Memorias dun esquelete de aldea

Páxina Anterior

Capítulos nº 5-8

Páxina Seguinte

v1xlripaldamemorias002.html

V

Por mor da guerra os alimentos comezaron a escasear debido ó racionamento que deles se facía .E si alguén quería algo extraordinario tiña que pagar a precios ben altos . Así comezou o contrabando de certos productos , entre os que destacaba o café.
     Todo esto faime lembrar do Chinto ¡ Pobre home! afogou no río cando fuxía dos gardas cun saco de café cheo ó lombo . Entre que non sabía nadar moi ben , o peso do saco e o medo que levaba ,acabou engolido pola auga . Apareceu abaloufado como un folecho , feito unha prea , no recanto dun río logo duns días .¡ Como fedía o adro ! Xa sabedes o cheiro que dan os afogados . Menos mal que apodreceu de contado , porque a maior parte do traballo xa o fixera a auga.
     Tamén foi mala sorte que aquel día tocáralle patullar ó " Virutas" , un dos máis asañosos perseguidores de contrabandistas entre os gardas da zona .Era un deses gardas que se tomaban moi en serio a súa profesión . E mesmo quería continuala de morto .
     Fora coñecido co alcume de " Virutas" porque sempre tiña a mesma frase nos beizos : " Vouvos facer virutas a todos" . A súa figura coa carabina e o tricornio , pois así ordenou que fose enterrado nas súas derradeiras vontades, fixósenos familiar sentado na lousa da súa tumba.
     Unha noite o Virutas " recoñeceu o Chinto debido a maneira de camiñar , como tiña os pes planos , mesmo de esquelete conservou o costume de andar como o fixera en vida. Ese foi sempre o principal motivo polo que tivera tantas dificultades para fuxir.
     O velo o garda berrou : " ¿ Con que tamén estás ti eiquí ? Xa que non che puiden botar as zoupas en vida , vouchas botar agora de morto " Aínda que o Chinto , como puido deuse o piro con varias costelas dependuradas . Por sorte no adro temos un cerralleiro que cuns aramios arranxoullas . Desde aquela o Cinto ten moito tino de non atopar o Virutas e fuxe del coma de can adoecido.
     O asunto do estraperlo non ramatou no adro , pois da mesma maneira que os escapados consideraban as tumbas como un lugar seguro para achntarse , tamén os contrabandistas pensaban que o cimeterio era o mellor sitio para o seu abeiro para as partidas de café. E así un día o Candea que baixaba de acender a lámpara como tódolos días , levou un susto de morte cando viu como saía xente dos nichos . Tal foio ruído que fixo que chamou a atención ós contrabandistas . O achegarense a el , viron que co medo apenas podía artellar palabra . Desde o meu nicho eu sentía como intentaba falar sen conseguilo . Finalmente escoitei como se laiaba ós contrabandistas pensando que eran os da Campaña.:
     -¡ Non me levedes convosco ! ¡Non me levedes covosco !
     Un deles decatándose do seu medo dixo:
     -Con este non hai caso pensa que somos alma en pena .
Non obstante , outro quixo asegurarse de que non os ía a descubrir e díxo:
     -¿ Como digas algo , a vindeira vez non te libras ...!
     O crego , ó ver que tardaba tanto en volver o Candea , baixou entón ó adro e aló nun recanto atopou o pobre do sacristán , polo que lle dixo:
     -¿ Que fas aí ho ? Estache a noite como para andar ó fresco...
     -¡ Vaites , vaites!- escoitei que lle dicía o abade - ¿ Con que os da compaña ? Pois seguramente coas presas non se decataron que deixaron atrás unha bolsas de café .
     O crego faltoulle tempo para dar aviso ós gardas . Estes mantivéronse a espreita , axexantes , un día tras outro ata que os colleron, repatíndolles paus a esgalla . O pobre do Chinto , recordando tempos , a cada pau que daban sentía tremar tódolos ósos , dando pequenos brincos.
     E o mesmo lle pasaba ó Virutas quen, tamén polo ruído que facía contra da lousa, daba choutos de ledicia e repetía : " Lume , lume de viquira".
     Os contrabandistas, despois do escarmento que tiveran , deixaron de ir polo adro cousa,que que os esqueletres agradecemos pois non gusta que pola noite haxa sempre alguén que veña a aburarnos . Aínda que non había de ser esta a súa última visita como xa vos contarei .
     Se os contrabandistas causáronlle un bo susto ó Candea , non foi menos o que levei eu poucos días despois deste suceso. Pois as follas das miñas memorias estaban ciscadas no fondo do nicho, faltábame o lápis e mesmo había ringleiras que estaban tachadas : eran párrafos nos que se nomeaba o Virutas .Por tanto o autor de aquela desfeita estaba claro que fora el .Cando o volvín a ver díxenlle :
     -Virutas, o que fixeches de entrar no meu cavorco e deixar tódolos papeis ciscados non está nada ben . Ademais leváchesme o lápis ...
     ¿ Que me tes que dicir ? - inquiriu o garda moi encabuxado - Así que o poñendo dificultades á autoridade . Deberás de saber que que teño a obriga de revisar os escritos por si conteñen algo sexa motivo de censura .
     - Si , home, si ¡ tes ti boa a calamocha ! E xa que estoua falar dela , dame o lápis que tes cravado no burato da orella.
     - Bon , pídoche perdón polo do lápis , pero en canto ás outras cousas mantéñome no que xa dixen de ter que cumplir as miñas obrigas. Ademais non teño que dar explicacións a ninguén .
     A todo esto repliqueille eu dicíndolle :
     - Se a xusticia non tan que dar explicacións a ninguén , non te gabes de xusto , pois esa non é maneira de exercela.
     Mais o Virutas seguía coa súa teima de estar sempre en servicio permanente , e como non se viña ó carro o mellor era deixalo .


VI

A parte destas pequenas barafustas que de cando en vez organizaba o "Virutas" o acougo era total non obstante ía romper esta tranquilidade, cousa que non ocurría desde os anos da guerra . A causa foi o borboriño que eascoitamos nas conversas do adro por mor de que ían a facer panteóns altos que nos semellarían rañaceos a nós soterrados rente o chan , pois a ninguén lle gusta de que mexen por un. Ademais todo eso traería moitos lios ó comezar as diferncias sociais que tanto preocupan ós vivos . Eiquí estamos todos medidos polo mesmo raseiro , pero agora os que se enterren enriba de nós sentiríanse máis importante que os que estamos abaixo. E non digamos cando comezasen a edificar panteós de luxo . A realización dos devanditos nichos daría lugar a que o cimeterio se ampliase , cousa que era do agrado do crego , pois así seguiría tendo todo a man : igrexa , camposanto, rectoral . E no caso de que no se fixese iso, habería necesidade de construir outro cimeterio no cumio da aldea , esto acarrearía que o abade tivese que subir unha costa moi pina para acompañar ós cadaleitos . O que lle sería moi carestioso a causa da súa vuluminosa farpa.
     Por outro lado, estaba o Sindín dono xa de media aldea . Sempre se aproveitara da necesidade que algúns tiñan de cartos para mercar a baixo precio , así foi a maneira de que acadase un importante latifundio. E como pensaba que o cimenterio algún día habería que amplialo mercou uns terreos que lindaban co adro.Era dono dos vivos e agora tamén quería selo dos mortos Como diría o meu amigo , o escritor, un verdadeiro cacique.
     Entón xurdiu algo que nos tanquilizou a todos , foi o mestre quen nolo dixo:
     - Mirade , esta igrexa está considerada como monumento histórico artístico por contar cun pórtico románico.
     Agora falou o Chinto:
     - Non creo que ampliar o cemiterio teña relación con iso.
     Entón continuou a falar o mestre.
     - No caso de que se edificasen os panteóns aumentaría a lentura do adro xa en por si bastante avesío o que trairía como consecuencia que afectase ó pórtico
     Entón falou o Roquiño :
     - Vaille importar moito ó Sindín por el xa se pode caer o pórtico , o que lle respondeu o mestre:
     -Si, o Sindín poida que non lle importe , neso estamos de acordo , xa que pertenece a esa clase de persoas que tan só miran polos cartos , malia non pensarán o mesmo os da Academia de Belas Artes.. Por tanto teñamos esperanza xa que nada está aínda perdido polo momento.
     Despois de moitas retesías do Sindín e do crego , ademais doutras persoas tamén interesadas no asunto , o mestre acertara, o non haber permiso para tal ampliación. Esta vez o arte saíra triunfante.


VII

Da fiebre do Wolfran tampouco nos vimos libres pois o Bautista , o contrabandista de máis sona polas bisbarras da nosa terra tiña un ulido de can para dar coas pedras deste mineral . Así non se libraron bancos , ainda que estivesen no quinteiro do cuatel dos gardas, mesmo moitas lousas que nos cubrían a nóse segundo nos poidemos enterar ó escoitar unha conversa no cimeterio, as tumbas estaban no seu punto de mira.
     - Bon , eiquí podemos quitar unha boa tallada , hai cantidade de pedras de Wolfran , non me engañaba , pois en tempos houbo por estes arredores unha canteira , sen que ninguén se decátase do valor que tiñan as pedras , por eso que salferidas por esta bisbarra temos que pouco a pouco dar con todas.
     Entón falou un dos compinches .
     -Penso , que xa desfixémos bancos , anteiras de fornos , chafarices das fontes e agora tocalle ós mortos , isto xa non me empeza a gustar , as cousas do alén débense deixar quietas.
     -Mirade hai anos que traballades comigo ¿ podedes dicir se vos fallei algunha vez?- dixo o Bautista tratando de encalatralos.
     -E certo - falou outro dos homes- todo o que ti dices xa que sempre nos saíron ben as cousas , mais o vir a estos lugares nese plan a verdade e que...
     - Se tedes medo -atricou o Bautista-ímonos e acabouse . Non sei que clase de homes sodes.
     Ante as palabras do seu xefe viñéronse as boas , tampouco querían pasar por cocainas . O certo era que nos quedaba pouco tempo para pensar o que podiamos facer para librarnos deles . Entón foi cando se me ocurriu algo.:
     -Mirade , imos artoveitar que dous compañeiros do Bautista amosan bastante medo en vir o cimetrio pola noite .
     A esto respóndeulle o cerralleiro :
     -Non vexo eu que lles podes facer.
     -A cousa está clara meterlles medo , que xunto co que xa traerán non será necesario moito , mirade o plan vai a ser o seguinte pois segundo puiden escoitarlles non tódalas lousas son de wolfran polo que andarán a súa pescuda polo adro. Cando se vaian achegando a cada unha berradelles : esa non é vaite de acó para aló .
     E así sucedía cando intentaban forzar algunhas das tumbas , de tal xeito que o Bautista , que quedara na cancela do adro vixiando , o velos andar dun lado para outro berroulles:
     - ¿ Que andades a facer con tantas reviravoltas ? , ripade dunha vez as lousas.?
     -Pero como queres que as ripemos , si a cada unha que nos achegamos dices que esa non é - falou un con desacougo.
     Entón o Bautista xa moi estrañado berralles.
     -¡ Como dicides iso , senón abrín a boca para nada.!
     Esto deu lugar a que un dos ladróns ,que amosara máis medo, dixera:
     - Eran os de abaixo os que falaban , xa dicia eu que non se pode andar a xogar con estas cousas do alén.
     E dicindo esto emprendeu unha carreira , como levado do demo . Uns e outros fixeron o mesmo contaxiados polo medo , deixando ó Bautista pampano ,pois non chegaba a enxergar o que sucedera. Desta maneira volveu o acougo ó adro.


VIII

Sariña en vida endexamais deixara o seu home rematar unha partida de timba , pois zorregáballe un palitrocazo en plena partida , as veces non calculaba como debía e o golpe recibíao o que estaba sentadoo seu carón, así ninguén quería xogar co el.
     Cando pasaba certo tempo e non lle viña para a casa andaba, na súa procura pola aldea berrando ; non era estraño que o morrer a Sariña os primeiros días botase a xente en falta os seus axiordos .
     Agora no cimeterio tamén fai o mesmo , non pode ollar a ninguén xogando unha partida de : " pai, fillo e nai " xogo favorito dos esqueletes , xa que achégase por detrás , e revísalle as calamochas , segundo ela o seu home ten que ter o craneo cheo de marcas polos paus .
     Tanto abura ós esqueletes que lle dixeron un día:
     -Mira Sariña , deixate de andar ollando as caliveras , porque o teu home aínda está no mundo dos vivos .
     O que lle respondeo Sariña:
     -Iso non pode ser , o morrer eu tamén tivo que facelo el do disgusto , polo moito que me quería .
     Entón díxolle outro :
     -O teu home , eche un caso único , pasou a gloria sen morrer , por segunda vez .
Cando Sariña se arredou , dixo un dos que tomaba parte no xogo
     - Que queres dicir con iso de que pasou a gloria por segunda vez.
     Voucho a contar , en certa ocasión choutando dun balado, Sariña rompeu unha perna.
     -Cando foi xunto a Pepa , unha das mellores arranxadoras de ósos da bisbarra , díxolle :
     -Deberás acougar unha temporada .
     Entón preguntoulle moi interesado o home :
     - ¿Para canto tempo será ?
     -Pois tres mesiños polos menos , penso que non hai quen llos quite de acougo.
     Despois aproveitando un discuido de Sariña díxolle :
     -E non podía por un casual , facer estos tres mesiños polo máis. máis.
     A Pepa sorrindo faloulle así :
     Xa enxergo , por onde vas ti , e o mellor , poida que teñas sorte , pois estas cousas de ósos nunca se sabe como rematan.
     E saiu como esperaba o home ó alongouse a curación bastante máis dos tres meses , e así foi como puido acabar por primeira vez na súa vida , unha partida , quero dicir na vida de casado , sentíase feliz , podía verse asubiando cancións de moda polos camiños , e non deixaba de gabar a boa sorte ata o punto que dicía :
     - O que vale unha perna rota.
     Esta foi a primeira vez que estivo na gloria , e a segunda como vos dicía está a disfrutala agora sen Sariña.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega