O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Álvaro das Casas a Bóveda

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada220.html


Transcripción dunha carta mecanografiada de Alvaro das Casas.



     ALVARO 
     DE LAS 
     CASAS
Pazo de Esposende 
(Ribadavia-Orense) 
       21-8-931


Sr. D. Alexandre Bóveda

Meu querido irman:
     Oxe leio a decisión dos galeguistas de afastarse da loita eleitoral en Lugo, a posizon ca que fica a ORGA lucense e aquela en que vai a ficar logo a de Vigo. O horizonte coménza a crarexar.
     Neste intre, xulgo obriga da miña concencia insistir nos puntos de vista que sosteño pubricamente despois das eleiciós: a necesidade urxentísima de constituir un grande partido galeguista. Entendo que o chamado a romper o camiño —pol-a sua fidelidade aos principios históricos e a pureza e maor honestidade da sua conducta políteca— é o grupo de Pontevedra úneco que, hastra na sua domenazón, manten a unidade da doitriña nazonalista. De momento no meu ver, percísase que o Grupo Autonomista de Vigo, Irmandade de Ourense e Partido Galeguista-repubricano de Ourense decrárense pubricamente disoltos pasando a xuntarse ás vosas forzas seus aituaes asociados. Logo seguirán este camiño outras organizaciós, pro as ditas —coma máis afís— son as que teñen a obriga de dare eisempro.
     Aos nosos catro diputados —Castelao, Otero Pedrayo, Vilar Ponte e Suarez Picallo— supoño que lles chegaría a hora de afastarse pubricamente da xefatura de Casares Quiroga e desligarse de unha minoría estúpida, cobarde e incapaz que nada fai pol-a Terra e que os pon en trance de complicidade co-as traiciós máis noxentas. A EZQUERDA GALEGUISTA supoño que lles vai a escrevir neste senso recramando a sua libertade de aición pra acusalos pubricamente, no caso de manter na sua forza tan indinos concubinatos.

     Voso na Terra 

Alvaro das Casas

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega