Pasaxeiras

Páxina Anterior

"Seguidillas"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1




[p. 107]

Ao autor de «Brétemas» meu amigo Eugenio Carré Aldao.



   Si en pormesas dos homes
          te fías, nena,
ôs feitos, dempois, teme
          mais qu' as pormesas.
          Pois ven o vento,
e coas pormesas voa
          deixando os feitos.


   Non seas argullosa
          por ter boa dote,
nin che sirva de regra
          pra escoller home.
          ¡Probe da nena
que non ten mais virtudes
          qu'a da riqueza!


[p. 108]

   N'outro tempo âs solteiras
          lles insinaban
que o bon pano se vende
          dentro da arca;
          mas hoxe en día
saben que naide o merca
          si se apolilla.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega