Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Santander

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica019.html
     Continuemos máis un pouco nosa camiñada polas costas do mar Cantábrico e logo, a pouca distancia, encontramos a provincia de Santander, tradicionalmente chamada de "A Montaña", que posúe unha prodixiosa variedade de paisaxes, dende a costa poboada de belas praias, ata as alturas dos "Picos de Europa", abundando tamén os vales de tranquila e agreste beleza. É igualmente destacable a súa evocadora riqueza arqueolóxica.
     A abundancia de cavernas pré-históricas na provincia, con ricos vestixios daquelas remotas e primitivas civilizacións, amosan a existencia de numerosos núcleos de poboacións na Idade da Pedra. A antiga Cantabria inmortalizouse pola súa heróica resistencia dos nativos desta rexión frente ó poderio romano e foi, posteriormente, un importante reducto da Reconquista ós árabes. Durante a Idade Media, alcanzou grande prosperidade a Irmandade das vilas da costa, cuxos barcos efetuavan a maior parte do comercio dos mares do Norte. A costa santanderina conta con importantes portos de renome internacional, podendo destacar: Castro Urdiales, vila de grande carácter que posúe as praias de "Brazomar" e "Oriñón". A igrexa de Santa Maria é o monumento gótico máis importante da provincia. Laredo, porto comercial durante a Idade Media, é hoxe un centro de veraneo de primeira orden. Santoña, situada ao fondo de unha baía defendida por fortes costeiros, é famosa por sua actividade pesqueira, conta con as praias de San Martín e Bérria.
     Tódalas praias da provincia de Santander caracterizanse pola extraordinaria finura de súa area e pola beleza de seu horizonte natural.
     O interior da provincia está poboado de paisaxes de grande beleza, destacandose catro importantes núcleos montañosos: na zona dos "Picos de Europa", con neve case todo o ano, deben citarse os cumes de "Peña Vieja" (2613 m); Pico Santa Ana (2.602m); Pico Cortés (2.370 m), Pico Tesoro (2.570 m).
     Na arqueoloxia, Santander posúe unha riqueza de vestixios pré-históricos notable. A Caverna de Altamira, próxima a Santillana del Mar, calificase de Capela Sixtina da Arte Cuaternaria, polo seu asombroso conxunto de pinturas rupestres, o máis notable do mundo. Tamén non poden deixar de ser citadas as Cavernas de Puente Viesgo e Ramales de Victoria, polos mesmos atributos que a anterior.
     A arquitetura relixiosa está representada na montaña por importantes exemplares de diversos estilos: é moito característica a igrexa mozárabe de Santa María de Lebeña. Ao soberbio conxunto románico pertenecen ás igrexas de Santa María de Piosca, San Martín de Elines, Santa María de Bareyo, Santa María de Yermo.




Gastronomía e Folclore:

     Son diversos os pratos da coziña santanderina, especialmente os de peixes: sardiñas, atun, así como o salmón pescado nos ríos da provincia e os mariscos do Cantábrico. O folclore montañés é extraordinariamente rico e un dos máis personais da Península Ibérica, con moita variedade de romances e cancións. Destacase o "Baile do Ibio", polo seu carácter guerreiro e milenario, único no folclore español, debendo citarse tamén os típicas "Marzos" e os "Picayos", entoados en honra á Virxe, así como os bailes o "Alo alto" e "Alo llano".
     En noso roteiro, agora estamos en terras das Asturias, tamén no litoral do mar Cantábrico. A historia de Asturias identificase totalmente con a historia de España. Significa o principio da Reconquista cristá frente á invasión islámica, onde dous nomes se destacan na resistencia ós islámicos: o Nobre visigodo "Pelayo", que se refuxia nos montes próximos a Cangas de Onís, e "Covadonga". As Asturias son a alvorada de España. Durante a pré-historia foi densamente poboada, sendo testemuño diso as moitas cavernas que contén pinturas e inscricións murais, entre as cais cabe destacar as de Candamo, El Pidal, El Buxu e a extraordinaria gruta de "Tito Bustillo" situada en Ribadesella, unha das tres máis importantes do mundo.
     Existe tamén unha infinidade de xazidas da chamada cultura castrense (cultura celta), algunhas das cais xa foron desenterradas, sendo asombroso nun deses poboados, o chamado Castro de Coaña, situado no Concello do mesmo nome, na parte occidental do territorio asturiano. Esa provincia foi a Terra dos astures, pobo guerreiro, independente e vigoroso, que iniciou a Reconquista na batalla de Covadonga em 772. A história de Asturias, sempre en pé de guerra con os musulmanos, é pródiga en feitos históricos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega