Pasaxeiras

Páxina Anterior

"Amor de baile"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1



[p. 111]

O meu amigo e compañeiro Manuel Lois Vázquez.

   Porqu' á Pepa lle dixen
qu' era moy guapa, no baile, certo día,

andou correndo de que o amor lle fixen;
mais non teña por elo fantesía,
pois s' ô ter que falarlle
estrevinme á decir que me gustaba,
solo foy pra pagarlle
as miradas d' amor que me botaba.
   Prô teño deprendido
qu' as miradas d' algunas volvoretas

no baile, son tan solo de coquetas
e fillas sempre de un amor finxido.
   Non foi chamarche guapa, pretenderte;

pois nunca tiven ganas de quererte.
   Pero ¿qué han de decirvos âs mulleres

ô ver o tolo afán con que coidades


[p. 112]

de prendervos con centos d' arfileres

esas gasas e cintas que levades
pr' asistir á esa festa, á donde vades
á buscar quen vos queira tod' a vida,
sin que vos pase pol-o pensamento
qu' esa hermosura vai tan mal prendida

qu' as poucas horas toda a lev' o vento?
   ¿E non visteis qu' aquel que moito salta
ou que baila con moita lixeireza,
cand' ésta a tén n' as pernas, non lle falta

tampouco na cabeza?
   Por eso ningun home de sentido

vai ô bail escoller
á ningunha, pra ser propea muller,
e si o fai, pode vers' arrepentido;
pois tan fals' hermosura,

escapa com'o fume, pouco dura.
   Hay outra que non pasa,
mais no fondo da alma está escondida,
o que debe buscar o que se casa,
no consorte, pra ter mais feliz vida:

é a virtú vestida co talento
que, como a puxo Dios drento d' a alma,

é fort' â tempestá, é dôce â calma,
e nunca a lev' o vento.
   ¿N'adoitades á ver qu' os namorados

d'o baile, teñen pouca consecuencia?


[p. 113]

   É qu' o amor s' asentara n' aparencia

con qu' os corpos poñedes adornados.
   Porqu' aquel que n' un baile vos adora

por mirarvos con tantos pirifollos,
com' ô fin se namora do d' afora,
o amor que ll' ispirades n' aquela hora
non ll' entra ô corazón, queda nos ollos.
   Conqu' excusas chufarte que te queren

cand'os homes che digan qu'és bonita,
pois no baile eso nada pon nin quita,
mentras outra palabra non che deren.
   Porque, pra divertirnos, n' as ruadas,

buscamos âs que teñan moita lérea
pero, com' o casarse é cousa sérea,
querémolas formales pra casadas.
   Neste momento lémbraseme un conto

que ch'o vou á contar, pr' acabar pronto.
Beilando certa vez c' unha morena,
send' eu un rapazote y-ela nena,
prô qu' entonces de min foi moy querida
escoitei d' os seus lábeos, non sin pena,
unha cousa que nunca se m' olvida.
   Como dixen, estábamos beilando,

y-anqu' ela ben sabía
de qu' eu a pretendía,
tan filiz ocaseon aproveitando,
dixenlle qu' a quería;


[p. 114]

y-ela enton non queréndome dar creto

nin tampouco un desaire,
respondeum' asi, en tono de sacreto:
—Xesús; amor d' o baile, amor d' o aire.
—¡Ay, Pepiña, Pepiña,

non sei quén tales cousas vos ensiña!
   Mais, ô fin, si tes conta d' este exempro,

verás con pena, anque cho digo rindo,
de qu' é unha verdade com' un tempro
qu'o amor do baile acábase en dormindo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega