Pasaxeiras

Páxina Anterior

"Tras da obella"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1



   —¿Prónde vas, Maruxiña, d'esta hora?
—Vou ô monte á catar una obella.
—¿Non tés medo de noite e sin lua
tí soliña por esa debesa?
Por si cansas, dou volta contigo,
pois non quero que mai che soceda,
e buscando eu d'un lado e tí d'outro,
decontado daremos con ela.
—Ben vou sola. Agradezocho moito,
pro non canso, que teño boas pernas.
—Ben-ó sei. —¿Cómo ó sabes? —Adrede
Ch'as mirei á mañá n-a restreva.
—Vaya, volve, non quero qu' acaso
por volvelas á ver te debezas,
porqu' as teño con ligas atadas
que sô o crego as desata n-a igresia.
—¿Logo atouchas o crego? —Non tolo,
prô bendice o direito pra velas.


Lugo, Julio 18 de 1895.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega