compañeiros, o feito de existir dentro de España un rexionalismo moi forte a punto de provocar moitos problemas para o Goberno Central de Madrid pero, fora dos contornos peninsulares, a noción de Patria única, era algunha cousa moi forte, principalmente cando se trataba de emigrantes, onde apenas existían españois, sen levar en conta os rexionalismos ou outras consideracións que puidesen depreciar o sentido de un patriotismo maior.
    
Isaías, ó ouvir o comentario de Lamoso, tamén se quedou moi curioso e entrou no mérito da cuestión rexional de España, onde os vascos, de un modo xeral, son os máis radicales nalgúns aspectos. E díxolles:
    
—Ollen, eu non estou d´acordo con tódolos actos cometidos por algúns nacionalistas vascos porén, —sempre os admirei moito—. En verdade, eles ten características diferenciadas da maioría de outras rexións de España, principalmente por súa lingua que é unha das máis enigmáticas e antiguas do mundo, ademais de iso, polo pouco que eu sei da historia da península ibérica, hai moitos indicios de que o idioma vasco poida ser autóctono ó mellor, talvez un dialecto da lingua dos íberos que habitaron a península en tempos remotos.
    
Segundo o historiador español "Ispizua", Vasconía case que sempre colaborou coas demais rexións históricas da Península Ibérica, nas empresas máis gloriosas da Patria, comentou Isaías. Eu non teño a pretensión de extenderme no tema, porque creo imposible citar os feitos tan abundantes que sería necesario un outro momento máis adecuado ó asunto e, en esta data, noso obxectivo é a reunión da Noite de Nadal, pero, se mo permiten, gustaríame narrar algunhas pasaxes inéditas e heroicas do pobo vasco, que como o pobo galego, sempre foi inxustizado polo Goberno de Madrid. Entre moitos outros grandes heroes vascos, citarei "Sancho o Maior", que imprimiu grandes e novos rumos á Historia Patria; "Fernando I o Magno", que foi un gran guerreiro como o demostran súas conquistas; grande como organizador e reformador conforme atestigua o Concilio de Coyanza e outras tantas iniciativas; grande como constructor como o proban " San Isidoro de León e os monumentos; grande como promotor de cultura, tanto dos estudios públicos patrocinados en Santiago de Compostela e estimulados con a participación — como alumno — de seu fillo García entre os demais alumnos. Tamén con a fundación da Escuela Palatina, onde cursou seus estudios a Infanta Doña Urraca, súa Filla (...). Continuou a narrar o Isaías:
    
A importancia e destaque da mariña vasca, dende a Idade Media, nas empresas marítimas de Castela e de toda a España. A maior parte das escuadras eran construídas, armadas e equipadas en Vizcaya e Guipúzcoa. Foron tamén os vascos os que incentivaron Castela á conquista das Illas Canarias en 1393, iniciando a presencia de España no Océano Atlántico que, de certa forma, abriu a posibilidade do descubrimiento das Américas máis tarde. Nos séculos posteriores tamén foi esta pequena rexión histórica de España a que máis contribuiu con grandes navegantes e "colonizadores", como exemplo citaremos a nave e case toda a tripulación da "Santa María" que era de orixe vasca (...)
    
Sería desnecesario recordar o que debe España e o mundo inteiro, ó xenial Santo Ignacio de Loyola, na orden relixiosa, que rompeu todos os tabús utilizados ata seu tempo, en esta clase de institucións ó servicio de Cristo Rey con o nome de "Compañía de Jesús". Soamente quen ignore a historia da Península Ibérica e da propia España, pode poñer en dúbida a participación efectiva da rexión vasca na vida española a través dos séculos. Inclusive na vida relixiosa de Brasil pois, como se sabe, xunto con o Padre Vieira, o Padre José de Anchieta que, a pesar de haber nacido nas Illas Canarias, no Municipio de " San Cristóbal da Laguna ", era de orixe vasca. El tamén foi un dos fundadores da cidade de São Paulo, en Brasil.
    
O "Padre" José de Anchieta era fillo de Juan López de Anchieta, do solar de Urrestilla, xefe dos "Comuneros" (levante popular en 1521 contra o rei Caros I). Ó ser derrotados os Comuneros, Juan López tivo que emigrar para as Illas Canarias, onde se casou con unha viúda de nome Mencía Díaz de Clavijo. Ela era descendente dalgúns dos conquistadores de esa illa (cristiáns novos), xudeus conversos, polo tanto, era neta de xudeus.
    
Claro, que hai moitas dúbidas para aclarar porén, de calquera maneira, os españois debemos ter orgullo de todo iso, cando menos eu o teño, finalizou Isaías; ó que Javier completou agradecendo en nome de todo o pobo vasco e, particularmente, en seu propio nome e da Patria grande, España, por haber recordado algúns dos grandes heroes españois de orixe vasca.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega