Memorias dun esquelete de aldea

Páxina Anterior

Capítulos nº 22-25

Páxina Seguinte

v1xlripaldamemorias006.html

XXII

Moitas foron as bodas que perante anos cruzaron o adro , máis ningunha tivo tanta sona como a do Cagalla . Unha boda nunha aldea ten un xeito moi distinto que na cidade eiquí os noivos do ganchete dos seus padriños van a cabeza dunha furaleda de xente formada polos fmiliares e máis invitados de ámblos dous.
     O caso é que os familiares do Cagalla : irmáns ,sobriños ...xa contaban coa herencia segura , pois o home xa entrara nunha idade un pouco madura polo que non pensaba casar , así seguirían a disfrutar dos seus cartos ó ter un rentable almacén de viños e máis augardente . A muller escollida era a Paca que estivera no estranxeiro a servir e gañara cartos abondo que segundo o rexoubeo das xentes dicían que lle viñeran por outros menesteres.
     A Paca ,muller bastante fornida , polo que o Cagalla pendurado do seu brazo aínda semellaba máis pequeno. Os aldraxes viñéronlle acompañando ata o adro.
     - Cagalla vaite meter debaixo das saias como un pitiño -dicianlle uns .
     - Non te vai deixar xugar máis partidas de tute - dicíanlle outros.
     Ante tal bullón de insultos dixo a Paca:
     -Nin que te foses a casar coa nai do medo.
     O que lle respondeu moi pereno o Xagalla
     -Nunca choveu que non estiñara así que non te aqueles.
     Sen embargo a cousa cambiou cando ámbolos se dispoñían a entrar na igrexa ó comezar a berrar a írmá do Cagalla:
     - ¡ Sacrilexo! ¡ Sacrilexo! Non podes casar cunha godalla así.
     Os familiares da Paca enrabexados votáronse sobre ela , acudiron dun lado e de outo , e xa temos a liaraza formada , o crego que agardaba no altar avisouno o Sacristán do lio que se formara.
     - Sr,. cura veña poñer un pouco de paz senón vanse a matar uns ós outros.
     - Entón o crego respóndeulle :
     - ¿ Que o demo os leve a todos!
     ¡ Pero que está a dicir vostede! , é que se pasou a oposición
     - Perdoa , xa non sei o que digo con tanto rebumbio, imos alo a ver o que pasa.
     E no sarego da porta esgutiou:
     -O Sr. dixo : "Amadevos os uns ós outros "
     Non ven rematara de dicir esas palabras cando un zapato perdido deulle na caluga e guindouno ó chan . O pobre do Candea viuse negro para podelo erguer . O certo era que o adro de novo volvía a ser centro de liorta.: zapatos, medias ,pulseras estaban amangallados polo chan, a xente quedou esbaragoletada , coa roupa raxada, ¡ Co que custa mercar un traxe!
     A fin volveu a calma e a boda puido celebrarse non sen antes avivecer ó crego pois non toaba . Medio aturruxado cando ollou para toda aquela xente esfarrapada díxolle ó Candea:
     - Nen que os mordese un can adoecido.
     E así foi a boda do Cagalla , non sei que tal lles iría despois na súa vida de casados .


XXIII

As gamboias entre mozos e mozas moitas veces non teñen un bon remate e traen mágoa ás aldeas . Sempre hai algún mozo que ten que distinguirse polas súas conquistas . O adro veu a dar un dos de máis sona da bisbarra , coñecido co alcume do Arrufado . O seu porte coa súa grande osamenta destacaba diante de todos nós .Polo que lle dicía o Roquiño :
     -Avisa cando chova , pois desde que ti recibas as primeiras pingadas ata que cheguen a min dame tempo de enconveirarme .
     Nos seus paseos smpre ía pendente de si mesmo , e alporizabae cando se levantaba unha rafada que levase algún esqueiro suspendido que ó pousarse nel puidese luxar os seus ósos brillantes . Máis aínda , o coidado que tiña non puido evitar unha cagallas de pomba que moi oportunamente lle guindron desde o cumio dunha polas que sobranceaban sobre o adro . Non se percatou delo ata que o Roquiño que non perdía ocasión para aburalo , díxolle:
     ¡- Oes ho ! semella que che naceron unhas pencas, ou tes ás vexigas .
     Grande foi a mágoa do Arrufado quen non paraba de luir con herbas , follas e con todo o que atopaba a man as manchas pero estas non daban saído.
     Malia co gallo de facerse o arranxo da tribuna da eirexa pois o crego recibira os cartos tan desexados do bispado , o carpinteiro montou o seu banco de traballo no adro .
     Por tanto ó Arrufado faltoulle tempo de ir a rebulir nos seus caixóns para ver se atopaba papel de lixa ,cousa que conseguiu e púxose rañar os ósos que tiñan as manchas das pingadas das pombas . Tal ruído encabuxou a máis dun , sendo o Virutas o que non estaba disposto escoitar tanta bulla , xa que lle impedía disfrutar do canto de grilos e cantaruxas na xore da noite. De maneira que coa carabina e o seu tricornio dirixiuse xunto ó Arrufado. Eu pensando a que se podía armar surtinlle no camiño tratando de calmalo . Cousa que conseguín non sen moito traballo , así unha vez que volveu a sentar no seu petouto , aproveitei a ocasión para que me fálase do Arrufado pois a el por mor de tocarlle moitas veces de servicio nas festas , coñecía as súas fazañas.
      -Mira, a súa vida tivo que rematar así , como lles pasa a tódolos enfouchados.
     Xa nunha ocasión librouse do cárcere por pouco . Fora co gallo de atoparlle unha pistola un día que tiñámola sospeita de que para máis envalontónarse dicidira levar a arma . Daquelas saiu ben gracias ó seu pai que tiña influencias e moveu a cousa , senón ía a estar unha boa temporad a sombra.
     Logo pregunteille se a fama que tiña de conquistador estaba xustificada
     -Home, por forza tiña que estalo , se unimos o seu porte lanzal o non ser mal parecido .
     - Pero acabou mal .
     - Era de esperar polo seu modo de proceder quería ter a tódalas mulleres ós seus pes . Por eso cando chegaba a unha festa xiraba ó seu pescozo e tan pronto ollaba algunha rapaza que lle interesase alá ía xunto a ela a pretendela . Se por un igual estaba bailando , o Arrufado decíalle ó mozo que a acompañaba: " Faime sitio"
     - E chegou o día como era de esperar que o sitio nonl lo fixeron -dixen eu
     - Así foi -continua o Virutas- Un día deronlle unha puñalada nas virillas que en poucos segundos deixou o mundo dos vivos , agora no mundo dos mortos tampouco pode esquecerse de fachendear .
     Xa o Arrufado ó parecer conseguira dspois de non pouco taballo que os seus ósos de novo brilasen e xa non cantaban nin grilos nin cantaruxas . O silencio era total polo que fomos a encoveirarnos.


XXIV

Si o Roquiño cada vez que se acaroaba a festa do patrón , poñiase desaveso polo asunto da puxa .Non era menos o desacougo do Reinaldo en tempo do entroido , ó escoitar as conversa dos mozos no adro , sobre quen levaría o cinto máis cheo de campaiñas.
     Debo dicir que o entroido na nosa bisbarra ten unha particulariedade especial centrada nas máscara do " Volante " e máis no " Piliqueiro " .
     Entre os mozos prodúcense desafisos sobre que volante puidese levar maior número de campaíñas ó cinto .As que durante estes días irán bambeando chegando o seu zunido ata os lugares máis alleos , e como non tamén ó adro , enchendo de asuras ó Reinaldo . Eu trataba de tranquilizalo , pero el dicíame que mentras escoitase o zunido das campaiñas non podía remedialo por lembrarlle o tempo de volante . Sendo ó cabo o motivo de atoparse no adro .
     Reinaldo decatouse do interese amosado por min polo que dicidiu contarme o que pasara.
     - Bon -prinipiou - eu agardaba que entroido daquel ano era a portunidade de que Carme se fixase en min . Por eso fun onda o ferreiro para que me arranxase o cinto onde irían penduradas as campaíñas , O ferreiro pareceulle grande en sobexo , o tamaño que desexaba ,polo que me dixo.
     - Non che convén levar semellante carga pois é o teu primeiro ano de volante e aínda non estas afeito a tales pesos na cintura.acouga rapaz ,que tempo terás de lucirte. Xa sei que Carme tenvos a todos toliños , por ela sodes quen de facer as maiores barbaridades , eu enxergovos porque tamén fun novo . Sen embargo sigo a dicir que me parecen moitas campaiñas.
     - Malia os esforzos do ferreiro non houbo maneira de que me convencese pois a miña zuna era grande .
     E así chegou o día tan esperado da festa que consistía en bambear coas campaiñas o máis tempo posible sen moverse do sitio. Quen o conseguise podería fachendear co pucho , do que penduraban cintas de variadas cores. A fin quedei eu só pois os contrincantes fóronse retirando . De súpeto a xente quedou abraiada o caer eu o chan como fulminado polo esforzo e recoñecéndome vencedor comezou a esgutiar:
     -¡Pucho! ¡ pucho!.
     Máis para saber quen erea o vencedor quitáronme a carauta , todos sorprendé -ronse pois non esperaban que o gañador fose eu . Carme chegou onda min abríndose paso entre a xente a cotifós , unha vez xunto a min axoenllouse e rodeandome a cabeza cos seus brazos díxome .
     -¿ Por que o fixeches?
     - Eu , xa ampeando con grande dificultade díxenlle :
     - Fíxeno por ti.
     Direi como final que durante algún tempo na tumba de Reinaldo nunca faltaron flores que lle traía Carme , pero despois foronse distanciando ata agora que xa desapareceron por completo


XXIV

O Antolín , foi un de tantos que se criaron sen o achego e agarimo de ninguén o que lle obrigou a ter que abrirse camiño pola vida.
     A súa figura , coas pernas escarranchadas e un pouco enquequenadas , fíxose coñecida por tódalas festas . Aló nun recanto calquer poñia o seu negocio : Dous botes de lata , polos que había que pasar unha pequena pelota pero ós que non se podían luir.
     Non obstante se alguén conseguía a proba el sempre poñia dificultades para entregar o premio , dúas caxetillas de tabaco , pois dicía que alguén os movía a teima , cousa que así era en verdade. Un e outros sobre todo os rapaces entre os que tamén me atopaba , non o deixabamos en paz , a nós divertianos máis el quedaba amolado.
     Pouco a pouco , as perna coas que tivera sempre dificultades case que non termaban del, polo que xa non podía ir a festas cos seus botes , así cada vez foise facendo máis xardesco e non só iso , senón que colleu a teima de que se ía a guindar do campanario . Amenaza a quen ninguén lle facía caso .
     Un día polo serán vinme sorprendido ó repinicar a campá e pensei que algo grave ocurría , polo que prestei grande atención igual que os demais esquletes.Quedamos pampos ó decatarnos que o que daba as badaladas non era outro que o Antolín quen se dirixiu a xente dicindo :
     -¿ Non vos dixen que me ía guindar ? Xa estou canso desta vida , de que sexa como a dun can vagabundo , así que alá vou.
     Nestes momentos apareceu o crego no adro e tencionou de convencelo .
     -¿ Que vas a facer Antolín ? Quedarán os teus ósos espallados polo chan , e a túa alma condenada as lavaredas do inferno .
     A oir esto alguén comentou .
     - ¡ Vaia , ho xa tardaba ese en sair co inferno!
     Uns e outros non desexaban perder o espectáculo . e o contrario do cura , querían ollar como quedaba escamallado no chan , e así trataban de guizalo para ver se o conseguín .
     - ¿ Veña guindate xa dunha vez! ¿Pensas que imos votar eiquí todo o día?
     O cabo o crego convenceu óAntolín e baixou do campanario entre a desilusión de máis dun que encabuxado dicía :
     - Este non ten ningunhas ganas de matarse , o caso é que eu non voua vir eiquí cada dúas por tres a perder o tempo.
     O cura ante estos comentarios dixo:
     - Desde logo ata que punto chegades de facer a morte dun semellante un devirtimento.
     O caso é que o Antolín seguía coa súa teima , acudía ó campanario pero a xente non lle facía caso as súas chamadas., só os rapaces lle berraban:
     -! Non te guindas ! ¡ Non te guindas!
     O cura desde a fiestra da retoral trataba de escorrentalos , pero o Antolín dicialle:
     - Non teña pena , eu sen público non me guindo.
     O Antolín matinaba como xuntar a tanta xente ocurrindóselle volver a tocar a campá , pero esta vez a difunto , así que a xente chegou ó adro preguntándose .
     -¿ Quen morrería?
     O seu asoro foi grande ó ver que o que lle daba ó badal era o Atolín .
     Entón alguén díxolle:
     - ¿ Por que tocabas a morto Antolín ? .
     O que lles respondeu .:
     -Tocaba por min .
     E aínda non dixera esto cando caeu espatarrelado pol o chan no medio do adro como tantas veces amenazara en facelo.
     Ante este malfado dixo o crego:
     -¡ A fin conseguistelo !
     O pobre do Antolín non recibiu sepultura ó non reclamar o cadaver ninguén.
     Un día escoitei unha conversa no adro na que dicían que aparecera unha calivera enxeitada nos xardíns da facultde de mediciña . Entón pensei se quizais se poidese tratar da do Antolín pois debido as devanditas causas aló fora entregado o seu corpo.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega