Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Santiago de Compostela

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica034.html
     Como sabemos, ó noroeste da península Ibérica, na provincia da Coruña, situase un dos monumentos cristáns que máis contribuiu para a formación cultural e lingüística desta Península: Santiago de Compostela.
     ¿Quen foi Santiago de Compostela e como ele tería chegado á Península Ibérica? Santiago Zebedeu era un Apóstolo de Cristo. Claro que existen moitas lendas e historias escritas por historiadores antergos que, en principio, tomaremolas coma verdadeiras .
     Os pobos do Oriente , dende a antigüidade , sempre tiveron relacións comerciais e de exploración das riquezas naturais da península Ibérica . É de se supor, que esas relacións poidan ter levado o Apóstolo de Xesus Cristo, Santiago Zebedeu , e seus discípulos a evanxelizar a Hispania.
     Dados fidedignos , uns orais e outros escritos, que chegaron ata nós , afirman, que o Apóstolo Santiago pode ter chegado à Galiza, atravesando o estreito de Xibraltar (coluna de Hércules, como era coñecido antigamente), e contornando as costas de Portugal. Existen tamén outras informacións de que ele tería entrado na Hispania pola "Marca Hispánica", onde se sitúa, hoxe, a rexión da Cataluña, polo Mar Mediterráneo.
     O que se ten como máis probable é que El teña comezado a súa evanxelización pola Galiza, precisamente na cidade de Iria Flavia, a cal, na época, tiña certa importancia para os romanos. Outro motivo que pode ter levado o apóstolo a esa rexión de pescadores, pode ter sido a súa condición de ser orixenario dunha familia de pescadores en súa terra nativa. Despois de ter evanxelizado a Galiza, cruzou as terras da Cantabria, norte da España, sen deixar de difundir o evanxello en súa camiñada, chegando deica a cidade de Zaragoza, Aragón. Máis tarde, pasa polo Levante e polo Mar Mediterráneo, voltando para a súa terra natal, Xerusalén.
     Como na época, tanto os romanos como os xudíos, perseguían ós cristáns, ele foi preso, condenado e morto (decapitado) por orden de Herodes Agripa. Despois de morto, foi xogado fóra da cidade polos xudíos, para que non servise de mártir para os cristáns. Pero, os discípulos do Apóstolo, Atanasio e Teodoro, atentos a todo que se refería ó Mestre, e temendo que os xudíos roubasen de novo o cadáver, tírano escondido da Xudéa e, despois de moitas peripecias na viaxe, chegan deica as costas da Península Ibérica, na Galizia.
     O obxectivo dos discípulos era enterrar o Mestre onde ele en vida tería manifestado ese desexo de ser enterrado no local que fora o centro de irradiación da evanxelización na península Ibérica, é dicir, na cidade de Iria Flavia, onde depositaran seus restos mortais. Tempos máis tarde, os discípulos tamén foron enterrados polos nativos do lugar, un de cada lado do Mestre.
     Por causa da perseguición romana ós cristáns o lugar onde tiña sido enterrado o Apóstolo e seus discípulos, foi mantido en segredo polos seguidores cristáns e, ó que parece, levaron ese segredo con eles cando morreran.
     En 314 de nosa era, foi descuberta a Tumba onde o Apóstolo tiña sido enterrado, sendo oficializado polo enton obispo de Iria Flavia, Teodomiro. En 587, o rei Recaredo proclama o Apóstolo Santiago Patrón de España. Anos máis tarde, en 813, Alfonso II , o Casto, rei de Asturias e Galicia, comprovou que os restos mortais eran os do Apóstolo Santiago.
     Ó que todo indica, a descuberta do sepulcro do Apóstolo Santiago, por Teodomiro, serviu como guía espiritual e "guerreiro" para conter o avanzo das tropas musulmanas (árabes) na península ibérica. Naquela época, era necesario que o pobo tivese fe e a figura simbólica do Apóstolo Santiago dava forza suficiente para a confirmación da reconquista, polos reinos cristáns do norte e noroeste da Península Ibérica.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega