Pasaxeiras

Páxina Anterior

"Refreusiós"

Páxina Seguinte

m5xrdgzlopezpasaxeiras018.html



[p. 109]

Ao meu amigo Galo Salinas Rodríguez.

   ¡Coidado s' é bonita! Nunca podo
refrenar á pasión cando contempro
os seus negriños ollos, que relocen
mais qu' o sol cand' está ben limp' o ceo.
¿E cómo hei de poder s' os seus feitizos
sempre véndoos estou no pensamento?
¡Qué morena, Dios santo, qué morena!
Eu relouco d' amor sempre qu' a vexo.
Qué boquiña tan cuca, que surrisa
tan graciosa, si quer, fai cos seus beizos!
   ¡Qué garrida rapaza! ¡Qué xeitosa!
¡Qué cintura, e qué corpo tan ben feito!
   Eu que vin tantas nenas pol-o mundo,
que da mesma hermosura eran espello,
e que xa cavilaba que fuxira
de min o amor, contándom' entre os vellos,


[p. 110]

¿cál non seria á gran sorpresa miña,
cand' â volta da mau, m' alcontro preso
nas redes amorosas qu' os feitizos
d' esta nena na miñ' alma teceron?
   Mais teño que decirllo, non hay volta.
¿E s'ela non m' admite o parrafeo?
Enton agachareime, e por si acaso,
direill' ô corazon «estate quedo».
¿E si ela m'escoitara por fortúa?
Mais qué m' ha d' escoitar send' eu tan feo,
y ela a envexa das nenas mais garridas,
hermosura que ô sol debe dar celos,
a morena en quen Dios puxo mais gracia,
que por ollos ten postos dous luceiros...
   Mais, qu' estou eu falando, ¿e si m' escoita
pra darm' unhas cabazas com' on tempro?
   A verdá é qu' os homes somos libres
pra escoller as mulleres que quixéremos;
pero libres tan solo n' aparenza,
pois no fondo do asunto, non é certo;
porque todas as nosas libertades
mátanas elas con non darnos creto.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega