Grimorio

Páxina Anterior

Escolma. "Wicca"

Páxina Seguinte

v4emmapedreirawicca.html
Prometerás ante quen dubide
que o primeiro momento das causas será vencer esa morte invertebrada
que nos atrapa a todos polas costelas,
que nos vencella a rabuñazos e non agarda.
Que eu levo aínda na boca o paxaro de superficie
que rozou a miña ignorancia.


Retrasarás baixo un corpo entolecido
a vida sorprendidísima
no día de redimir o día
dese medo atroz.
Un medo atroz

un medo atroz

un medo atroz.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega