Pasaxeiras

Páxina Anterior

"Pregaria"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1



[p. 95]


          Á María lnmaculada.

   Salve, Virxen bendita María,
Salve, Reina de ceos e terra,
Salve, Arca Sagrada qu' encerra
Todas cantas mercés nos fai Dios;
   De xinollos postrado âs tuas prantas
Supricante e contrito che pido
Que me mires cal fillo querido,
Que me mires con ollos d'amor.

                         —

   Fai qu'a y-alma que toda ch' entrego
Chegue ô ben porque tanto suspira,
E perdoa s'é moi tosca a lira
Que che canta esta probe canción.
   Fai, Siñora, que todol-os homes
Poidan ser d'a túa groria testigos.


[p. 96]

E dá á todol-os meus enemigos
Paz, amor, caridad'e perdón.

                         —

   Tí, que és o consolo d'o triste,
Dá remedio ôs meus fondos pesares;
Tí que és o luceiro d'os mares,
Alumea n-o meu corazón.
   Eu quixera qu'o teu santo nome
Non me canse xamais de decilo,
Eu quixera que cando cabilo
Foses dona d'a miña razón.

                         —

   Fai, Siñora, que nunca os errores
Teñan casa n-o meu pensamento,
Non t' apartes de min un momento
Cando o deño me veña á tentar;
   Porque quero gozar d'os consolos
D'a católea fé en que creo,
Porque quero dempois ir ó ceo
Pra de cote as tuas groreas cantar.


Navidá 8 de 1889.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega