Pasaxeiras

Páxina Anterior

"Un bico"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1



[p. 103]

               Á Xan Montes Capon.

   —Ay, Maruxiña, por Dios, dam'un bico.
—¿Qué fas? Acouga. ¿Tí seica toleas?
—Pois non me marcho sin que hoxe m'o deas.
—Mira que berro, ten quedal-as maus.
—Y eu que pensando que ti me querías,
fixent'a dona d'os meus pensamentos.
—Pois si continuas co-eses intentos,
poida que corras d' este sitio á paus.

—Quen n-os xuramentos
fía d'a muller,
pol-o qu' en tí vexo,
muy burro ha de ser.
Xa qu'o meu amor
te fai anoxar,
n-a vida do mundo
volvesm' á engañar.



[p. 104]

—¡Ay, tí, pol-o visto, âs rapazas que tés
quérelas pro mesmo que querel-os pés!

Pois vaite con Dios.
Xa podes largar,
e nunca me volvas
n'a vida á falar.

—Mira ó que fas, pois xa teño catro onzas
para casarme contigo per sécola.
Mira ó que fas.
                      
—Si te casas... destonzas...

—(¡Ah! Seica sona millor esta trécola.)
Ay, Maruxiña, por Dios, dam' un bico.
—Din qu'ôs solteiros desmermanll'o amor.
—Quéroche tanto que xa non m' esprico...
—Pois de casado sabrache millor.
   Probe d' aquela que dá creto ôs homes,
pois todos sodes un fato de pillos,
e sempre vides co-eses estribillos
pr'a que se fía votal-a perder.
—Probe d'aquel que co-as mulleres xoga
e que pretende ter d'elas mercedes,
pois engueréllase n'as mesmas redes
que cobizoso lles quixo tender.
   —Tí sempre fuches un zaramalleiro.
—Non desconfíes de min, Maruxiña.
—¿Por qué non tratas de casart'axiña?
—Por non saber si me queres ou non.


[p. 105]

—A millor proba d'amor son ch'as obras.
—Tí fasll'as miñas muy pouca xusticia.
—Sí; per'as d'hoxe non tiñan malicia.
—Eran as ánseas d'o meu corazón.

   —Por eso, ô notarche
tan fero querer,
pensei que me viñas
á comprometer.
—Non pensaba en tal;
supoñías mal;
pois por darm' un bico
quedabas igual.
   —Nunca un solo bico
calm'o voso afán,
porque mais queredes
cantos mais vos dan.
Por eso, ô meu ver,
non debe de ter,
quen pensa n'os bicos,
muy firm'o querer.

   —Fíate en min. Si te quero co-a y-alma,
¿cómo receas qu'amores che minta?
Solo son teu.
                      
—Pois arreda, ten calma.

(¡Uy! este merlo non ten mala pinta.)
   —¿Non me das logo siquera un biquiño
com'unha proba d'o amor que me tés?


[p. 106]

—¿Outra vez volves torcer o camiño?
Pois ô meu lado, por ese, non vés.

—¿Dasm'un bico ou non?
—Xa podes largar;
sin casar conmigo
non m'has de bicar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega