Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Burgos

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica021.html
     Deixemos as costas do mar Cantábrico por un instante e camiñemos no sentido de Castela, entrando pola provincia de Burgos que é a máis extensa deste antergo reino e considerada a "cabeza" do mesmo, fundada hai once séculos por Diego de Porcelos.
     Atravesada polo alto Ebro, ó Norte, e polo río Douro, ó Sur, estendese pola zona que une a meseta Norte con os contrafortes do sistema Ibérico. Esta condición de planalto e serra dá á paisaxe de Burgos un perfil característico, que é como unha síntese esencial de toda a España interior. Os trigais mesturanse con os terreos de pastos e o bosque con os cimos rochosos das montañas nunha grande variedade de perspectivas. Burgos, é a propia história de Castela, é dicir, seu berce, vello e heróico escenario de xestas medievais.
     Os castelos, monasterios, cidades muradas, todo que a pasaxe do tempo foi deixando nestas terras, forman un conxunto en que a historia perdura. A historia de Burgos remonta a tempos antiquísimos. A arte dos primeiros habitantes da Península recoñecese nas soberbas pinturas rupestres da "Cueva de Barcina", complexo de "Ojo Guaraña", e nas esculturas de Cueva de Atapuerca. Os museus provinciais de Burgos e Santo Domingo de Silos gardan relíquias arqueolóxicas de maior interese. A provincia foi moito romanizada, inúmeras calzadas a cruzan e poden se ver ruínas de edificios e de algúns anfiteatros. Aínda se conservan en pé monumentos visigóticos, entre eles Quintanilla de las Viñas é o mellor conservado. O célebre Monasterio de Silos é un magnífico exemplar da arte medieval.
     Burgos, a Capital, foi residencia dos Condes de Castela. Foi este o condado que, convertido máis tarde en un reino, reuniu, a través dos tempos, vales e montes, cidades e montañas, ata forxar, a base de unha profunda diversidade, a orixinalidade do ser da España. O Conde Fernán González, fundador do Condado de Castela, e o Cid son os heróis burgaleses e nacionales por excelencia. El Cid, o Campeador, foi inmortalizado polo cantar "Mio Cid", epopea máxima da língua castelá, que inicia con este poema un dos capítulos máis importantes da literatura universal.
     Burgos, alén da história en sí de Castela, ten outra historia paralela, non tan brillante, pero con un profundo conteúdo humano e espiritual: é a que nos conta ser Burgos unha das estacións fundamentais do Camiño de Santiago de Compostela. A xornada burgalesa do Camiño de Santiago termina en Itero, na marxe do río Pisuerga. Unha bela Ponte de once arcos, que os guías medievais chaman Ponteroso, abre os amplios horizontes da terra palentina (na provincia de Palencia).




Gastronomía

     Un vello ditado dicía que con a sopa burgalesa —feita de partes iguais de pedaciños de cordeiro e patas de caranguexos— suculenta e de moito alimento, convén beber viño clarete de Burgos. É forzoso recordar os pratos característicos da despensa burgalesa: o queixo fresco; os feixóns de Ibeas e os chaparrones de Belodorado. Outros pratos típicos son o guisado, o picado de porco, longainzas chourizos de Villarcayo, as troitas de Pedrosa, o guisado de bofes picados na cazarola, os caracoles e a dobradiña (panza) burgalesa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega