Memorias dun esquelete de aldea

Páxina Anterior

Capítulos nº 14-17

Páxina Seguinte

v1xlripaldamemorias004.html

XIV

De sempre nas aldeas,un paso de augas , unha retesía por uns mallóns das leiras o cismar si determinadas árbores pertenecen a uns e a outros xunto con determinadas circunstancias encheron os petos dos picapleitos .
     Algún aínda que se quedase sen nada non lle impotaría con tal de fachendear de gañar o pleito .Aparte desta maneira de arranxar as diferencias había outra , esta máis grave .Xa que moito peor que perder un pleito é perder a vida.
     Eran os duelos a escopetazos polo xeral . Esra forma foi a que dicidiron o Raxote e o Cortizas , para discutir as súas diferencias que sempre tiveran por unha fraga de piñeiros . Un dicia que lle correspondían máis , pois os seu mallóns abranguían máis terreo cousa coa que non estaba o outro conforme , así que moi de mañá co estremuñar do día dirixíronse a un lugar con moitas irlas e recoveques para acubillarse .
     Asi contaronme o que pasou , agora que xa pertenecen o mundo dos esqueletes.
     - Os dous escolleramos o lugar onde iamos ter o duelo , tanto o Raxote como eu tiñamos moi boa puntería polo que non cabían discuidos . dicía o Cortizas .
     Agora fala o Raxote .
     -Conviñemos nunha hora estar a entrada daquel xardesco lugar , unha vez aló . cada un desapareceu da vista do outro . Comezaba a caza do home.
     - O caso é que andivemos con tino durante un tempo tratando de enfrontarnos .- continua o Cortizas- e cando menos o esperabamos ollamos achantados detrás de grandes irlas , tirabamos un a outro didparos . Nun discuido non sei si cansos de andar mos a pescuda, descubrimonos e fixémos rápidos fogonazos que deron connosco no chan , así rematou esta inútil liorta.
     Agora decátamonos de que nunca deberamos facer tal cousa xa que a violencia nada arregla .
     - Oxalá - di o Raxote - que sexamos nós os derradeiros que nos enfrontamos desta maneira.
     Debo dicir que o enterro do Raxote e do Cortizas foi un dos que máis xente trouxo ó adro , xa se sabe , este tipo de cousas movilizan as freguesías. Debido a que se pensaba que podía ter lugar algún enfrontamento entre ámbolas famillias houbo bastantes gardas que vixiaban .
     No momento de baixalos a sepultura algún dixo que non estaba ben enterralos tan perto un do outro por se tamén pelexarían no outro mundo , trabucabánse pois ningén diría que nas noites de luar aqueles doús homes que agora botaban partidas de pai ,fillo e nai ,matáranse a tiros . E que sendo esqueletes as cousa vense de forma moi diferente.


XV

     O problema da soidade e tamén uha enfemidade , triste enfermidade que ataca a moita xente do noso agro. E así podemos ollar os xornais case a cotío como hai moitos suicidios . Xente que vai quedando soa , xa por falta de agarimo familiar ou xa por ir perdendo pouco a pouco ós seus amigos . Así chega momento que aparecen guindados en calquer carballo ou nunha trave da corte , cheos de desesperación . Nos xornais tamén o dar a nova engadenlle " fulano guindouse sen que se saiban as causas ", que como se ve son doadas de adiviñar.
     Eso sucedenlle ó Ravelo un máis que engadir xa a lnga lista dos que deixaron o mundo dos vivos por causas violentas .
     Debo dicir que foi un enterro dos máis tristes que me lembro . Si un enterro pode ser alegre , refírome a súa vistosidade , os ollos da xente . Cando hai moitos cregos que ofician o funeral , cando ven moita xente, ata o punto de non caver na igrexa . Cando as miradas dirixénse ó cadaleito por ser dos caros .Entón si que un enterro é alegre.
     O Ravelo non tivo nada de todo eso , para el non houbo abades , nin repenicou a campá nin tivo xente en fin nin cadaleito caro Por non ter nin se enterrou no cimenterio , de maneira que para as veces manter unha conversa con nós tiña que arriscarse a choutar o valado . Polo que un día lle dixen:
     - Mira Ravelo , é unha parvada que andes a tentar a sorte porque calquer día vaichese un pé e escachizaste entón non vai a ser doado recompoñerte , así que vente para dentro do adro e ocupa unha das tumbas valeiras.
     - ¿E non haberá problemas ? Xa sabes que un suicida non é ben visto.
     Díxome o home con preocupación , o que lle respondín para tranquilizalo.
     -Non debes aquelarte , eiquí eche todo moi diferente , a ninguén se lle pregunta pola súa morte , cada un morre como pode ou lle deixan.
     E aquel calor de fogar que faltou en vida ó Reavelo atopouno no adro xunto a todos nós.


XVI

Unha das visitas que nos fixo o bispo por mor da confirmación dos rapaces ,aínda que cando a recordan nas conversas do adro causalles moito riso , a punto estivo de encher de loito a aldea ; pois a cousa puido rematar bastante mal como agora vouvos a contar .
     Para chegar a aldea e polo tanto ó adro , hai que apartar nunha pequena corredoira , que leva ós lugares indicados. Mesmo na estrada puxeron un bitafe que lle daba a benvida.
     Os rapaces , xunto co abade , o mestre e alcalde pedáneo agardaban xa un pouco desabesos a chegada do bispo . A fin enteráronse que o seu coche quedara entuado no trollo da corredoira que se formara pola chuvia caída como se di " A Deus dar auga perante os días anteriores.Entón o crego díxolle ó Tonio , que tiña a mellor parella de bois do lugar :
     -Vai e colle os teus bois e mira o que podes facer para quitar o Sr. bispo da zoltra.
     O que lle respondeo o Tonio :
     -Non señor , hoxe é domingo e non se pode traballar , eso está castigado polos Mandamentos .
     -Home . pero xa sabes que en caso de necesidade quedas dispensado .
     - Pensa vostede que non era caso de necesidade segar a miña herba coa amenaza de chuvia que se viña enriba , máis vostede díxome que me denunciaba si a segaba en domingo.
     -Eso , como enxergarás nada ten que ver co que nos estamos a plantexar , agora trátase de sacar dun apuro a un ministro do Señor , o teu caso sería sentar un precedente.
     O Tonio un pouco encabuxado dille:
     -Non me veña vostede a falar de ministros , xa vexo que cada un tira para o seu, non obstante eu vou a tirar polos bois .
     Así despois de non pouco traballo o Tonio puido sacar o coche do bispo e remolcalo ata a igrexa.
     Comezou a cirimonia coa igrexa chea ata o punto que moitos non tiveron máis remedio que acomodarse no adro. Malia que a tribuna tiña o piso con táboas bastante podres encherase de xente , co perigo que esto supoñia pero só se decataron del, cando viron que o Cabazo ía abrindose paso a cotifóns pois non quería perderse a confirmación do seu fillo e desexaba estar en primeira linea, pois desde abaixo debido a súa pouca estatura non vería nada. A xente o velo foi cando lle entrou medo ó pesar máis de cen kilos.. así non era estraño que esgutiasen:
     -¡Vaite Cabazo ! Que vas a dar con todos nós no chan.
     O caso é que no preciso momento que obispo lles estaba a dicir ós rapaces :
     -Queridos niños tenéis que ser buenos , para que este Sacramento de la Confirmación robusteza vuestra fe y no os deje caer en las garras de Satanás y el fuego del infierno.
     Non ben dixera esto cando as táboas que sostiñan ó Cabazo fundironse co seu peso , caíndo detrás del moitos máis , por sorte para eles a pia bautismal foi quen os recibiu , só se batuxaron un pouco , non houbo desgracias e todo quedou nun susto.
     Cando logo xa o bispo se atopábase na estrada principal comentou co abade , segundo lle oin o Candelas días despois.
     - Que abandonados teneis estos accesos , sobre todo si pensamos que esta iglesia es visitada por mucha gente debido a su mérito artístico.
     O crego coméntoulle :
     -Esto depende de la diputación ,veremos si este año entra en el presupuesto
     - Ya , Ya , ¡ estas diputaciones!
     Logo continuou.
     -Y que me dice usted del accidente de la tribuna de la iglesia , a punto estuvo de causar una verdadera tragedia . Es neceario ponerle cuanto antes un nuevo piso.Y de nuevo volvemos a lo mismo. ¡ estas diputaciones! .¡ estas diputaciones!
     A estas palabra do bispo respondeulle o abade.
     -Sr , bispo esto non depende da diputación senón do bispado
     Entón moi cheo de razón o bispo dixo:
     -¡Este obispado! ¡ este obispado!


XVII

Segundo costume o crego preguntaba a doutrina no tempo de precepto . Por eso quen máis e quen menos estudiaba o catecismo cando se acaroaba esta data . Pois de non facelo , cando lles fixese falta un certificado de boa conducta , se non se presentaban o digamos exame , íalles ser moi caristioso que llo concedese.
     Por eso o Touriño estaba moi preocupado , xa que ía a cumplir a maioría de idade , o que lle autorizaba para sacar o permiso de caza , mais tiña que ter o certificado de boa conducta do cura , aínda que eso levaba consigo saber a doutrina e necesitaba que o sacristán lle axudase no plan que tiña pensado . Do que me enterei un día por unha conversa que o Touriño tivo no adro co Candea..
     -Mira Candea tes que axudarme para que poida pasar sen problemas o exame da doutrina..
     Entón o sacristán díxolle :
     -Non che sei como vas a facer pois o abade tenchas prometido por non aparecer moito pola igrexa que digamos.
     - Non é certo eu veño o Domingo de Ramos o día da festa e...
     E para de contar , así que xa me dirás se é para ter contento o cura.
     -Precisamente por eso veño a falar contigo .agardo que me axudes xa que ti sabes moi ben a doutrina , ademais cando teña a escopeta voute a fartar de perdices.
     -¡Oouh , meu amigo ! Esas aínda están a voar non sabes o refrán " Máis vale paxaro en man....
     -Se lle das tantas voltas deixámolo , pensaba de seres un amigo.
     -Tampouco é para poñerse así , veña dime o plan.
     - Pois , como sabes o cura senta nun banco de pedra contra a bufarda da tribuna da igrexa, de xeito que cando me faga as preguntas , escibellas nun pequeno tabuleiro que me irás amosando pola bufarda .
     Chegou o día do exame , todos os esqueletes estabamoa atentos para saber en que emataba todo aquelo.
     A primeira pregunta foi:
     -¿ Cantas son as virtudes teologais ?
     - Touriño necesitaba tempo para que o sacristán escribise a resposta por iso andaba con moitas reviravoltas .
     - As virtudes teologais son ...
     Entón vin como o sacristán indicáballas cos dedos dunha man , mentras escribía coa outra.
     Non son máis das que viñan a ser ata de agora , é dicir tres.
     O crego deu un forte salaio , e seguiu a preguntarlle.
     - ¿ Que son?
     - O sacristán a hora de escibir atopaba algunha dificultade , así que o Touriño tiña que continuar a facerse o remolón .
     -Pois sonlle nin máis nin menos que as que vostede sabe e as que sei eu e sabemos todos.
     -¡Pero fillo , días dunha vez ! - di alporizándose o cura.
     A fin o Candea puido acabar de escribir e desa maneira o Touriño contestou a primeira pregunta . Esto fixo que o abade saloucase de novo e deseguido guindoulle unha nova pregunta .
     - Dime Touriño a ver si me sabes esta outra : ¿ Quen é o noso pai?
     - Mire vostede, o meu chámase Xacinto o seu non o sei.
     - ¡ Vaites! ¡ Vaites! Con que andamos de parranda -dixo o crego con cara de poucos amigos.
     Polo que o Touriño en diante dicidiu non facer comentarios que puidesen perxudícalo.
     As preguntas continuaron , e o Touriño ía respóndendo sen dificultades pois xa lle collera o xeito de escribir rápido no taboleiro .Non obstante por pouco todo se bota a perder cando o sacristán non se lembraba dunha pregunta e debeu consultar o catecismo O que puxo a proba todo o seu inxenio para poder transmitirlla o Touriño no menos tempo posible .
     O abade deuse por satisfeito dicíndolle :
     -Queda rematado a exame que por outro lado xa comezaba a cansarne con tanta volta do teu pescozo case chegas a marearme., podes considerarte aprobado.
     Cando o abade machou o Touriño todo contento berroulle o Candea:
     -¡Baixa ho , que xa temos escopeta.!


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega