Onde tanto me teño sementado

Páxina Anterior

Páxina 3

Páxina Seguinte

O valse da voda

PRÓLOGO TRES
    
    

     Como a todos, sempre nos chega a hora de marchar do colexio de Riomaior, tanto aos profesores como aos alumnos, e deixar os recordos atrás. Sempre disfrutamos de moitas actividades extraescolares grazas á ANPA, ademais da Semana Cultural, o Entroido, o Magosto e outras actividades educativas.

     Grazas ao profesorado conseguimos bastante coordinación na Biblioteca e en Plástica. O colexio de Riomaior fai que o ensino primario sexa moi divertido e que todo o alumnado participe en crosses, concursos e en bastantes actividades educativas.

     O recreo sempre foi moi divertido e inspira felicidade, con tanta natureza. Todos os rapaces e rapazas que están no Riomaior somos amigos e compartimos anos de convivencia tanto entre nós como cos profesores. Tamén existe amizade co garda da Biblioteca, Buli, que fai moitas viaxes para traernos información e nos escribe cartas para que nos animemos a ler.

     A Miguel tócalle a hora de marchar pero non por iso vaise ir triste senón que leva os recordos para poder seguir escribindo libros.


     Antón Álvarez García-Ramos
     Abril 2009

    



 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega