Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Zamora

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica029.html
     Zamora, provincia que tamén fixo parte do antergo reino de León, hoxe, rexión de Castela-León, fai fronteira con Portugal e caracterízase xeograficamente por moitas planíces e montañas que alcanzan ata 1700 metros de altura. O clima é continental, exceto a comarca de Sayago, que ten influencia atlántica. Súas principais cidades están cheas de monumentos histórico-artísticos que evocan unha larga historia. Seus costumes e tradicións foron cuidadosamente preservadas ó largo de moitos séculos. A capital é unha clásica cidade castelá, con importantes monumentos artísticos como a Catedral de Santa María la Nueva e San Pedro. As rexións naturais de Zamora mais típicas son: "Los Carvajales, Tierra de San Yago, Tierra del Pau, e La Sanabria", entre o río Esla e a fronteira portuguesa polo alto Tera, que atravesa a laguna de Castañeda; é unha provincia rodeada por altas montañas ó noroeste, clima fresco e húmido, abundante en pastos.
     A vida relixiosa de Zamora ten unha larga tradición. O primeiro obispo citado pela historia data do século IX, San Atilano, da orden de San Benito.
     Esta provincia conta con monumentos ben antergos dende o século XI, sendo que a capital ten un perímetro amurallado (onde se pode ver en súa proximidade, na porta de Olivares, a casa onde foi educado El Cid, hoxe do obispo). Na mesma muralla, unha porta de Mercadillo e de Santa Clara, está o "Portillo de la Traición" e o arco de doña Urraca, declarado monumento nacional. A catedral románica do século XII, con modificacións posteriores. As Igrexas de Sán Andrés Apóstolo, Sán Antolín, Sán Atilano, Sán Cipriano e a igrexa do Espirito Santo.
     Como se ve, Zamora é unha verdade esencial, por historia e por presencia, polo que pode dar de sí baseandose na ciencia, que hoxe espalla xigantescas hidrelétricas, e nas follas douradas de onten, capazes de entusiasmar, por exemplo, a quen se apaxione pola arte e cultura medievais.
     Esa provincia está situada entre outras catro, cada unha intentando a mellor maneira de sobresair en todos os aspectos. Polo Norte, León, que se antepón no camiño de Santiago, con súas serras e seus vales, con seus bosques cargados de riquezas e súas minas que, polo seu producto natural, criou cidades en ritmo acelerado. Polo Sur, Salamanca, berce da sabedoría, terra de largas devesas e de pedras que cantan seu prestigio; polo Leste, Valladolid, todavía con puxanza da antiga corte, emporio monumental, cume da imaxinación relixiosa do século de ouro; polo Oeste, lugares de transición, Ourense, a cabalo entre os broncos peñascos calcareos e un pouco máis alá, a beleza doce, comovente e suave, case musical, das rías galegas. E como se fose pouco, Portugal, con o encanto da soidade e a tentación da fronteira que puxa o home como un imán; mesmo que na maior parte das veces, do outro lado somente encontre decepcións.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega