Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Jakobsland

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica036.html
     Os nórdicos da Europa, en peregrinación a Santiago de Compostela, na Galiza, ó chegar a estas terras, despois de atravesaren a Franza e o norte da Península Ibérica, dicían uns aos outros, "Jakobsland", é dicir, estamos nas terras do Apóstolo Santiago. Isto nos dá unha verdadeira dimensión do que representava o maior centro relixioso da época para esplendor da Galicia pré-apostólica; abastada de monumentos históricos, fecundada en cantares e lendas de orixe celtibérica. Ler algúns textos de historiadores clásicos, sobre o "Fin da Terra" (no latin, Finisterrae) coñecida na época, é xustificar os motivos da tradición "xacobea". Na Galiza, en tódolos templos, o Sol dá brillo e vida ás pedras e figuras das fachadas onde van os devotos, despois de asistir ó culto, agradecer con fervor a súa devoción.
     Os camiños de Santiago eran percorridos non apenas polos nórdicos europeos, pero, tamén por peregrinos da Europa Occidental, na maioría das veces entrando pola cidade chamada de Puerta de España, polo que os nativos desta rexión chamavan de "Camiño de Artillería" ou "Camiño de Napoleón". Este camiño é, na verdade, unha parte anterga da "Vía Romana", (Vía Romana era unha estrada feita polos romanos para mellor dominar e administrar a península ibérica), onde aínda hoxe se pode contemplar a "Real Igrexa de Roncesvalles" que, segundo historiadores, foi construída no local onde foron enterrados os corpos dos chefes militares que acompañavan Carlos Magno na súa fracasada expedición para ocupar a cidade de Zaragoza, na rexión de Aragón, cando foi batido (vencido) no desfiladeiro histórico de "Roncesvalles", no ano de 778 de nosa era.
     Toda esa historia ou lenda —dende Carlos Magno ata Roldán— provoca unha serie de emocións através do "Camiño de Santiago ou Camiño Francés", no cal atópase, aínda, entre outras reliquias épicas dos feitos hispánicos, un anaco de corrente que protexía a tenda do mouro Amir Amumenim-Mohamed, da época da batalla de "Navas de Tolosa", en 16 de Xulio de 1212 e que o rei navarro "Sancho el Fuerte" cortou con súa espada.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega