Camiñemos
máis un pouco, deica os píncaros dos Pirineus, ó Norte da Península
Ibérica, e encontramos a provincia de Pamplona rexión de Navarra
no interior, próxima do mar Cantábrico, estendendose dende o vale do
Ebro, La Ribera, deica os Pirineus.
Navarra, gracias a súa variada fisionomía e forza de seus enérxicos
contrastes, representa a transición da España verde para a España
seca, nun mosaico maravilloso de planices e montañas, de terras
fértiles e áridas, estepes de bosques sombríos e gargantas profundas,
un mosaico salpicado de poboacións e vales, nos cais se conservan,
dende hai milenios ambientes e tradicións, cantos e danzas,
arquiteturas xenuínas e auténtico folclore. Aquí se ten forxado a
alma de un pobo vigoroso e idealista como poucos.
O nome de Navarra remonta aos finais da dominación visigótica na
España. Os navarros ocuparan os territorios máis expostos dende
Pamplona, ás marxes de Aragón e do río Ebro, levando despois a súa
influencia deica as vertentes dos Pirineus que lles aseguravan o camiño
das Galias e da Aquitania. A invasión dos godos foi o início de unha
serie de loitas, que se mantiveran encanto durou a monarquía goda.
En 778 d.C., Carlos Magno ven á España e levanta o cerco que os mouros
tiñan feito a Pamplona, entrando na cidade como libertador e amigo,
destruíndo, no entanto, as súas murallas. Os navarros, non aceptando a
tutela de Carlos Magno, vengáronse atacandoo en Roncesvalles, en agosto
do mesmo ano. A fazaña de Roncesvalles deu orixe a "Chanson de
Roland". En l5l2, Navarra incorpórase, a través das dinastías,
ao reino de Castela, ficando con toda a parte septentrional, hoxe
Navarra francesa, en poder dos reis da Franza.
Pamplona, capital do antigo reino pirenaico, é unha cidade con máis de
2000 anos de historia. É moito difícil compreender Navarra sin dar o
debido valor e importancia aos seus foros, sinónimos de direito e
liberdade. Os navarros non só esixen promesa de cumprimento ós
monarcas casteláns, como o esixían tamén a sí propios.
Por Navarra tamén pasa o "Camiño de Santiago", que
constituiu unha das arterias máis importantes da vida relixiosa e
cultural da Idade Media na península Ibérica. Toda a Europa pasou por
alí e, de certa forma ainda continua pasando, no seu peregrinar
constante a Compostela. Aínda hoxe, constitui unha suxestiva aventura
artística e unha inesquecible lección de historia percorrer as
surpreendentes paisaxes que van aparecendo ao longo deste camiño.
Destácase a estrada de Roncesvalles o seu monumento máis antigo é
a Capela de Sancti Spiritus? o máis relevante é a igrexa da
Colexiata, do século XII.
O homen navarro, tanto no aspecto físico como no moral, ofrece os
mesmos contrastes presentes na natureza: o monte e a planice; a árbore
e o arbusto; a corrente e a lagoa. Os fenómenos atmosféricos,
distintos na montaña e nos vales, imprimen condicións moito diversas
ós habitantes das diversas zonas. É natural que isto se reflita no
folclore, un dos máis variados e completos da Península Ibérica.
En Navarra
subsisten especialidades gastronómicas que denotan á rexión, como
sendo a de bons comedores. Grande parte de súas especialidades
culinarias saltou fronteiras, e hoxe en día é frecuente verse na carta
(Menu) de famosos restaurantes a indicación "a la Navarra".
Son famosas as troitas con xamón, o típico guisado (ajoarriero) o
cordeiro en "chilindrou", o porquiño asado, as "habas
con cola"(fabada moito típica da rexión) e outros platos ben
variados. Os viños alcanzan elevada porcentaxe na produción nacional.
|