Transcripción dunha carta manuscrita de Alvaro das Casas remitida a
Bóveda.
INSTITUTO DE SEGUNDA ENSEÑANZA
Noya (Coruña)
Profesorado
Sr. D. Alexandre Bóveda
Bencaro amigo:
Con moito retraso onte leín no voso xornal
«A Nosa Terra» un artigo teu tiduado V.N.G. feito pra
ferirme i-enrrabexarme, nunha oportunidade que deixo á tua
consideración. Eu ainda estou a crêr que non son estes intres de dar
ás xentes a certeza da nosa desunión, cálome, e fago á Patria este
novo sagrificio de silenzo. Penso si, que non és xusto conmigo co gallo
do meu incidente académico solo recebín á adhesión dun grupo
galeguista (o de Viveiro) e persoalmente solo meia dúcea de amigos
tivechedes a xentileza de mostrarvos rente de min. Ainda estou a agardar
verbas de alento de siñificadísimos dirixentes do galeguismo e a
opinión oficial do Consello do Partido. Non hai razóns, pois, pra
devir que os galeguistas do Partido fixéchedes bandeira da miña
persecución. As miñas verbas de Barcelona toda a emprensa de Hespaña
percisou que foron ditas por min, e solo os xornas da Galiza
atribuironnas aos galeguistas. Compara as miñas decraracións na «Región» de Ourense e a nota do grupo de Vigo e fala como che
dite a tua concencia, e dime si tés razóns pra erguerme na picota.
¿E xa non fixen ren mais? Fun o primeiro lente da penínsua que non
empregou lingoa oficial en dúas aberturas de curso. Acaso esto non
conta pra nada, magoado de min! E nada foron as miñas conferencias en
Vigo, instituto de Pontevedra, Redondela, Tuy, a Estrada, Ferrol... En
fin, está visto: pasei; xa solo fica agardar a morte isolado nun
recanto. Pro a miña concencia da cidadán que dende o berce solo pensou
na sua pátria, está tranquía. Unha caida así deséxavos a todos teu
bó amigo.
Noia 18-10-1933
|