ESCENA 10.
Carmela.Tío Mingos.
|
(El tío Mingos almuerza de frente
y Carmela hace pitillos). |
T. Mingos |
Como vai vir o herdeiro do Peto a pretenderte quero que te
amañes un pouco. Convén que esteas amabre co-él pra que non te
chame fratulenta. |
Carmela |
Non sei como será. |
T. Mingos |
Pois ten que ser, porque o mando eu e non quero que digan que
non che din boa crianza. |
Carmela |
Mire, padriño, non lle dea mais voltas, nin se mate mais. Eu hei
de casarme ó meu gusto, por que quen se casa son eu e non vosté.
O do Peto |
[p. 15]
|
non-o conozo, nin sei que é, nin él sabe quen eu son, e
paréceme que non se debe de tratar un casamento pra toda a vida o
mesmo que se merca un boy ou unha vaca n' unha feira. O cariño
debe ser antes de nada. |
T. Mingos |
O cariño ven dempois, nena. O conto é ter que comer: por eso os
casamentos por trato salen casi sempre bos. |
Carmela |
Ou malos. Unha vaca ou unha
besta pódese volver a vender na feira co mesmo alifaz que se
mercou, namentras que no casamento os defeutos que se descobren
hay que aguantalos por toda a vida.
|
T. Mingos |
Pois eu caseime por trato con
tua madriña sin conocela e nunca me pesou.
|
Carmela |
Pois foi como que busca unha
agulla n' ún paIleiro e a atopa. Eu hei de conocer e querer o
home con quen case; o cariño é a única cousa que poderá darme
pacencia pros traballos e pras penas d'esta vida.
|
T. Mingos |
Pois ben, miña nena, xa que
así pensas eu non te hei de obrigar. Solo debo decirche que si
che gusta o herdeiro do Peto vas mui ben casada co-él, por verbo
de riqueza, pois ten unhos bes feros y-é de familia de
bendición. De calquer xeito quero que namentras estea na nosa
casa te portes ben co-él, como che dixen. (Levantándose).
|
Carmela |
Ese é outro cantar. ¿Pr' onde vai?. |
T. Mingos |
Vou a abaixo a facer unha
labor. Faime unhos cantos pitos, que logo volvo.
|
ESCENA 11.
Carmela.
|
Carmela |
(Haciendo
pitillos). Será mui boa comenencia a do Peto, pero eu xa non
podo querer a naide mais qu' a Ramón..... Seu pai vai vir a
pedirme..... Así xa non podiamos seguir, ¡Que denorio! A xente
xa comenza a marmularme..... Pares que xa tarda |
[p. 16]
|
moito. ¿Y-el engañaríame? (Llora) Pero sin él non podría
eu vivir. (Se acerca a Ia ventana) No-nos vexo..... ¡Qué
desgraciada sería si m' engañase!..... ¡Vá! non fago mais
pitos. (Dejando Ia caja del tabaco en Ia mesa). Non teño
xenio pra nada. (Vuelve a acercarse a Ia ventana). Estou
ardendo..... y-ese padriño tampouco acaba de subir,..... Pois con
outro non caso. Non e non..... Sinto pasos..... ¿Será Ramón? (Se
acerca a Ia puerta enjugándose Ias lágrimas con un pañuelo). |
ESCENA 12.
Carmela.María Antona.
|
M.ª
Antona |
¿Qué
che pasa? (Con sorpresa e interés). |
Carmela |
Nada (Bajando los ojos) |
M.ª Antona
|
¡Pois ti chorache! (Carmela rompe a Ilorar). ¿Non me dis
que tés? (Abrazándola). |
Carmela |
Que me queren casar con Manuel do Peto. (Separándose con
aire y mirando a María Antona fijamente). ¿Tí sabes si
Ramón m' engaña? |
M.ª Antona
|
¿Por que o dis? |
Carmela |
Porque xa debía de estar aquí. Tarda moito e ti..... páraste
tanto co-él como con seu pai. |
M.ª Antona
|
¡Asus, San Silvestre! (Santiguándose) Ti estás tola. ¡Tan
solo eso me faltaba! ¡Burra! Si cando m' atopa non sabe mais que
falarme de tí. |
Carmela |
¿De verdá? (Muy contenta). Non debes darme sorte. Ese home
metéuseme na alma e receo de todo. |
M.ª Antona
|
A nosa sangre non é de traidores, e ben sabes que eu levo un ramo
da tua. |
Carmela |
E verdá: qu' as nosas aboas eran curmás entregas. |
M.ª Antona
|
Tua madriña tratoume sempre
como a unha filla. Antonte dixome que me marmulaba a xente porque
me paraba con Don Camilo e que coidadiño que volvese a parrafear
co-él.
|
Carmela |
Tén moita razón a madriña.
|
M.ª Antona
|
Pero eu non me paro co-él por cousa mala. |
[p. 17]
|
Pareime porque o atopaba por todas partes; parece qu' o demo Ile
dí por onde eu ando. E ser é mui adivertido. Da xenio falar co-él.
Pro xa lle dixen que non se volvese a parar comigo. |
Carmela |
Ti andas armando ó merlo y-esas diversiós nunca tran bos
resultados. Tí xa non eres nena e ben sabes onde che morde o
zapato; pro nos homes non hay fianza ningunha. |
M.ª Antona |
Por ese lado vivo segura. |
Carmela |
Eso é o pior. |
M.ª Antona |
¿O pior? (Con extrañeza). |
Carmela |
Si, porque o pior que lle pode pasar a unha muller e que fie de sí
mesma e non fuxa das ocasiós. Ben sabes qu' o pai de Ramón non é pra tí, e parándote co-él, sin tí darte
conta, podes facerlle creer que eres o que non eres, y-estás moi
peligrosa de que él te faga acabar por ser o que él queira. |
M.ª Antona
|
As intenciós d-os homes logo
se conocen, e vivindo prevenida nada se perde por alegralos.
|
Carmela |
Eso é xogar co lume, e n' ese camiño,esborréxese logo. Cando a
disgracia leva por él a unha muller vai sempre costa abaixo, cada
vez con mais brio, e non para hasta perderse. |
M.ª Antona
|
Ben-o sei. Pro Don Camilo é ó mesmo demo, e inda oxe, vello como
é, non vin home mais zaramalleiro. ¡Qué lástima qu' Antón non
sepa namorar así! |
Carmela |
¿Qué Antón? |
M.ª Antona
|
O da casa, qu' anda morto y-acabado por casar comigo. |
Carmela |
¡Ora o demo! ¿Ti que dis? |
M.ª Antona
|
O que che digo. Fai tempo que se volve tolo por darme gusto. Si
está lonxe canta porque eu o oiga, cántegas sempre amorosas e
sempre tristes; si está preto ha de votar unha escapada pra vir
onda min, como si fose às furtadelas. Non ten outro gusto que
andar onde eu ando, pro cando está ó meu lado está sempre
quedo, sempre respetoso, non me toca un dedo siquera, abóndalle
conque |
[p. 18]
|
os meus ollos se apousen de vez en cando nos seus, e sempre qu' os
seus ollos me miran non votan lume d' amor, votan bágoas pra
apagar ese lume. |
Carmela |
¿E
non che gusta eso? Eso val mais que canto ouro poidan ter os
reises do mundo. Non vale a unha muller a pena de vivir, mais que
véndose así querida e respetada. |
M.ª Antona |
Pois
eu, muller, si che hei de ser franca, quixera que Antón fose como
Don Camilo. ¡Ay! Este cando estaba xunto de min nunca estaba
quedo: non acougaba sin collerme un dedo ou unha mau, pra terma
apreixoada na sua. Os seus ollos votaban sobre dos meus sempre
lóstregos d' amor; sempre ledos e churrusqueiros nunca os vin
chorar. Os seus labios buscaron moitas veces os meus, sin nunca
chegar a eles, bicaban as orellas ou o pano da cabeza..... |
Carmela |
¿E
nada mais? (Con picardia). |
M.ª Antona |
Algunhas
veces, cando mais non puiden, sentinos nas meixelas, quentes e
namorados, como quixera sentir os d' Antón. |
Carmela |
¡Ora
o demo do vello! ¿E ti pensas qu' ese é amor? |
M.ª Antona |
Eu
non penso nada, pro gústame mais esa maneira de querer qu' a
otra. |
Carmela |
Pois
a trampa d' ese amor é qu' arde moi de presa e consómese logo; o
verdadeiro fai como o borralo que conserva moito tempo a quentura. |
M.ª Antona |
Sí; pero tampouco loce nada, e hay que remexelo pra saber si está morto ou
vivo, como lle pasa ó d' Antón. |
Carmela |
Non
fai falla meter a mau no lume pra saber si está aceso. O lume dos
homes é treidor y-hay que entendelo: prende pouco a pouco, pero
alampa cando menos se pensa. Hay que saber atizalo sin queimarse.
Ehí está toda a habilidá da muller cando Ile convén qu' un home non enfrie. Si Antón te quere debes darlle sorte, ánque
non che guste |
[p. 19]
|
o seu modo de querer, porque os homes que queren de veras ás veces parecen
tontos, y-os que queren como te quere Don Camilo
saben pintar millor un amor que non sinten. |
M.ª Antona |
¿E qué podo esperar d' Antón que é tan probe coma min? |
Carmela |
¡A
mesma diana do padriño! Val mais pra ti Antón, probe como é,
que Don Camilo con todo canto teña; porque Don Camilo é unha
anduriña que pasa, deixando un niño pra facer outro mais adiante,
e Antón é pra ti un rulo que non quere mais qu' a sua rula.
Mais vale ser casada probe que querida d' un Rey. |
M.ª Antona |
Tes
razón; pro non me deixa ni-a sol ni-a lúa. Onte xa non me quixen
parar co-él. Pilloume na corredoira da Fonte e loita e porfía pra
que lle dese sorte, hasta que me fixo caer o feixe da cabeza. Por
pouco me teño que vir pra casa sin a herba. |
Carmela |
Si
tivera vergonza abondaba que estiveras n' esta casa pra que te
respetara. Xa Ilo direi a Ramón. ¿Pro que Ile pasaría que non
acaba de vir? (Se acerca a Ia ventana). Non vén nin parece y-eu
estou ardendo. Vaite abaixo a ver si está co padriño. Namentras
acabo de facer estos pitos que coa conversa non m' acordei mais d-eles.
Si non está embaixo vótame un berro en canto chegue. |
M.ª Antona |
Si
queres que vaya dar unha vota a ver... |
Carmela |
Non:
baixa e dille ó padriño que suba logo. Agarda: leva de camiño
esta taza, e limpa algo esta mesa. (María Antonia se pone a limpiar Ia mesa con el delantal
después de coger Ia taza.) |
ESCENA 13.
Dichos.Don Camilo.
|
D.
Camilo |
¿Hay
permiso? (Eu el umbral de Ia puerta). |
(Carmela coje Ia caja del tabaco como
asustada, y María Antonia pretendiendo huir por Ia otra puerta
tropieza con ella y se Ia hace caer. María Antonia entra en Ia
habitación y sale sin Ia taza. Escena rápida.) |
Carmela |
Buenos días, Don Camilo. (Ap.) ¡Dios mío, que vergonza! (Alto)
¿Non viu abaixo o padriño? (Coje Ia caja y la coloca sobre Ia
mesa.) |
D. Camilo |
Díxome a tia Sabela qu' estaría enriba e subin. (Disponiéndose
a recoger dos o tres pitillos caídos). |
Carmela |
Non se canse qu' os apaña María Antona. Faga o favor d' agardar
un pouco que vou a decirlle ó siñor padriño que está vosté
aquí. (Sale escapada.) |
ESCENA 14.
María Antona.D. Camilo.
|
(Don Camilo se baja a coger Ia caja del cigarro y los pitillos. AI
salir María Antona pretende huir y Don Camilo se atraviesa ante
ella). |
D. Camilo |
Non: antes de salir tes que falar comigo duas palabriñas. |
M.ª Antona |
Non teño nada que falar con vosté. Déixeme pasar. |
D. Camilo |
Por aquí non sales sin decirme antes porque fuxes de min (Acercándose
a ella.) De todo serei capaz porque me queiras. |
M.ª Antona |
¿De todo? Ja, ja, ja, Mire, siñor Xuez, burla con
conocimiento mucho lo siento. De min xa non volve a mofarse
mais. |
D. Camilo |
Non é mofa ¿queres ser ama da miña casa?
|
[p. 21]
|
|
M.ª
Antona |
Ja,
ja, ja. ¿Ama nada mais? Coidei que quería casar comigo.
|
D. Camilo |
O pirmeiro é o pirmeiro. Si
non me sirves pra ama tampouco me convés pra muller.
|
M.ª Antona |
¡S' eres demo t' arrenego! Déixeme salir que nos vai pillar aquí
o tío Mingos. |
D. Camilo |
Pois apaña antes ese tabaco que deixache estrado. |
M.ª Antona |
Apáñeo vosté qu' está ben folgado. |
D. Camilo |
Pois dame outro bico e sales. (Dirigiéndose a ella) |
M.ª Antona |
Non tería vosté a culpa. Déixeme de lerias. (Huyéndole y
poniéndose seria). Faga o favor de deixarme pasar. |
D. Camilo |
Entón dareicho eu. |
M.ª Antona |
Mire que berro. (Sorteando Ias vueltas alrededor de Ia mesa). |
D. Camilo |
Xa xei que non berras. |
M.ª Antona |
Pois xuro que hoxe berro. |
D. Camilo |
Tamén vou saber si t' estreves. (María Antona descalza una
zueca y amenaza con ella a D. Camilo). |
M.ª Antona |
Pois veña e verá... |
ESCENA 15.
Dichos.Tío Mingos.
|
Aparece el tío Mingos en el umbral de la puerta, en el momento en
que María Antona alza Ia zueca amenazando a D Camilo. |
T. Mingos |
Bos días siñores. |
D. Camilo |
Hola tío Mingos. (Volviéndose azorado. María Antona se
calza). |
T. Mingos |
¿Qué facías con esa zoca na mau? (A María Antona). |
M.ª Antona |
Saqueina... porque pensaba D. Camila qu' era de vídalo, e xa viu
que é de pau d' aveneiro. (Con sorna). |
T. Mingos |
¿Conque logo d' aveneiro eh? ¡Ave... Ave María Purísima! Vai
abaixo a decirlle á tía Sabela |
[p. 22]
|
que Ile suba o chiculate a D. Camilo. E outra vez has de saber
tratar millor as personas, pois a cada un trátase según quen é.
(Con seriedad). |
M.ª Antona |
Eso é o que eu fixen, tío Mingos. Ben-o sabe Don Camilo. (Se
va riendo.) |
ESCENA 16.
Tío Mingos.Don Camilo.
|
T.
Mingos |
Co-a
xente nova non se pode. Cada día teñen menos respeto. ¡Qué
diferencia hay ôs tempos en que m' eu criei! Faga o favor de
sentarse. (Le ofrece una silla). |
D. Camilo
|
Moitas gracias, teño estoutra. (Cogiendo otra silla)
Séntese.
|
T. Mingos
|
Tamen-o fago de boa gana, qu' estou medio derreado d' estes cadrís.
(AI sentarse repara en el tabaco y los pitillos del suelo).
Deixei a afillada facendo pitos e mire por onde andan estrados. (El
tío Mingos hace ademán de levantarse para recogerlos).
|
D. Camilo
|
Non se canse qu' eu apañarei todo. (Pone los pitillos en Ia
caja).
|
T. Mingos
|
¿Vosté que fai? ¡Non faltaba mais! Hay na casa quen o apañe. (Levantándose
y cogiendo a D. Camilo). Séntese aquí onda min, que quedei
algo xordo da frebe. Fume logo. (Le da Ia caja, de Ia que coge
cada uno un pitillo). Non sei onde votei a caixa. (Registrando
en los bolsillos).
|
D. Camilo
|
Teño eu mistos. (Ofreciéndole una cerilla encendida).
|
T. Mingos
|
Gracias. Está en boa mao... Vosté pirmeiro.
|
(Enciende D. Camilo y le ofrece Ia cerilla encendida que aplica
al cigarro tirándola inmediatamente cual si quemara)
|
|
¡Recorcio! |
D. Camilo
|
Tome lume.
|
T. Mingos
|
Penso que o teño (Enciende el pitillo). Eso da Lamela
traime moi disgustado, D. Camilo.
|
D. Camilo
|
(Ap.) Debeu vernos. (Alto) Pois eso ten bon arregro.
|
[p. 23]
|
|
T. Mingos
|
(Ap.) Parés que ven de bon aire: pedireille duas mil
pesetas por ela.
|
D. Camilo
|
(Ap.) Ofrecereille mil pesos de dote por decontado: pra
subir hay tempo, si lle parecera pouco pra Carmela.
|
T. Mingos
|
Pois ben, si siñor. Xa o estaba agardando, porque dixo Carmela
que logo viría por aquí.
|
D. Camilo
|
Entón xa sabe a que veño. Vosté me dirá canto quer qu' eu lle
dea.
|
T. Mingos
|
Xa sabe que con vosté non hei reparar. Vosté ben sabe o boa que
é y-o moito que vale tan ben coma min... quedo muy perdido sin
ela.
|
D. Camilo
|
(Ap.) Vamos non quere pedir antes por delicadeza. (Alto)
Pois pra non andar con voltas eu traguía pensado darlle mil pesos
hoxe mesmo.
|
T. Mingos
|
(Ap.) ¡Mil pesos! (Alto) Entre nosoutros tanto dá
hoxe como mañá. Téñome que conformar co que vosté me dea,
porque por unha pequena cantidá non vamos a reñer; pro córreme
presa cerralo trato porque hoxe mesmo necesito catro mil reás pra
librar unha hipoteca que vence antes d' oito días. Si non fora
por ela...
|
D. Camilo
|
(Ap.) Vaya, este quer que lle dea siñal. (Alto) Non
teña coidado que hoxe mesmo cerraremol-o trato e lle darei os mil
pesos.
|
T. Mingos
|
¿Pro, vosté viuna ben? (Como admirado).
|
D. Camilo
|
O meu Ramón está moi namorado d' ela y-a min paréceme de boa
condición.
|
T. Mingos
|
D'eso xa non hay que falar: ela sola mantén d' herba verde, todo
o ano, as catro vacas que teño cos seus becerros.
|
D. Camilo
|
Ben sei que non a deixa folgar. O meu Ramón non-a ha de traer tan
traballada.
|
T. Mingos
|
Pois inda se pode millorar moito sacándolle dous defeutiños que
ten.
|
D. Camilo
|
¿Dous defeutiños? Tamén convén sabelos.
|
T. Mingos
|
A min non me gusta engañar a naide. Anque é bõ de ver, xa
repararía que pol-a parte d' arriba ten algo de lombo e necesita
unha pequena rebaixa.
|
[p. 24]
|
|
D. Camilo
|
Por ese defeuto inda pode pasar. (Ap.) Y-eu que nunca lle
notei a xoroba... (Alto) ¿Y-o outro?
|
T. Mingos
|
O outro xa requer mais traballo, pois hay que sacarlle as augas
todol-os invernos....
|
D. Camilo
|
¡Demontre! (Levantándose) Pois ese defeuto inda non é
pequeno e supoño que non-o sabe Ramón. Así é que teño que
falar co-él antes de cerral-o trato.
|
T. Mingos
|
Por eso podemol-o cerrar o mesmo, quedando da miña conta o
quitarllas.
|
D. Camilo
|
Non, eso non me convén. Teño antes que falar con Ramón. (Marchándose).
|
T. Mingos
|
(Deteniéndole). Veña acó santiño, veña acó. Si non
quere dar tanto hoxe...
|
D. Camilo
|
Non é eso tio Mingos! (Procurando desprenderse de él).
|
T. Mingos
|
Abóndanme as mil pesetas pr' ese apuriño.
|
D. Camilo
|
Pois sólteme que xa as terá oxe mesmo, (desprendiéndose y
marchándose).
|
T. Mingos
|
(Ap.) Adiós meus mil pesos. (con tristeza).
|