Onde tanto me teño sementado

Páxina Anterior

Páxina 8

Páxina Seguinte

Epílogo

ELES


Teñen o corazón de fantasía,
labios como libélulas vermellas
estrelas de colores baixo as cellas
e na voz un cadoiro de alegría.


En flores coma estas, día a día,
competimos teimudos coas abellas,
ou cos bois, cos arados e coas rellas
laborando tenaces a utopía.


Esperamos moi pouco, case nada
que compense o esforzo do labor,
un alegre sorriso na mirada,


unha verba feliz, multicolor,
e ver as habelencias da rolada
voando no aire azul de Riomaior.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega