Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Navarra

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica017.html
     Camiñemos máis un pouco, deica os píncaros dos Pirineus, ó Norte da Península Ibérica, e encontramos a provincia de Pamplona —rexión de Navarra— no interior, próxima do mar Cantábrico, estendendose dende o vale do Ebro, La Ribera, deica os Pirineus.
     Navarra, gracias a súa variada fisionomía e forza de seus enérxicos contrastes, representa a transición da España verde para a España seca, nun mosaico maravilloso de planices e montañas, de terras fértiles e áridas, estepes de bosques sombríos e gargantas profundas, un mosaico salpicado de poboacións e vales, nos cais se conservan, dende hai milenios ambientes e tradicións, cantos e danzas, arquiteturas xenuínas e auténtico folclore. Aquí se ten forxado a alma de un pobo vigoroso e idealista como poucos.
     O nome de Navarra remonta aos finais da dominación visigótica na España. Os navarros ocuparan os territorios máis expostos dende Pamplona, ás marxes de Aragón e do río Ebro, levando despois a súa influencia deica as vertentes dos Pirineus que lles aseguravan o camiño das Galias e da Aquitania. A invasión dos godos foi o início de unha serie de loitas, que se mantiveran encanto durou a monarquía goda.
     En 778 d.C., Carlos Magno ven á España e levanta o cerco que os mouros tiñan feito a Pamplona, entrando na cidade como libertador e amigo, destruíndo, no entanto, as súas murallas. Os navarros, non aceptando a tutela de Carlos Magno, vengáronse atacandoo en Roncesvalles, en agosto do mesmo ano. A fazaña de Roncesvalles deu orixe a "Chanson de Roland". En l5l2, Navarra incorpórase, a través das dinastías, ao reino de Castela, ficando con toda a parte septentrional, hoxe Navarra francesa, en poder dos reis da Franza.
     Pamplona, capital do antigo reino pirenaico, é unha cidade con máis de 2000 anos de historia. É moito difícil compreender Navarra sin dar o debido valor e importancia aos seus foros, sinónimos de direito e liberdade. Os navarros non só esixen promesa de cumprimento ós monarcas casteláns, como o esixían tamén a sí propios.
     Por Navarra tamén pasa o "Camiño de Santiago", que constituiu unha das arterias máis importantes da vida relixiosa e cultural da Idade Media na península Ibérica. Toda a Europa pasou por alí e, de certa forma ainda continua pasando, no seu peregrinar constante a Compostela. Aínda hoxe, constitui unha suxestiva aventura artística e unha inesquecible lección de historia percorrer as surpreendentes paisaxes que van aparecendo ao longo deste camiño. Destácase a estrada de Roncesvalles —o seu monumento máis antigo é a Capela de Sancti Spiritus? o máis relevante é a igrexa da Colexiata, do século XII.
     O homen navarro, tanto no aspecto físico como no moral, ofrece os mesmos contrastes presentes na natureza: o monte e a planice; a árbore e o arbusto; a corrente e a lagoa. Os fenómenos atmosféricos, distintos na montaña e nos vales, imprimen condicións moito diversas ós habitantes das diversas zonas. É natural que isto se reflita no folclore, un dos máis variados e completos da Península Ibérica.




Gastronomía

     En Navarra subsisten especialidades gastronómicas que denotan á rexión, como sendo a de bons comedores. Grande parte de súas especialidades culinarias saltou fronteiras, e hoxe en día é frecuente verse na carta (Menu) de famosos restaurantes a indicación "a la Navarra". Son famosas as troitas con xamón, o típico guisado (ajoarriero) o cordeiro en "chilindrou", o porquiño asado, as "habas con cola"(fabada moito típica da rexión) e outros platos ben variados. Os viños alcanzan elevada porcentaxe na produción nacional.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega