Onde tanto me teño sementado

Páxina Anterior

Páxina 15

Páxina Seguinte

Epílogo

CACO FÓNICO


                     Caco fónico é quen rouba sons, no caso

                     deste xoguete literario a música de ?A

                     quién le importa?, de Alaska.


Hai xente que presume
de seren amiguiños,
ou compis ou coleguis
de alumnos ou de fillos,
coma se recuasen no vivido
e fosen outra vez cativos.


O estatus das persoas,
os anos e as vivencias
son os que te compinchan
ou marcan diferenzas,
na escola-torno, somos os oleiros
e vós o barro cantareiro.


E teredes sempre a nosa axuda
porque vos queremos un montón.


Pero non somos os vosos compas
senón que somos os vosos profes,
nós a ensinar
e vós a aprender,
como debe ser.


Hai profes que presumen
de seren os papás
de todos os alumnos
para significar
que os queren e os educan moito máis,
que sendo mestres, sendo pais.


Nós querémosvos e reforzamos
o que vos educan os papás.


Pero non somos os vosos pais
senón que somos os vosos profes,
e cada quen
ten o seu papel
como debe ser.


A sociedade pensa
que na docencia somos
a escola, panacea,
os mestres, faino-todo,
que se resolven todos os problemas
dándolle a escola competencias.


Sexo, droga, condución, alcol,
enfermidades, alimentación.


Pero non somos superheroes
senón que somos só profesores,
só temos que
ensinarvos ben
como debe ser.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega