m1valladaresmajina014.html
Sabemos
ja a causa d'o gran pesar d'o marques qu'á ninguén quixo
deci-l-a, incluso a sua muller, pois, de decirll'a, ou sabe-l-a
esta, choraría coma él, avergonzada o ver que seu herdeiro, seu
fillo único, lujára á un tempo o honor d'as casas de
Tria-Castela e de Sancti-Petri. D'ahí que nin á ela, nin o
mismo Salvio, dijese tampouco o oujeto e causa d'a sua promesa,
d'a promesa feita por encargo de Veranio. Díjolles, si, que pra
Terra-Santa e Compostela sairía á cumplir un secreto voto:
respetaron ambos, sin a menor curiosidá, a sua oferta; mais o
indicarll'a á Salvio, Salvio contestou que o acompañaría,
tardesen o que tardasen. Saeu: acompañou-no o de Rebordan, e se
durant'a pelegrinacion soupo este, con tristura, o que saber non
quixéra, qu'o profanador d'a sua querida, o pai de Majina, d'a
chamada espúrea, fora Veranio, o fillo d'o amigo mismo á quien
acompañaba, atrebúyas'a casualidá ou a Providencia e sirva
hasta pra probar que nada o marques lle dijo, nada Salvio lle
preguntou.
Sabemos que Veranio en mil
oitocentos cincuenta estaba en Santiago co-a Marquesa sua nai;
sabemos tamen qu'en París morreu arrepentido d'o seu delito;
sepamos ahora cando e porqu'á París marchou.
Veranio, qu'en mil oitocentos
cincuenta contaría de dezanóve á vint'anos, logo qu'a
conciencia empezou a remorde-l-o d'o torpe feito, tuvo congojas
é amarguras, com'Otilia, ben que mais aguilloantes, pois
sentia-as o propio delinquente, mentras qu'en Otilia era a
inocencia quen sufría. Confesouse; e como d'algunha maneira era
preciso repara-l-o daño, tendo en conta as circunstancias
gravísimas d'o pecado e d'a ofendida, alcanzar, o ménos, seu
perdon, e como para esto era menester tamen da-l-a cara, facerse
reo, decir, en fin, qu'él fora quen o lustre empañara d'a sua
casa e d'a de Sancti-Petri, Veranio, que tales cousas resistia e
a naide, nin a seu pai, queria declararse, n'achando confesor que
o ansolvere, deijou de confesarse, pro non a conciencia
d'acusa-l-o. Loitou co-ela, e vencido, trataba, cal Otilia, de
matarse, siquiera eligise a pistola. Mas dou a sorte s'evitara o
lance, atopándoll'un dia sua nai a escondida arma e levandoll'o
pai pra que a gardase. Gardou-na o punto o marques e suspeitando
estonces algun mal pensamento d'o seu fillo, á quen hachaba
desconocido e malenconico dende que chegaran á Madri, pois,
contr'o qu'antes lle pasaba, nada ali o satisfacia e
aleijabas'hasta d'os amigos; vendo-o precupado sempre, qu'a naide
falaba, sin que lle falasen; considerando, en suma, qu'amorios
andarían de por medio e sería forza esparjell'o ánimo, levar
sua atencion a oujetos novos que novamente e d'outra maneira o
impresionasen, ideou, d'acordo co-a Marquesa, face-l-o ir o
extranjero, mais sin que Veranio s'apercibise d'o fin qu'eles en
isto se propúñan. Dijeronll'o con astrucia, indicandolle
diferentes puntos. Veranio alegrouse moito, eligeu París, e en
mil oitocentos sesent'edous, cando á Galicia viñan o Marques e
Salvio, Veranio, por primera ves, saía á Francia.
Quixo o principio engañars'á sí
mismo, enlouquecers'entr'o refinamento de mil volutosidades e
placeres, estrago d'a mocedá; pro alí, como en todas partes,
perseguia-o un recordo que non podia matar, o recordo, vivo
sempre, d'o seu delito. Aconteceu que, saindo á unha cita,
ávedo d'impuras sensaciones, iba certa noite po-l-a calle, e
chegando a casa señalada, o que n'ela s'atopou foi, ¿qué
dirán nosos leutores? Un cadavre, o cadavre d'a persona a quen
citara e qu'a pouco d'entrar alí, caera morta de repente.
Extremeceu o home, veu inmediatamente á sua imaginacion o baile
en Santiago d'as Candeas, e como se cataratas d'os ollos lle
tiraran e un mundo novo ant'eles lle puxeran, quedouse estateco
mirando-o, chea d'horror a alma d'angustia o corazon. Avalaba,
queria fujir e apenas s'estrevia; figurabaselle qu'a terra
s'abria pra traga-l-o. Sacou maquinalmente un bolso de diñeiro,
guindou-no ali, volveu costas o cadavre e baijando as escaleiras,
enfermo case retirous'á sua posada. Meteuse n'a cama o golpe,
coidando d'asosegar, pro non, que remordementos sobre
remordementos de toda a vida sua desenvolta o corazon lle
sofejaban, a sangue subiasell'a cabeza e puxose realmente
enfermo. Chorou estonces, esaminou miudamente a sua conciencia e
disposto pra confesars'o outro dia, buscaronll'instruido
sacerdote, con que, n'afeuto se confesou e sigueu confesandose
moitas veces n'os poucos que viveu dempois. Resultado d'estas
últimas confesions e a carta po-l-o mismo sacerdote aconsellada
e que morto ja Veranio dirijeu aquel o Marques po-l-o correo.