O gaiteiro de Soutelo. Unha espresión da cultura popular

Páxina Anterior

O arredor: A Terra de Montes

Páxina Seguinte

v2rivastroitinhoogaiteirodesoutelo002.html


     Pra os galegos, como vimos, é moi importante o seu arredor. O gaiteiro, en concreto, pasou á lenda como gaiteiro "de Soutelo". A paisaxe condiciona e moito.
     Unha paisaxe dura, de sereos vixías, dou pé a un xeito particular de ser dos seus habitantes, e mereceu chamarse con esclusividade Terra de Montes.
     Dous faros vixilan, de Norte a Sur, a sua vella xeografía: o Seixo e o Candán. O Costoya e o Coco cerran unha banda da etnia de Montes:

A terra de Montes pechan
catro cumes o seu van,
Seixo, Costoya e Coco
e o bon petrucio Candán.

     Abrangue a Terra o qué hoxe é Axuntamento de Forcarei e a mitade norte do de Cercedo. A bisbarra de Beariz, Lebozán e Xirazga tamén se considera parte de Terra de Montes que, noutros tempos, disque dependía de duas provincias, catro bispados e sete partidos xudiciaes.
     Os montes siñalan o perfil dunha; terra verde, pouco produtiva, e noutros tempos, boa produtora de estaño.
     Un río, símbolo dunha provincia, nace nas terras de Montes. "No outro do cerne Candán, deitan as fontes do Lérez".
     Os habitantes, como o río vai na percura do mar e doutras terras, sinten a mesma necesidade. Cicáis noutros tempos non fora así cando os castros celtas foron as casas dos primeiros hérois de Montes. De calquer xeito, aínda hai moitos enigmas naquela terra. Algúns localizan nela un reino mítico de mulleres, que eso é o que ven tras do pobo de Mullerada (ou Millerada). Outros pergúntanse en quen exercerian o privilexio rexio da Forca no pobo así chamado, (Forcarei). Lendas hai pra todos, mesmo pra os que falan dun tesouro da Inquisición, que supoñen atopado hai pouco, se ben ainda non apareceron as aportacións dos novos historiadores que traerán luz nova pro pasado da Terra de Montes.
     Os dados máis históricos empezan a ser coñecidos. "La Tierra de Montes formó desde tiempos bien primitivos un núcleo humano étnica y geográficamente bien definido. Consta de su población primigenia por los innumerables monumentos arqueológicos que en ella existen, algunos catalogados y los más todavía ocultos o perdidos para siempre debido a la ignorancia y el abandono en que ha estado sumida la comarca hasta no hace mucho tiempo.
     Cientos de mámoas, petroglifos, castros, menhires, calzadas y puentes legados por Roma, restos de explotaciones mineras, objetos de cerámica, bronce y hierro hallados en casi todas las feligresías; pero sobre todo los túmulos funerarios y castros existentes en tanta cantidad, sobre todo en los montes del Rodeiras, Candán, Castrelo, Tomonde y Quireza, nos hablan de la existencia sobre el terreno de varios miles de habitantes en los momentos anteriores y épocas celto-romanas" (1).
     Ben pouco é o que sabemos aínda deses primeiros tempos da Terra de Montes. Tamén se van soterrando no esquecemento mais vergonzoso as páxinas de groria que os homes de Montes foron escribindo polo mundo enteiro. Coma os moimentos e as pedras.
     O convento de Berbardos de Acibeiro, poñamos por caso, cuia costrución se empezou no ano 1135, está en ruinas, despóis de ser un dos máis importantes do país.
     Este mosteiro suxire a antiga relixiosidade da bisbarra, que Rodríguez Fráiz supón nos primeiros tempos da cristianización de Galicia, anque as xentes manteñan parte dos primitivos costumes.
     De calquera xeito, as eirexas cristiáns foron o lugar ao redor do que se desenrolou a vida da bisbarra.
     "Al iniciarse la Edad Media, sobre el siglo VII, toda la tierra de Montes se hallaba en poder de las iglesias, los señores y el rey; aunque no enfeudada a ninguno de los primeros, según parece.
     Sobre el año 1115, la reina Doña Urraca cedió esta tierra de Montes en su totalidad y en pleno dominio a la Mitra Compostela, cesión luego confirmada por Don Alfonso VII en 1188 juntamente con la tierra de Tabeirós, en las que fueron levantadas sendas torres que, prácticamente hasta su derribo por los Hermandinos, fueron los vigías de estas posesiones, que con omnímodo poder gobernaban los arzobispos compostelanos. (...)
     A partir de esta cesión los Arzobispos de Santiago gobernaron a Montes por medio de Jueces-Merinos hasta 1811". (2)
     Nada de estraño ten, pois, que en atención a este dominio dos eclesiásticos sobor de Montes, e á propia relixiosidade do pobo —do que falan o gran nome das festas ás Santas da bisbarra— xurdiran nesta terra cernes homes de Eirexa, nos que se contan moitos dos que agora se esforzaron na promoción da terra e dos seus habitantes. O gaiteiro de Soutelo escribe, en-col desto, "A terra de Montes ten de todo como en botica: bós canteiros, bós gaiteiros e bós curas pra decir misa".
     O cárrego de xuez meiriño de Montes debeu ser un bó posto. Cáseque todos eles pertencían ás millores familias de Galicia. "Los cuantiosos bienes y rentas que a principios del siglo XVII producía la tenencia de Montes, eran constante tentanción para los señores de la nobleza gallega que en ella deseaban colocar a los hijos segundones; así como también para los despóticos y famélicos castellanos que consigo traían los prelados nombrados por el poder central" (3)
     "Como dato revelador de la importancia económica que para la Mitra Compostelana tenía la Tierra de Montes, anotaremos que en 1612 pagaban 42.447 maravedises y en septiembre del mismo año subieron estos impuestos a 45.477 reales" (4). Seis anos despóis, a cifra xa era de 59.000 reás. (5)
     Por razóns económicas ou afíns, durante séculos as Audiencias da Cruña e de Valladolid, e mesmo a de Roma, houberon de resolver pleitos abondo antre o Arcebispo compostelán e o Convento de Acibeiro. Os veciños, máis ou menos resiñados, chegaron a facer algunha revolta contra os señores que os asoballaban.
     Deica o remate do século XVI, o centro de Montes foi a Torre Fortaleza do Castro, mandada construir polo lexendario bispo Xelmírez. Antre as historias desta Torre cóntase diversas xuntanzas democráticas dos vecinos pra nomear procuradores...; a presencia do Pedro Madruga, que ocupou a Torre pola forza no ano 1473 ou 74 (6) a situación de Fernán Pérez Churruchao, asesiño do Arcebispo e do deán de Toledo no serán do 29 de xunio de 1366, que estívo agachado primeiro na Torre do Castro, e logo foi xuez meiriño dela.
     Moito tempo despóis, outros bandidos sonados pasaron polas terras de Montes. A xente dalgúns anos aínda se acorda das esixencias da banda de Pepa a Loba, e mais das do Foucellas.
     Facendo mal abondo pasaran, anos antes, os soldados franceses de Napoleón. Ao derradeiro xuez de Montes e primeiro alcalde de Forcarei, D. Alonso de Soto, señor de Hermosende, tocoulle a groria de facer frente ás tropas que pasaron por Montes o 21 de marzal de 1809, e logo un mes máis tarde castigando ao pobo. Pro os guerrilleros de Montes vingáronse ben.
     A arideza da terra, perfeitamente coñecida polos veciños facilitou así vencer a un exército invencíbele deica entón e desmesuradamente superior, na terceira parte do tempo que necesitou o resto da Penínsua.
     Un parente do que escribe foi un dos hérois daqueles tempos. Estaba de crego nos montes de Rolás e, dende alí, organizou as guerríllas que moitos disgustos lle causaron aos homes de Napoleón. E, coma o crego Rascado —que tal era o seu nome—, portáronse a maioría dos homes de Montes, e mesmo de Galicia.
     O heroísmo galego, demostrado entón, obrigóu á Xunta Suprema Central a dirixir un fermoso —e xusto— "Manifesto a los pueblos de Galicia". Esta procrama, firmada por Martín de Garay no Real Alcázar de Sevilla o 10 de Santiago de 1809, decía, antre outras cousas:
     "Mas Galicia, Galicia entrada sin resistencia, dominada sin contradicción y llevando tranquilamente su servidumbre; Galicia desbarataba todos los cálculos de la prudencia, y asesinaba el estado destruyendo la esperanza.
     ¿Quién en aquella noche de infortunios pudo presumir que fuera Galicia la que diese a la patria el primer albor de la alegría. Más gloriosos cien veces y más grande en vuestra insurrección, que débiles parecísteis en vuestra caída (...)
     Pero transportaos a Galicia, ó miserables, si es que os atrevéis a hacerlo y aprended hasta dónde alcanzan los quilates de la entereza española. (...)
     Sois, pues, ya libres, ó pueblos de Galicia, y la patria al pronunciarlo borra con lágrimas de admiración y de ternura las voces dolorosas con que se quejó de vosotros en otro tiempo. Sois libres, y lo debéis a vuestra exaltación sublime, a vuestro valor, a vuestra constancia. Sois libres, y España. Europa toda os da un parabién tanto más dulce, cuanto más desesperada parecía vuestra suerte. Los bruenos todos bendicen vuestro nombre; y al proponeros como un modelo a las demás provincias, mira el día de vuestra salvación como el presagio venturoso de la patria" (7)
     Todos os pobos e homes de Galicia eran merecentes desta procrama; pro os de Montes non quedaran atrás.
     Un dos nosos paisáns cruzou, con, outros dous homes, as avanzadas e destacamentos nemigos pra tomar municións, pólvora e fusís da fragata inglesa "Venus". (8)
     Participaron tamén os nosos homes na reconquista de Vigo (9), e foron membros do cerne reximento "A Unión", que foi o héroi de Ponte Sampaio, merecento do tíduo "León de Sampaio" e dun escudo de armas cando loitou fora de Galicia coa mesma bravura. O mencionado patrón de Millerada, e o crego de Tomonde, Xacobe Míguez foron dous líderes destacados nesta revolta popular, cuios dados consiñou maxistralmente no arquivo de Quireza o crego Manuel García Obelleiro, cronista dalgún xeito da loita.
     
     
     

AS NOVAS LOITAS


     Hoxe sigue en pe, o mesmo que noutros pobos, o esprito de loita que os de Montes amostraron nesta data. Pro as loitas que dende entón tiveron que facer as xentes de Montes desenroláronse noutras bandas, e con outras armas.
     É así cómo entendemos os trunfos de tantos fillos de Montes que escadaron a postos sobranceiros na sociedade; sin outra axuda que o seu esprito encetador e a sua laboriosidade.
     Esprito encetador, por necesidade, que obriga á maioría dos homes a deixar persoas e aldeas queridas "por outros que nunca vín". Bó é que o traballo outén recompensa; por eso, unha relación de nomes de Montes que trunfaron lonxe da terra sería innumerábele: grandes costrutores, homes de negocios, artistas da pedra, cadeiráticos, homes santos, homes de eirexa, médicos, enxeñeiros, todos eles, "self-made-man", coma dín os yanquees. Venezuela, México, Panamá, Norteamérica, Arxentina, Holanda, Suiza, Alemania, Francia, Madrid e outras capitales son testigos da labor costante que homes de Montes levaron a termo en terras alleas.
     Laboriosidade, costancia, amabilidade, hospitalidade son virtudes práticas da comunidade humán; comunidade, xeralmente sóio de mulleres, feitas así viudas de vivos. Os homes, comezando polos máis ricos emigran; e as suas mulleres coidan no lar dos fillos e da terra.
     Mentres dormen os primeiros hérois de Montes nos castros, e antes de contar a vida dun dos derradeiros, deixamos resoar nos ouvídos o canto á espranza que o poeta Ribalta lle adica á sua montaña, e decimos con él:

Da montaña hanos de vire
a feiticeira alborada
que o noso día de groria
anuncie con ledas cántigas.
Se inda non estamos mortos
é porque ista terra amada
todo ó que sempre foi noso
gardou, coma en arca santa.
Montaña dos meus amores,
layal e firme montaña,
¡ti es quen gardou a enxebreza
toda da terra galaica!...






          ——————————


          NOTAS


(1) A. RODRÍGUEZ FRAIZ: Tierra de Montes. Torre-Fortaleza do Castro y Jueces Merinos, Compostellanum, XVI (1971) pp. 333-395; p. 333.
(2) Ibid., p. 334.
(3) Ibid., p. 361.
(4) Ibid., p. 364.
(5) Ibid., p. 368.
(6) Ibid., p. 355.
(7) S. PORTELA PAZOS: La guerra de la independencia en Galicia, Santiago, 1964, pp. 202-205.
(8) Ibid., p. 124.
(9) Ibid., p. 148.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega