Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Xardins floridos

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica032.html
     Flores.—Moitas frores— . Rosas. Rosas de variadas cores e tonalidades son vistas nos acostamentos das estradas, nos espacios que dividen as pistas das estradas vecinais máis próximas dos poboados e cidades do interior, nos xardins e balcóns das casas, na maioría das cidades. No monte, a flor exuberante sempre verde e florida, practicamente o ano todo: "xestas, urces, carrascos, carqueixas" e unha serie de outras especies desta abundante mata nativa, dan á rexión galega unha paisaxe de un xardín encantado.
     Quén tiver a oportunidade ou queira mirar o panorama do alto de un outeiro, verificará a beleza do diseño multicolorido das culturas, dos campos verdes e da mata nativa. A impresión é de que todo nesta rexión "fala": As pedras, as paredes das construccións antergas, as ruínas e as plantas, con a multicolorida beleza das flores. A Galiza de hoxe, en desenrolo, contrasta con a Galiza de onte, de unha certa forma, social e culturalmente un pouco diferente. Fai gosto ver os poboados do interior con unha infra-estructura da mellor calidade; poboados e aldeas con obras de saneamento, luz elétrica, teléfono e outras regalías que fan invidia a infra-estructura de moitas cidades modernas.
     Culturalmente, a Galiza é das rexións de España que mellor conservou, en parte, toda a súa maxia, misterio, misticismo, fe e súa lingua a través da populación do interior. Socialmente, houbo unha mudanza bastante substancial, principalmente en razón de varios fatores externos, tanto da emigración como da imigración, de que máis adiante falaremos.
     Canto ao desenrolo industrial, comercial e á infra-estructura, coubo un papel predominante ós emigrantes, principalmente ós que retornaran en definitivo, sen menospreciar aqueles que o fan temporariamente, visitando seus parentes e revendo súas raízes. Foi, —e aínda é—, un valor en divisas que non pode ser despreciado, nen polos máis cépticos. Hoxe, as estradas, ben pavimentadas e con sinalización bilingüe: español, inglés ou galego. Como se ve, a Galiza de hoxe, alén de transpirar historia e cultura milenar, tamén soubo acompañar, dentro de súas posiblidades, o avanzo tecnolóxico mundial.
     Na Galiza, situase un dos maiores monumentos da Cristandade Occidental, Santiago de Compostela, —Apóstolo da España—. Nesta rexión ibérica, segundo o autor inglés Hartley, no libro, "Un verán na Terra Galega, a nobreza é unha arte natural". Para Hume, un dos máis hispanistas con que contan as letras inglesas, "as calidades dos galegos poden ser comparadas cás dos mellores europeos".
     A Inglaterra sempre exerceu unha grande influencia sobre moitos galeguistas ilustres. Claro que, para mellor entender o porqué desa atracción, é necesario reencontrar as raízes celtas que deixaron entre os galegos e a Inglaterra do Oeste, Escocia e País de Gales, como "a comunidade da gaita de fol". Outra semellanza entre irlandeses, escoceses e galegos, alén dos contos das bruxas e moitas lendas; hai unha palabra moito especial "laer", que significa un recinto sagrado; para os galegos, significa cousa semellante, "o lar", pois de certa forma, para os galegos, é un lugar onde a familia vive e está unida polos vínculos de sangue. Sempre houbo unha ligación cultural de algúns grandes vultos da literatura española con a inglesa: Xosé Cela e Salvador de Madariaga, entre outros tantos non menos importantes hispano-galaicos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega