Pasaxeiras

Páxina Anterior

"A Escola d'obreiros"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1

 




[p. 79]

Á ESCOLA D'OBREIROS (1)

   Pasa de tres anos
que xa está fundada
a Escola d' obreiros;
e si se repara
canto val ô ubreiro
que de día traballa,
o ter pol-anoite
que lle dea ensinanza
de moitas matereas
que saber fai falla,
a aquel que non tivo
na sua crianza
nin país, nin maestros
que llas ensinaran,



(1) Leída en una velada organizada por los profesores de la Escuela de Obreros de Lugo.




[p. 80]

entonces verase

craro como a auga
qu' a institucion esta
e muy nobre e santa.
   Porque nas duas horas

que na Escola pasan
xa suletreando,
xa dando gramática
x' aprendendo contas

xa escribindo pranas,
non solo enriquecen
e istruyen a alma,
limpandolle os ollos
da cega iñorancia,
que fai ser ó home
un burro de carga;
non sólo ademiran,
ó paso qu' adiantan,
cómo aquelas letras
ben ou mal formadas
que van escribindo,
compoñen palabras
que din o qu' un quere
com' as que se falan,

e ven o sacreto
d' escribir as cartas;
non sólo deprenden


[p. 81]

cousas necesarias,
pra poder no mundo

sacar mais ventaxa
d' as artes d' oficio.
d' as cousas que fagan,

unha vez qu' a vida
está acugulada
de males e penas,
traballos e bágoas;
non sólo contempran

ô estudear n-os mapas
as naciós qu' ocupan
as razas humanas,
e ven qu' este mundo
que nos da tant' ánsia,
com' é redondiño
com' unha laranxa,

pol-o azul espacio
rodando sempr' anda,
com' esas estrelas
que brilan e bailan
n-as noites sin lua,
serenas e craras;
non sólo n-a Hestoria
sagrada e profana

deprenden os feitos
d' as edás pasadas,


[p. 82]

en dónde s' espellan,
e dónde se sacan

pra vida d'o hôme
grandes ensinanzas,
sinón que se privan
de vicios qu' espantan,

de estar nas tabernas
y-en moitas mais casas
dónd' a salú minan
e co corpo acaban,
dónd' as veces deixan
tod' a cigallada
que deu o traballo
de tod' a semana.
   Y-o pior de todo
é dempois, que a rabia

non morr' onde peca,
sinón que desbafa
co-a muller e os fillos

dempoixas n-a casa.
   ¡Cántos d' eiquí vexo
qu' escoitan e calan
saben qu' estas cousas
moitas veces pasan!
   ¡Cántos de vosoutros
cando vos mandaban
vosos pais a escola


[p. 83]

dísteis en latala,
por ir moitas veces
xogar a billarda
con outros tan vagos

detrás d' a amuralla,
ou por ir os niños
aló pol-a Chanca,
traguendo despoixas
a roupa raxada
d' andar entr' as silvas

ou de calquer galla,
sirvindo de muda
testigo d' a falta,
e logo dempoixas
a mai enfadada
andouvos n-o lombo
zurrand' a badana,
sin sacar partido
nin conseguir nada,
porqu' o outro dia
outra vez latábais,
guiados acaso
por malas compañas
qu' atodol-os-vicios
atraen e arrastran!
   Poida que ningun

n' esta Escola haxa


[p. 84]

qu' esté n' este caso;
mais si s' atopara,

decirnos poidera
cómo se relaxan
dempois que c-o xuicio
vai nacendo a calma,
ô ver que s' atopan
sin saber de nada
por perder as horas
qu' a escola os mandaban.

¡O qu' agoran queren,

antes despreciaban,
e choran a perda
d' as horas pasadas!
   Por eso est' Escola,

denque foi creada,
cumpre dous obxetos
dinos d' alabanza:
é faro qu' aluma
nas negras borrascas

que ó home sorprenden,
e que se levantan
no mar axitado
de penas e anseas
que ten n' este mundo
tod'o que traballa,
y-é escudo qu' ó obreiro


[p. 85]

protexe e ampara
dos dardos qu'os viceos

treidores lle lanzan,
que pasan o corpo
e dañan a alma.
   Por eso deberan

sobre da portada
poñer un letreiro
con letras douradas,
e que n' él se lese:
«Caridá Cristiana».


22 de Diciembre de 1888.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega