Onde tanto me teño sementado

Páxina Anterior

Páxina 2

Páxina Seguinte

O valse da voda

PRÓLOGO DOUS
    
    

     Xa antes de chegar ao Riomaior sabía que estes serían os mellores anos da miña vida. O meu colexio (pois aínda o segue sendo) ten un aquel de felicidade, harmonía, tranquilidade, compañeirismo.

     O colexio atópase ao lado do mar, nun lugar privilexiado. Isto, unido a que conta cun profesorado fabuloso, converten o Riomaior nun paraíso educativo no que poder xogar, divertirse, facer amigos...

     Unha das características máis salientables do colexio é que, ao ter tan poucos alumnos, pódese contar cunha chea da aulas utilizadas como biblioteca, ludoteca, aula de música, inglés, informática. Agora que me atopo noutro centro aprecio a riqueza que é poder contar con tantos espazos diferentes para os estudantes.

     Sobre a cita da canción de despedida que cantan os que se van, na que afirma que sempre volveremos polo colexio, non é unha simple frase nostálxica senón unha realidade, pois sempre que saio por Cobres, sen rumbo fixo, acabamos diante daquel lugar no que tantos anos pasamos coma se dun imán se tratase. Tamén teño recordo de que estar no Riomaior era coma estar na propia casa, pola gran familia que formabamos os alumnos e profesores (tamén Adolfina e Agustín), polo protexido que te sentías alí dentro, mentres fóra, no patio, a auga da chuvia formaba ondas co vento sobre o campo de fútbol e escorregaba polas ventás.

     Como non lembrar tamén a enorme cantidade de actividades que se realizan neste colexio, festivais, actividades de promoción da lectura, os crosses, a semana cultural? das que agora teño gran saudade, cando dificilmente celebramos o Entroido e o magosto no Toural.

     Por último gustaríame felicitar ao profesor Miguel polos 2 libros que lle ten dedicados ao Riomaior, que demostran o enorme cariño que lle ten a este lugar e aos seus alumnos.


     Pedro Álvarez García-Ramos
     Abril 2009

    



 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega