Pasaxeiras

Páxina Anterior

"Os solteirós"

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1



[p. 47]

   Fai xa tempo que me choca
porqu' é cousa d'estrañar
o ver tanto solteiron
como pol-o mundo hay
con posiceon e con cartos
sin trazas de se casar,
por mais qu'eles ben conozan
que lleis vai pasando á edá
habendo tantas solteiras
que podían amparar.
   S'a eles non lles gustaran
as rapazas, craro está,
xa estaba todo espricado;
mais eu puiden reparar
que fuxen eles d'as nenas
cal d'o amo fuxe ó can,
com'a camisa d'o coiro


[p. 48]

ou inda menos quizais.
Y-estonces xa que Iles gustan
¿porqué non se casarán?
Si teñen medo âs rapazas
que gastan un capital
en modas y-en perendengues
c-o pertesto d'alternar
con outras mais ricas qu'elas,
ou que solamente o fan
porque son guapas, e queren
á tod'o mundo gustar,
anqu' ô home non-lle guste
tan custosa vanidá,
vexo qu'abundan amiudo
moitas rapazas, que van
afeitas dende pequenas
á andar ó pé de suas mais,
qu'as deprenden á ser boas
privandoas da ociosidá
qu'as fan traballar n'a casa
pra saber dempois mandar,
o qu'a vida d'a familea
d'esta maneira as afan,
pra que s'elas mais adiante
se chegasen á casar
sirvan pra dar gusto ó home
e non pra dar gusto ós mais.


[p. 49]

   Prô n-é esta a mai do año.
Estrebome a asegurar
que entr'os solteirós que vedes
nin siquera un solo hay
quo non quixese á unha nena
ben n'a sua mocedá.
Mais s'ela nonlle deu sorte,
ou quixo con él xogar,
ou lle cadrou namorarse
d'outra namorada xa,
ou pensou que se consiguen
as nenas con esperar,
ou si merecendo catro
foi pretender moito mais,
e Ile pasou o qu'a moitos
lles acontece pasar
qu'as que lle dan non-as queren
y-as que queren non llás dan,
ou s'encaprichou por unha
cego como un animal
cal si n'houbera n'o mundo
outra conquen s'axuntar
o deixou pasar d'os trinta
tres ou catr'anos namais
malo: perdeu moito tempo
y-o tempo non volv'atras,
e dempois xa din as nenas


[p. 50]

y-algunha razon teran;
ese, ten moita correa
y-é moi duro de pelar.

                    —

   Solteironas que sofrides
a morriña d'outra edá,
as qu'á xamonas chegaisteis,
e d'os corenta pasais,
si quedais pra vestir santos
non teis porque vois queixar
porque tivesteis á culpa
d'o que vos pasando está.
Y-esa culpa non se laba
nin se pode perdonar
por mais qu'andedes n'a igresia
e beatas vos volvais,
y-andedes pintando á mona
c-o rosariño n-a mau,
pr'aparentar, ¡miñas xoyas!
que foy vosa voluntá
quedar solteiras, por noxo
ó estado matrimonial,
aunque, contades de cote
cando falades co-as mais,
tivéstedes de rapazas
os pretendentes á vau.


[p. 51]

   Nenas novas, non fiedes
d'as solteironas xamais,
pois pr'elas o matrimonio
cheo de peligros está.
   Pol-a esperencea que teñen
quérembos aconsellar.
Mais podedes ter seguro
s'algunha sorte lles dais,
que si tiveran más tino,
y-a ambiceon y-a vanidá
non-as trouxese engañadas
cando puideron casar,
lev-os deños si quedaba
ni unha d'elas como está.
   Mais tamen ten moita culpa
a crianza que lles dan
âs rapazas, obrigándoas
á perder á libertá
d'andar tras do home, cando
namoradas dél estan;
porque ôs homes pr'as mulleres
Dios un corazon nos dá
feito de mel e manteiga
com'o que lle deu á Adan
e resistir non podríamos
si nos viñeran tentar.
   Prô xa n'hay esa costume,


[p. 52]

por exo eu vexo muy mal
que podendo escoller eles
non se traten de casar
pra non parecer paus secos
n-o medeo d'a sociedá.
   Elas xa pagan á culpa,
prô d'eles penso ainda mais
que merece aquel que morre
de vello, 'o ilo a enterrar
que lle colguen unha choca
que diga c'o seu badal:
«—Solteirós: esto merezo
por non quererme casar.»

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega