Corpo

Páxina Anterior

(embigo)

Páxina Seguinte

v4emmapedreiraembigo.html
a noite é unha elíptica de ollos na esfera que xestou a noite dentro de si mesma -
unha boca -
fogo -
aire -
aire - aire -
repetición de deserto-
intuición que desespera -
i agarda -
chámote perforadamente perfeito -
ser que alucina -
ollo polo que choras e chego a ti -
espiral inerte no tempo de presentirte -
animalario mineral -
submundo do teu ventre no que perdes memoria -
anguria de desexos -
libro das paisaxes inversas en posturas de lume que se adentre -
arrepíntome de non ter chegado a ti polo lugar exacto -
embigo -
oblicuidade espiral do teu corpo -
xestación irredenta postcrepuscular -
inflamación do teu verdadeiro refluxo -
presinto -
adentro -
chego a dentro -
percorro -
quizais ignoro -
[.. .]
burato negro - corpoadentro

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega