Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Sevilla

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica014.html
     Comecemos pola cidade de Sevilla. Esta cidade que personifica a imaxe máis universal do espírito español pola variedade de súa riqueza artística, o atractivo de súa fisionomia urbana, o garbo de seus moradores e, en suma, con ese conxunto de orixinalidades surpreendentes que foi dado en chamarse o "tipismo da España".
     Poucas urbes poden amosar en seu conxunto de monumentos tan singulares como: A Xiralda, torre almohada (árabe) con Coroa cristá; o Alcazar, palacio mudexar, poboado de lendas medievais, e a Catedral, terceiro monumento en magnitude entre tódolos templos da urbe cristá. Sevilla tamén é o esplendor das festas taurinas, a plaza de "La Mestranza", sempre iluminada pola memoria de Joselito e Belmonte. Enfin, as máis famosas figuras da tauromaquía, así como as do canto "jondo" e do baile flamenco. Se, a todo iso, se xunta o encanto especial das súas tibias noites de primavera, as reixas con flores, os ollos fulgurantes de súas mulleres morenas, a estampa deslumbrante de unha procisión, a gracia sutíl da feira ..., entón, teñese xa, a imaxe clásica desa Sevilla encantadora.
     Neste conxunto panorámico da cidade, onde o clima se conxuga con o ambiente e a luz, predomina o prestixio do río Guadalquivir —o río grande dos árabes— do cal se dixo que é un río "expresamente feito para Sevilla".
     A Xiralda, que é a maior catedral do seu xénero na España, ten unha torre exemplar que pasou a ser farol e guía dos horizontes sevillanos e sonoro campanario de súas horas. Nesta Catedral, está gardada a histórica Biblioteca columbina que foi o legado bibliográfico de Hernando Colón, fillo do almirante Cristóbal Colón, entre os cais destacanse exemplares únicos, con miniaturas, impresos raros e manuscritos do descubridor da América.
     Sevilla, tamén é a cidade xardineira onde subsisten os máis característicos tipos de xardinaxe nacional e outras cuxo estilo se transplanta dos mellores exemplares europeos.
     Sevilla, tamén posúe fontes inesgotables de tipismo na diferenciación dos seus barrios, onde a luz cría unha teoría de matizes e o aroma das flores se transforma en un corpo real.
     O máis típico e singular é o da Santa Cruz, onde se localizou antigamente o "ghetto" ou xudaría hispalense.




Canto e Baile

     Tanto na feira como na romería do Rocío, coma en tódolos festexos locais, a alma hispalense, sempre alegre e efusiva, irrompe no seu canto e na súa danza típica por excelencia, é dicir, as "sevillanas". Como cantigas, como cancións, forman un entrelazar poético, unha prosa métrica realzada por unha música que se move en compaso ternario: A canción, a guitarra e as castañolas. O taconeio e as palmas dos asistentes para expresar nun compaso delicioso, suave e ao mesmo tempo profundo, todo un mundo de sentimentos.
     Do mesmo modo que as "sevillanas", a cidade pródiga en calquer ocasión, sempre que se apresenta un motivo ou sen ele, o canto "jondo" en tódolos seus estilos. Os fandangos de Huelva, as alegrías de Cádiz, as "medias granadinas", as serranas, as malagueñas, todo adquire categoria e se revitaliza en Sevilla cando os seus "cantaores" e "bailaores", ao compaso da imprescindible guitarra, xúntanse á personalidade de súa fibra, de súa marca interpretativa e de seu xenio total, en un todo harmónico.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega