Pasaxeiras

Páxina Anterior

"O gaiteiro de Xixón"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1




[p. 89]

     poesía de campoamor



                    I

  
Xa o baile s' está formando,
y-o gaitero ¿dónde está?
—A sua mai está enterrando,
prô decontado virá.
—¿Y él virá? —Pois qu' ha facer?
Cumprindo con seu deber

védeo ei ven... pro ¡qué tristeiro
traguerá o seu corazón
        ô gaiteiro,
ô gaiteiro de Xixón!



                    II

   ¡Probe! O ver que n-a sua casa
perdeu todo ó mais querido,


[p. 90]

un bagoár por drento ó abrasa
como promo derretido!
Pero como co-as suas mans
gana o pan pra seus hirmans,
solo po-lo panadeiro
toca con resinación
        ô gaiteiro,
ô gaiteiro de Xixón.



                    III

   Xa non viu mai mais bonita
o reino en que o sol s' apousa,
prô xa por fecha infinita
sepárao d' ela unha lousa.
¡Xeme e toca! ¡N-é mentira!
Mais cando xeme e sospira
non berra como un carneiro,
que ruxe como un león,
        ô gaiteiro,
ô gaiteiro de Xixón.



                    IV

   A nena mais beiladora
dille, de beilar avara:


[p. 91]

—¡Apresa!— Y él sopra e chora
poñendo de risa a cara.
Y-ó ver o efeuto que fai
chorando cando os distrai,
algús, como Zoilo á Homeiro,
asubian sin perdón
        ô gaiteiro,
ô gaiteiro de Xixón.



                    V

   Co as agunias da alma
di entre soprar e soprar:
—¡Ay, maiña, cómo calma
y-alivia o sospirar!
Y é que n-o seu peito zumba
a voz qu' apagou a tumba,
voz que, pese ô mundo enteiro,
sempr-a oirá o corazón
        do gaiteiro,
do gaiteiro de Xixón.



                   
VI

   Decî, leutoras, comigo
¡Como éste, cántos eu vin


[p. 92]

¿Perguntais por quén o digo?
Por vosotras e por min.
¿Non vedes, miñas leutoras,
qu-ô facer tantas deloras
morro de pena, tristeiro,
mentras que as cantais ô són

       
do gaiteiro,
do gaiteiro de Xixón?

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega