Pasaxeiras

Páxina Anterior

"Espriguizos"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1


[p. 87]

               A M....

   Quero á unha roxa, roxiña,
Quero á unha roxa, arroxada,

Com' a luz d'a mañanciña
Que pint' o sol d' alborada.


                  —

   Brilan as ledas meniñas

D'os seus ollos churrusqueiros,
Como n-as noites mainiñas
D'o brau, brilan os luceiros.

                  —

   Cando á súa boca prega

Ó ver o surrir que ten,


[p. 88]

Paresme qu' en grácea chega
Donde non chegou ninguen.

                  —

   Y-ô verlle o pelo dourado,

Cabilo qu' este tesouro
Quixo Dios fose cerrado
C' unha tapadeira d' ouro.
...........................................
...........................................

   N-o meu corazón valeiro

Solo había escuridá.
Hox' énchemo por enteiro

D' unha imaxe à craridá,

                  —

   Porqu' o ocupa unha roxiña,
Unha roxiña arroxada
Com' a luz d' a mañanciña,
Que pint' o sol d' alborada.


18 Enero 90.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega