O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Dúas letras

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara010
Ela ten dous ollos de aguia
que parecen dous luceiros
para iluminar a miña alma
de noite polos sendeiros.

Súas olladas non ten ficción
nen na  súa sincera sorrisa
é tan pulcra como branca
coma o sol na suave brisa.

Xa non me é máis posible
durmir sen poder amala
mentras eu sexa infalible.

De miña mente non podo quitala
encanto pensar fora admisible
de dia e de noite querendo ollala.

II

Nun domingo, antes de viaxar
pedinlle moi humildemente,
 despois da santa misa rezar
pra atenderme pacientemente.

En prosa e verso, unha misiva
eu intentaba poderlle entregar
onde eu xuraba, sen evasiva
que nunca a deixaría de amar.

Trémula, tomouna en súas maos
brancas como copos de neves
delicadas como flores de xeranios.

Para o papel non se amazocar,
segurouna cos dedos, moi leves,
suaves como a brisa do madrugar.

III

 Ollándome con unha rara atención
ela quedouse bastante confusa,
gardouna, ben cerca do corazón,
entre súas intimidades e a blusa.

Como se fose  súa alma en flor
gardada, ó calor da escuridade
transmitíalle, compaixón e amor
para nunca deixala na saudade.

Agora, despois de ter que atravesar
as incertezas do tempo, con moita dor
os camiños, os ceos e un bravo mar

O meu corazón sangra, sen seu amor
a miña alma está xélida, na tempestade
os meus ollos só ven nela, o clamor.

¿............................................................................ ...........................................................................?


     ...Thaynara, agora con a dor do mal que a acometera e o sufrimento polos recordatorios, continua abrindo as páxinas do seu enigmático e misterioso libro. Lembrase dos coidados dantaño con relación ó amor, ás veces extremos e dolorosos. Claro, todo iso, por precaución e con medo do que podería acontecer na cabeza e na lingua das persoas intrometidas das cousas alleas, pois, neses pequenos poboados, todo o mundo coñece a todos. Ademais de iso, como eles aínda eran dous adolescentes e sen unha certa base de coñecementos ou medios de sustentación propios, toda a precaución nese sentido sería pouca.

     Naquela época e nun momento de indecisión, con as bágoas escorrendo polo rostro e o corazón comprimindo seu peito, pide unha tregua aparente ó amado, pois, dagora en diante, soamente se poderían encontrar onde ninguén puidese percibir eses encontros, é dicir, na súa propia casa, sendo sabedores apenas eles e a familia dela, un segredo compartillado por moitos anos entre eles.

     A partir daquel momento, naquel fogar, a pesar de todos os problemas, eles terían o calor de unha boa lareira de aldea para poder aquecer súa alma, o corpo e, principalmente, os pés nesa época do inverno moi frío e húmedo daquela comarca da rexión galega. Era un amor reprimido diante do oído e da ollada   dos ollos clínicos de súa familia por detrás das portas e das paredes.

     Así mesmo, para eles, era a tranquilidade e satisfacción de poder continuar amándose apaixonadamente, cando menos por uns tempos. Theodosio, tamén con o corazón partido e sen otra opción, acepta a decisión tomada pola amada que, de certa maneira, era unha decisión bastante sensata e posible dentro das circunstancias  daquel exacto momento.

     Todos eses imprevistos, os deixaban moi tristes e decepcionados, principalmente para el, que lle quedaban poucos meses o tal vez uns poucos días, para disfrutar non só do calor do fogar, pero, tamén, daquela labarada que se encende cando dous corazós apaixonados poden permutar aquelas olladas misteriosas e penetrantes ata a propia alma.

     Os días da despedida vanse acercando a galope, de unha maneira angustiante e desesperadora para os dous, pois, mesmo que non o declaren abertamente, con palabras, non era necesario que as dixesen, porque, os xestos e súas olladas falaban máis que mil palabras pronunciadas  para percibir  canto eles se querían.

     Asimesmo, os dous adolescentes, dentro do posible, procuran levar unha vida como se nada estivera acontecendo fóra do normal, apenas, aparentemente preocupados cos acontecementos naturales de tódolos días, de un poboado de labradores do interior de Galicia —súa moi querida,  A Terra de Montes—.   
        
     Porén, a pesar de que a despedida xa era esperada a calquera momento, un certo día dun sol insípido e encuberto polas nubes, ó anoitecer, surxe o encontro inesperado entre os dous adolescentes xa bastante martirizados polas circunstancias imprevistas. Ela volvía para casa con unha colega das aulas de costura e el con varias persoas veciñas e parentes, en sentido contrario, estaba saindo cargando as maletas de madeira de pino e vestindo a ropa do domingo, para coller o taxi que os esperaba alí próximo, no poboado, para embarcar dentro de uns días no Porto de Vigo deica Cádiz e despois dali para o Brasil.

     Naquel intre, polas circunstancias do momento, foi como unha despedida apoteótica, pero, de xordos e mudos, sen dereito a bágoas, lamentacións  ou abrazos, apenas, súas tristes olladas, vacías  e perdidas no horizonte de súas almas. Foi un momento de pensamentos mórbidos e desalentadores, con seus corazós petrificados e súas almas no máis profundo furacán arrebatador de soños aínda incompletos...

     Thaynara, quizais pola súa forte personalidade —posesiva e enigmática— ela sabía moi ben como transformar e dominar súa paixón en algunha cousa impenetrable, pétrea ou indiferente. Costumaba deixar as persoas que dela se aproximaban bastante confusas e desorientadas, pois, en realidade, nunca se sabía completamente como sería seu comportamento no próximo día de encontro con relación ó namoro. Pero, el, a pesar de bastante realista, era ben máis sensible ás posibles mudanzas do humor: bruscas e enigmáticas da amada.

     Os primeros días despois da despedida, ela, por súa auto confianza e aparente indiferencia, aínda non acreditaba que el xa estaba ben lonxe. Pero, aos poucos, vai constatando que, iso era un feito consumado e procura “esquecelo” intentando namorar con outros pretendentes, pero, a pesar de súa imaxinaria dureza, algunha cousa dentro de seu corazón, batía máis forte, de modo que, todo aquilo que procuraba disfrazar, era apenas unha desconcertante fuga de diversión camuflada que só enganaba a sí mesma, porén, martirizaba ó amado distante coa súa frivolidade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega