Corpo

Páxina Anterior

(sexo)

Páxina Seguinte

v4emmapedreirasexo.html
foi
promesa do leite
mancándose
desde o moi alto
e descer
a borbotóns cada noite

premes o valor instantáneo
dunha hemorraxia de violetas
que foi polo que quedaches impreso nunha agonía
de corpo enteiro
                              a reverter azul-vida
polas comisuras
                               como un ínfero fluvial e térmico

sabes a vermello por dentro (aproximadamente)
e máis aló da obsesión
está a boca prematura
desintegrando espacio de líquida espera

unha matanza de armiños vermellos
                                         un sangue moi branco
unha caricia violenta

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega