Memorias dun esquelete de aldea

Páxina Anterior

Capítulos nº 18-21

Páxina Seguinte

v1xlripaldamemorias005.html

XVIII

Por mor da construcción dos encoros , moitas mulleres quedaron sen os seus homes e moitos rapaces sen pai . A nosa aldea tamén lle tocou unha de estas desgracias , e dicir , a morte dun veciño : o Camiliño marchou da casa co desexo de gañar unha pesetas para poder facer unha cociña máis axeitada . O lugar onde foi a traballar era os de máis perigo tratábase das canteiras . Xa se sabe un barreno que estoupa a destempo tempo , unha pedras que se desprenden... eran motivos para que máis de un deixáse a vida .Ademais que as precaucións de seguridade non eran o que se dice moi aló. O Camiliño tamén foi unha das victimas deses lugares e pode dicirse que deixou a vida a cachos . Xa que unha das pernas que doulle entalada entre dous grandes blocos de pedra , e tiveron que cortarlla . Despois complicouse a cousa , xa que as infeccións entón non eran nada doado de atallar , a penicilina escaseaba e para conseguila debía de pagarse a precios moi altos. Polo que non todo o mundo podía acadala, algúns mesmo tiveron que vender as propias terras para mercala . Asi o panaroma era triste ,pois senón se mercaba morríase e no caso contrario si se mercaba morríase de fame.
     Pero deixemos este tema e volvamos a falar do Camiliño que nos viu a facer compañia ó adro.
     A perna que lle ceparan enterráranlla nun lugar do adro ,nun lugar secreto para que nons e puidese enterar pois co sentimental que era non saíría de onde a tumba laiandose como se de un familiar se tratase . Aínda que os seus laios non ían a durar moito de vivo, polo que xa sabemos. Xa ó pasar certo tempo , o Camiliño non daba señais de morto no cimeterio . Un día fomos ollar o que pasaba e dixémosllo :
     -¡ Eis amigo ! ¿ Pensas pasar os días aí ?
     - Non eu non saio , dame vergoña , onde vou a ir sen os ósos da perna.
     Entón faloulle o Ravelo:
     -Mira .que si chos roeron os ratos sería cousa de preocupación , pois ata de agora endexamais se deixaron ver por eiquí.
     O que lle respondeu o Camiliño moi encabuxado.
     -¡ De que ratos me falas ! a min que me roeron os ósos foron dús laños nas canteira do encoro . Sei que os meus familiares enterraron a perna nun sitio do adro pero que non me dixeron.
     - Pois si o problema era ese penso que se pode arranxar , hai que mirar nas tumbas valeiras - di o Cortizas.
     Todos puxémonos a buscar a perna e foi o Roquiño quen deu con ela O demais xa foi asunto do cerralleiro que como sempre estaba disposto a votar unha man.
     O verse coa perna artellada os primeiros días o Camiliño non deixaba de alancar por todo o adro cheo de ledicia..


XIX

Algo vencellado á festa son os ramistas ,estes forman un grupo que se encargará de tódolos preparativos para que non haxa ningún atranco . Cada ano elixíanse despois da puxa das andas dos santos . O bicar unha pequena ramiña de oliveira era o compromiso que obrigaba a un a ser ramista , cargo que moitos se resistían en aceptar polo traballo e preocupación que levaba consigo.
     Esta xente debería xuntar cartos para os numerosos gastos que a festa esixe .: contratar a banda de música , mercar os foguetes , o número de cregos para a misa solemne , quitar o permiso .... Deberán percorrer a bisbarra para xuntar o gran de pan, o viño , que logo venderán . Serán os que discutirán co cura , non sempre disposto a entregar parte dos cartos recaudados na igrexa .
     Aínda que tódolos anos elixían novos ramistas , había un que bicara ou non o ramo sempre tomaba parte: o Melanio . Era destas persoas que por máis que llo digan non poden deixar de meter o nariz onde sexa; as veces chegan aburrir , máis cando faltan notanse ben .Como é no caso , ata o que había unha cantiga que dicía :
     ¿ Quen bica o ramo ? - Sempre o Melanio.
     El ía polas feiras , levaba unha caixa cunha estampa de San Roque e pidía .Non aceptaba menos de cinco pesos . Si lle daban menos refungaba os cartos e dicía :
     - O santo merece máis.
     Por eso non sei como moitas veces non lle deron unha labazadas.
     Tíñalle grande amor ó santo , por iso cando ía para unha operación das que tivo nos derradeiros anos da súa vida marchaba tranquilo pois pensaba que o santo lle axudaría e non lle pasaría nada..
     Malia os moitos grolos que empoleirou de viño o longo dos anos acabou con el . Alguen entón o velo tan grave dixolle:
     -¡ Eis Melanio desta non te salva nin o Santo !
     Pero el lexos de se entimidar respóndeulle :
     -Xa fixo milagres de abondo
     Quixérono levar como tantas veces a cidade , pero esta vez non quixo ó decatarse que era inutil todo intento de mellora e así o recoñeceu ó dicir:
     -Toda a miña vida o Santo acompañoume dun lugar para outro , agora eu estarei o seu carón no adro . Con el rematouse a festa ,poie endexamais se volveu a celebrar , certo que na alea non quedaba apenas xente , para organizala . Máis esto non foi a única causa. Faltaba o Melanio o animador principal.
     Hoxe nos paseos polo adro lémbrase , do folión que se botaba polas noites , encentilándose o ceo de mil cores , daq banda de música , da procesión co Santo ,despois da misa cantada entre o esboiro dos foguetes e o repenique das campás , e de tantas cousas .Entón dio Melanio:
     - Eran tempos de vivos.


XX

Ultimamente vén polo camposanto un xoven que pasa moito tempo diante da tumba do Penelas , case que non hai día que non lle faga unha visita . E cando non ven disculpase por se lle poidese parecer mal .
     Ante semellante feito non piden deixar de satisfacer a miña curiosidade de preguntarlle ó esquelete o motivo de tal peregrinación por parte de mozo.
     Certo que na nosa terra hai de sempre un grande agarimo polos mortos , pero o que manifestaba este xoven tan só podía ter comparación co agarimo dun can para o seu amo. A quen despois de morrerlle nada o consola , mesmo chega a morrer enriba do lugar onde está enterrado.
     Un día puiden enterarme de todo ó atopar o Penelas só sentado na súa lousa , fun cara el e díxenlle :
     - Ti es o que recibe máis visitas de tódolos que eiquí estamos , será por algo ¿Non si?.
     - Mira eu posuía unha grande facenda cunha casa que era a envexa de toda a bisbarra , un fermoso pazo con moito vagantío . A miña muller ocupábase das tarefas propias da casa , non obstante tamén nos votaba unha man o fillo , aínda que nas laboura grandes traíamos xente a xornal.
     Tiven dous fillos máis , que desde moi novos foronse en busca dun mellor medo de vida que o que atopaban no campo ,xa que estre non lles tiraba moito.. De cando en vez viñan pola terra , cousa que deixaron deó casar , pódocho dicir que non coñecín nin as miñas noras nin os meus netos.
     O fillo que quedou conmigo amosou o seu amor a terra e tamén o amor os seus pais.
     Chegando a este momento da conversa atriqueino dicíndolle :
     -¿ E non volveron pola aldea os outros fillos ?
     - Si , pero para eso tivo que morrer a miña muller e despois eu ,eses foron os día nos que se achegaron por eiquí. Segundo os laios que o meu fillo deu salaucando varios días despois do meu enterrramento puiden enterarme do ruin proceder dos seus irmáns, así dicíame_
     -Pai, levaron os tabiques , as ventás , o reloxio , todo aquilo que lles tiña algún valor pola antiguedade .Como carroñeiros que se disputan a carniza , así foi a súa lamentable estancia.
     -Polo que vexo parece que para quiñoar o fillo que quedou con vostede non o tiñan en conta.
     -Si, é certo , eles sabían da súa bondade e polo tanto que non se ía meter en nada, antes de marchar tiveron unha conversa .
     -Deixamos as terras en venta, cando se presente o primeiro comprador vende a nosa parte polo que den , non temos interese ningún en conservalas .
     -Entón comprovolas eu , teño algúns aforros e se para vós como dicides bastavos con pouco , penso que chegarei o precio que solicitedes por elas.
     Dito e feito . a operación encheo de ledicia o fillo que estaba na casa , porque para el o valor sentimental valía máis que nada. E xa cando se despedía dos irmás quedou mirando en fite a un cadro , cousa que fixo a teima para que se decátasen os seus irmáns , os que ver a súa aptitude dixeronlle:
     -Que ollas con tanta atención no cadro , nin que fose a primeura vez que o ves.
     Ademais representa un tempo que xa se foi.
     - A min gostábame ese tempo porque entón en ámbolos dous non entrara aa ambición.
     Estas foron as palabras de adeus do meu fillo , por todo dito , non te estrañes que pasara tantos días saloucando ó carón da miña tumha. Pois o comportamento dos seus irmáns foi como un bando de voitres..
     - En verdade que tes razón .
     Estas palabras foron as únicas ques se me ocurriron dicirlle ó Penelas ,despois da súa triste historia.


XXI

Dentro dos sucesos tristes acaecidos no adro ningún o foi tanto como o caso do Sabeliño pois, a morte dun rapaz , é algo que sempre causa mágoa.
     A pesar de que a vida na aldea tivera momentos dificiles durante aqueles anos do racionamento por mor da guerra ,o certo é que a ningún rapaz lle faltou un anaco de pan centeo ou de millo e máis unha cunca de leite e así foron saíndo adiante .
     O Sabeliño de sempre tivera teima o día da festa , de xuntar as varillas dos foguetes que se ciscaban por tódalas partes . Sabeliño enviso velaba onde caían máis ou menos . Choutaba valados , rabuñábase nas silveiras e toxos , e podía dicirse que case xuntaba a totalidade das varillas dos foguetes que estouraban no aire. Máis para a súa desgracia , un día ó recoller un deles non tódolos foguetes estouran , tencionou de volver a votalo e rebentoulle nas mans cepándolle ámbolas dúas , e con elas tamén a súa vida..
     Si no cemiterio non tiveramos ningún rapaz , agora contabamos con un sen mans Así o Sabeliño andaba sempre mouco ,encoveirándose na tumba e non quería sair nunca e as poucas veces que o facía arredábase a un cornello e aló , permanecía encotomelado sen falar con ninguén.
     Había que facer algo , pero buscarlle unha novas máns non era cousa doada. ¿Ondeas atoparíamos ? Entón ocurríuseme unha cousa , cicais na escola tivesen un esquelete , polo que pregunteille ó mestre.
     - Xa sabes o problema do Sabeliño , eu penso que podiamolo arranxar xa que ¿Non tiñades na escola un esquelete?
     O mestre quedou un tanto asorado por tal pregunta e dixo:
     -¡ Como me fas esa pregunta ! Ou é que ti non sabes como eran as escolas , nin tiñamos mesas onde sentar e iamos contar cun esquelete de material.
     - Tes razón , onde raios podémolo atopar.
     Entón o mestre dacatouse de que o médico do concello sempre tivera un na consulta.
     - Xa está iremos a casa do médico e traeremos as máns do esquelete , un paseo de pouco máis de cinco minutos , pois temos os ósos moi lizgairos .
     Así fomos eu e mailo cerralleiro , non por nada senón por contar co ollo de vidro para alumar e o cerralleiro por ser o máis indicado por mor do oficio. A casa do médico era de planta baixa , na entrada tiña un patín , a un lado estaba a vivenda e no outro a consulta .
     O cerralleiro non lle foi dificil abrir a porta ,unha vez dentro tivemos un pequeno atranco a min caeume o ollo e andivenas as apalpadelas , ó cabo atopámolo ; e tamén o esquelete o que quitamos o patín . Máis outro esto non foi todo , pois resulta que cando o cerralleiro tencionaba dependurarlle as más o esquelete apareceu o Ramonciño chamando a porta do médico , e tivemos que achantarnos axiña.
     O Ramonciño petou na porta medio morto de medo , saíndo o médico.
     - ¿ Que pasa Ramonciño? . Chegou a hora . Tamén o teu fillo podía ocurrírselle nacer polo día .
     Mais o home non daba fala , de maneira que o velo o médico tan asorado díxolle:
     -Non te aqueles home , o ser paie unha cousa que lle pasa a moitos.
     Sen embargo o Ramonciño seguía sen dar fala e co dedo señalaba o esquelete que nos soltamos coa presa.
     Entón o médico dixo.
     - Outra vez a da limpeza deixou o esquelete fóra .iso que lle teño dito que non mo quite do sitio , calquer día escangállamo .
     O Ramonciño a fin poido artellar palabra e dixo:
     -Mire unha cousa , eu vin a tres esqueletes .
     Entón o médico votou un riso e dixo:
     - Home Ramón non pensei que os teus nervos chegasen a tanto ata o punto de ver por triplicado .
     O caso entre unha cousas e outras o médico esqueceuse de metelo dentro da consulta o que nos facilitou o traballo . O cerralleiro dependuroulle as mans e volvemos ó adro . O demais xa foi doado . O Sabeliño luce agora unha más como todos , o que lle devolveu a alegría .
     Despois segundo nos enteramos por conversas no adro , pagou as culpas de deixalo esquelete toco o can do pedáneo cosa da que ninguén se estrañou xa que tiñao morto de fame , e o pobre andaba de aqui para aló na procura de algo que apañar.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega